A Deputación da Coruña colabora co Comité Cidadán Anti-Sida no financiamento de dous pisos de acollida

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 16/07/2018 - 11:39 / Etiquetas: Diputación da Coruña

O Deputación da Coruña, a través da área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade, colabora co Comité Cidadán Anti-Sida da Coruña no mantemento de dous pisos de acollida para atender a persoas seropositivas en situación de exclusión social. A Deputación achega mediante un convenio 60.000 € ao financiamento do programa.
 
 
A deputada de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña e a presidenta do Comité Cidadá Anti-Sida da Coruña, Celsa Díaz Cabanela, asinaron o convenio de colaboración para o financiamento da rede de pisos de acollida e atención de persoas seropositivas en situación de exclusión social.  Mediante este acordo, a Deputación da Coruña comprométese a achegar 60.000 €, o 27,18% do financiamento total, para manter os dous pisos de acollida que a entidade ten abertos na Coruña.
 
 
No orzamento do acordo contémplanse os gastos de persoal do piso de acollida e o piso de inserción que xestiona Casco, unha entidade que ten unha traxectoria de case trinta anos apoiando e ofrecendo recursos a persoas seropositivas. En especial, Casco atende a persoas maiores con VIH que no poden ingresar en residencias públicas, o que fai máis urxente a xestión destes equipamentos, mentres non se cambie a consideración da enfermidade.
 
Na sinatura do convenio, a deputada Ánxela Franco, destacou o "labor que desenvolve a asociación Casco na loita contra a discriminación e a súa contribución á hora de apoiar a persoas seropositivas que, a pesar do paso do tempo, continúan a precisar equipamentos como os que esta entidade ofrece".