O Noroeste Estrella de Galicia detrás dos focos

Autor: Carmen Grimaldi / Fecha: Mar, 08/08/2017 - 18:00 / Etiquetas: festival noroeste estrella galicia
entrevista a la organización del festival noroeste estrella de galicia

Organizar un evento, sexa cal sexa o seu tamaño ou duración, nunca é unha tarea doada. Pero ás veces non acadamos a apreciar o esforzo e o traballo que hai detrás da escena e deixamos que a luz dos focos nos cegue. Por iso, en Coruña Hoy queriamos saber que hai detrás do Noroeste Estrella de Galicia.

Falamos coa organización que salienta que “o mellor do festival é ver a cidade volcada co evento”. Un grupo de persoas que está a traballar dende hai moitos meses para que esta semana sexa perfecta e A Coruña abraille coa súa música a todos os que se achegan ata a cidade.

- Canto tempo leva organizar un festival de seis días que se celebra en toda unha cidade? Cando se comeza a organizar o Noroeste Estrella de Galicia? Existen fases? Cal sería o periodo máis estresante? Cantas horas de traballo pódense sumar?

- É imposible cuantificar o tempo que se adica a organizar un evento deste tamaño. Probablemente, a resposta correcta sería que ao longo de todo o ano, exactamente desde o día posterior ao remate da edición anterior. De xeito natural hai fases, avaliación, planificación xeral (arquitectura do evento, selección de espazos, etc…), selección de artistas, contratación, produción... É imposible cuantificar o total de horas.

- Como se escollen os grupos que van tocar? Baixo que criterios? Hai un comité de sabios para facer a programación?

- A selección de artistas é compartida con axentes asociativos galegos, pero depende fundamentalmente da Concellaría, buscando sempre unha masiva presencia de artistas locais e galegos e intentando alimentar o eclecticismo que caracteriza o festival. Falamos de entidades como Nave 1839, Desconcierto Cultural, CUAC FM…

- Qué esixen os grupos recoñecidos no seu backstage? E os emerxentes? Que pode ser o máis excéntrico ou extravagante deste ano?

- Felizmente, non hai nada excéntrico. Contratamos a artistas moi guiadiños.

- Quen se encarga da recepción dos artistas internacionais? Como é este traballo? Cantas plazas de aloxamento son necesarias para esta semana?

- O equipo de produción é quen se encarga de garantir o cumprimento de horarios, transfers, etc… É un traballo tenso e que require dunha disponibilidade total por parte do equipo do festival. Non podemos cuantificar, pero como anécdota podemos transmitir que, a día de hoxe, estamos a ter problemas para aloxar a toda a xente involucrada no evento.

- ¿Qué mellorou nesta edición?

- A mellora é evidente, tanto no número de espazos, como na inclusión de axentes culturais, na vertebración do comercio local, na amplísima paleta de estilos musicais, no incremento de artistas locais…

- De todo o trabajo da anterior edición. Cal é a mellor anécdota de 2016?

- En xeral, o mellor do festival é ver a cidade volcada co evento, ver o seu crecemento e, sobre todo, entender que todo o mundo o interpreta xa como un festival imprescindible no noroeste peninsular.

- Os espazos públicos gañaron protagonismo no Noroeste. Aos concertos da praia de Riazor sumanse unha morea de ubicacións repartidas por toda a ciudade no Noroeste Expandido. Quen elixe estas ubicacións?

- A selección de espazos realízase directamente desde a Concellaría de Culturas, xa que é unha das características máis importantes do Festival.

- Este ano sumanse as matinais do Noroeste, a selección noroeste y o noroeste+. Cantos espazos suman estas novidades? O número de actuacións en que cifra se amplía nesta edición? 

- O número de actuacións pasa de 60 a 105 e o de espazos de 9 a 15. Sen contar as salas da cidade, que sumarían 24 espazos máis.

- Cantos medios de comunicación acreditáronse?

- Preto de 100.

 - Cantos departamentos hai dentro da organización?

- Existen diversos departamentos: comunicación, que comenzou a súa actividade en marzo; produción, que comeza a traballar en xuño; e contratación e dirección, que se realiza maioritariamente desde a Concellaría. 

- Cantos escenarios se montan e en canto tempo?

- 15 escenarios, aproximadamente en 48 horas, agás o escenario da Praia de Riazor que ten un tempo de montaxe aproximado dunha semana.

- Sabedes cantos metros de cable estenderánse pola cidade? Cantas mesas de son? ¿escenarios? ¿buffles? ¿micros?

- Incontables…..

- Como se coordinan as actuacións coas medidas de seguridade do Festival? Cuantos policías se desplegarán, bombeiros, protección civil, transporte público especial?

- A información é pública e está difundida tanto nas redes do festival como na páxina web do Concello. O incremento do dispositivo tanto de mobilidade como de seguridade foi notable.