A Deputación da Coruña aposta pola accesibilidade universal e a eliminación de barreiras

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 18/07/2018 - 00:03 / Etiquetas: Diputación da Coruña

 

O proxecto Di Coruña Accesíbel busca a eliminación da discriminación e a accesibilidade universal na Deputación da Coruña que ten vontade de converterse nunha institución de referencia en igualdade, segundo destacou a deputada Ánxela Franco na presentación do programa.

A finalidade de Di Coruña Accesibel é fomentar a accesibilidade universal, co fin de que todas as áreas e actuacións que vaia desenvolver este organismo teñan en conta a accesibilidade como unha variable transversal.

A deputada Ánxela Franco fixo fincapé en que o proxecto quere identificar as necesidades "e poñer enriba da mesa as discriminacións, facilitar o acceso aos servizos públicos aos veciños e veciñas,establecer medidas que solventen a situación ademais de implementar directrices e proporcionar asesoraments e ferramenta ao persoal da institución".

A responsábel da área de Igualdadedefendeu que a Deputación ten vontade de "converterse en referente, que os concellos se vexan reflectidos nesta administración" e explicou que o proxecto finalizará en abril de 2019 e será desenvolvido pola empresa Combina Social, participada na súa totalidade por Cogami. O investimento do proxecto será de 73.000 euros.

Na presentación do proxecto, ademais de Ánxela Franco, participaron a Técnica de Servizos Sociais,Paula Filgueiras, a; Álvaro García, responsable da área de Accesibilidade e Formación de Combina Social, que deu a coñecer os obxectivos a alcanzar; e Belén Vaz, arquitecta e coordinadora de equipo de Combina Social, que presentou as diferentes fases do proxecto.

Denominado Di Coruña Accesible, o estudo pretende detectar as necesidades que ten a Deputación en canto aos tres tipos de accesibilidade - a física, a cognitiva e a sensorial-  e adoptar medidas precisas para que se supere a situación de desigualdade que se produce cando non se cumpre.

O responsábel de Combina Social, Álvaro García, destacou “a importancia de levar a cabo proxecto como Di Coruña Accesible que involucran a todo o persoal da Deputación provincial na mellora da accesibilidade, tan necesaria para o desenvolvemento en igualdade de toda a cidadanía”.

Na súa intervención agradeceu á Deputación o desenvolvemento do proxecto "que fará unha como Combina Social, que emprega e está levada por persoas con discapacidade"

A coordinadora do programa, Belén Vaz sinalou entre os obxectivos que todas as persoas "podan acceder aos servizos porque a accesibilidade depende da relación da persoa co medio, a discapacidade non está na persoa senón na súa relación co medio".

No marco do proxecto vaise analizar tanto o medio físico urbano como a edificación, a información e comunicación, os procesos de xestión e tamén o transporte. Estas áreas son de vital importancia á hora de aplicar a accesibilidade porque posibilita a todas as persoas desenvolverse en condicións de igualdade.

Di Coruña Accesible constará de varias fases, nas que se vai analizar, informar, formar e proporcionar unha serie de ferramentas ás diferentes áreas da Deputación, segundo os principios de accesibilidade. Logo, trátase de proxectar e entender contornas, procesos, actividades, bens, produtos, servizos, obxectos, instrumentos, ferramentas e dispositivos de xeito que poidan ser utilizados por todas as persoas, independentemente do seu xénero, idade, capacidades ou cultura.

Trala presentación e difusión do proxecto tanto entre o persoal da institución provincial como tamén no resto da sociedade, avaliaranse as necesidades formativas de cada área de traballo do organismo provincial nas diferentes áreas de accesibilidade.

As seguintes fases das que constará o proxecto serán a ANÁLISE a través da elaboración dun informe DAFO da estrutura funcional, a elaboración dun estudo de accesibilidade a través da realización de auditorías e enquisas e a recompilación de contactos.

Posteriormente desenvolverase a fase de PARTICIPACIÓN, coa elaboración dun primeiro documento, preparación de actividades e a súa incorporación á web.

A seguintes fases serán a PROPOSTA a través de pautas de accesibilidade; o FOMENTO, a través dunha campaña de divulgación e preparación de obradoiros; e a redacción dun informe de conclusións que dará paso á fase de REMATE, na que se elaborará o informe e a presentación final do proxecto.