A Policía Autonómica leva a cabo 144 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 30/01/2018 - 05:55 / Etiquetas: Policía Autonómica

 

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 22 e o 28 de xaneiro un total de 144 inspeccións de control en 18 concellos galegos.

Por parte dos distintos grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Lugo e Pontevedra, nesta pasada semana realizáronse 49 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos de A Coruña, Ames, Arzúa, Lugo, Marín, Maside, Monforte, Nigrán, O Carballiño, O Pino, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Ribadavia, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 76 persoas e inspeccionadas 144 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 15 actas de infracción, ambas por venda de alcohol.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.