A Deputación da Coruña leva a pleno os novos pregos de contratación

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 25/05/2018 - 08:41 / Etiquetas: Diputación da Coruña, pleno coruña

 

A Deputación da Coruña inclúe na ode do día do pleno deste venres a votación para a aprobación dos tres novos Pregos tipo para a utilización pola institución en todos aqueles contratos de obras en que así o estime, e tamén polos concellos da provincia en aquelas obras que integren plans provinciais.

Deste xeito remata o proceso de confección e aprobación dun amplo abano de procedementos de contratación´ adaptados á nova Lei de Contratos que entrou en vigor o pasado 9 de marzo, e que vai permitir aos concellos, segundo dí o Deputado de Contratación, Xesús Soto, "unha maior autonomía á hora de utilizar estes instrumentos de contratación en función dos lexítimos obxectivos que cada administración se marque en cada obra concreta". 

Asemade, o deputado responsábel da área de Contratación afirma que " foi un longo proceso que pretendeu, e creo que se conseguiu, ser participativo", e no que, " dende o primeiro momento se buscou uns documentos o máis acaídos posíbel para os concellos, sempre dentro das limitacións que a nova lei nos impón".

Unha lei coa que Xesús Soto é crítico pois, " é allea á realidade territorial e administrativa do Estado español, impoñendo cuestións como a licitación electrónica que vai dificultar a actuación das administracións locais e da Pemes nos procesos de contratación". Neste senso, apunta tamén que " a Deputación vai facer un esforzo importante para que este proceso sexa o menos traumático posíbel dentro da provincia levando a cabo accións concretas de formación e asesoramento tutorizado a cada un dos concellos".

Neste Pleno vanse aprobar os procedementos abertos simplificados ( con criterios economicos e con criterios técnico-económicos) e o procedemento aberto simplificadísmo, que son procedementos alternativos ao concurso ordinario, e que introducen variables de redución de prazos e de trámites dentro do mesmo.