A Deputación non participará na Feira Biocultura al entender que o programa inclúe cuestións polémicas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 22/02/2018 - 10:42 / Etiquetas: deputación, Biocultura

A Deputación da Coruña non apoia económicamente a Feira de Produtos Ecolóxicos e Consumo Responsable Biocultura, que se celebra en ExpoCoruña do 2 ao 4 de marzo, nin participará na mesma.

Así o anunciou hoxe o deputado responsable da área de Promoción Económica da institución provincial coruñesa, José Luis García, tras coñecerse o programa do evento, que inclúe cuestións polémicas e sen base científica que poden entrañar riscos para a sáude pública como charlas antivacinas.

García, apuntou que “o compromiso da  Deputación da Coruña coa promoción dos produtos ecolóxicos coruñeses é firme e demostrase nas múltiples accións que realizamos en numerosas feiras e eventos dentro e fóra da nosa provincia, pero a Deputación non pode avalar coa súa presenza cuestións que nada teñen que ver co sector e que carecen do máis mínimo rigor científico, polo que a Feira Biocultura non contará con stand da Deputación”.

O deputado precisou que a Deputación “non organiza, patrocina, nin financia o evento, nin terá participación algunha no mesmo”