A Deputación analizará a realidade social dos concellos da Coruña

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 16/03/2018 - 00:02 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Servizos Sociais

 

A responsábel da área de Igualdade, Educación e Servizos Sociais da Deputación da Coruña, Ánxela Franco,  presentou está maña as directrices do Plan de Acción de Servizos Sociais “Rede de Concellos para o Benestar”, unha análise na que está a traballar co ánimo de coñecer a realidade social dos concellos da Coruña e así poder elaborar no futuro políticas eficientes que optimicen a xestión dos recursos.

A deputada Ánxela Franco destacou que o estudo que está a realizar na Deputación da Coruña, “sentará un antes e un despois” sobre o coñecemento que se posúe arredor das áreas de Servizos Sociais a nivel provincial, e incidiu en que “para realizar ben a xestión dos investimentos, debemos coñecer o territorio primeiro”.

A deputada lamentou que este tipos de estudos non sexan abordados pola Xunta de Galicia pois, considera “son competencia súa”. Con todo, Ánxela Franco anunciou que unha vez finalizadas ambas análises “estas seranlle trasladadas a Xunta”, para que poida traballar en base a elas.

“É preciso compartir información entre as administracións para que as ferramentas sexan útiles e os recursos cheguen até onde teñen que chegar” apostilou.

Pola súa parte, a técnica de Servizos Sociais da Deputación da Coruña, Paula Filgueiras enumerou os principais obxectivos que persegue o Plan de Acción “Rede de Concellos para o Benestar”, como son coñecer a realidade das entidades sociais a nivel local e comarcal, identificar as súas necesidades e as da cidadanía, definir liñas de actuación e cooperación entre entidades públicas e privadas, e avaliar as propostas que acheguen os diferentes actores do tecido social da provincia.

Ánxela Franco explicou que o contrato adxudicado a cooperativa galega Nova Works Consulting está dotado cun orzamento de 83.000 euros, e que, xunto co Plan de Igualdade, que posúe unha dotación de 70.000 euros “serán os dous eixos de información principais para as áreas de Igualdade e Servizos Sociais”.

O membro do equipo da Nova Works Consulting, Manuel Pérez, explicou que a metodoloxía que se empregará para realizar a análise asentarase “no traballo participativo” pois a intención última do estudo é “fornecernos dunha ferramenta e sistema de intervención co que poder chegar a cada persoa”.

Pérez subliñou que pese a complexidade que presenta o territorio  “imos falar con cada un dos concellos, asociacións, federacións e entidades sociais, para que nos resuman cales son as súas necesidades e as dos seus contextos”.

Xa que logo, o novo Plan de Acción elaborarase abordando a realidade social dos 93 concellos da provincia ao fin de“compartir un espazo de reflexión no que escoitaremos arredor de 300 persoas para recadar coñecemento, procesalo e así ofrecer un marco de actuación e un plan da acción co que a Deputación poida traballa