A xornada UDCiencia 2017 o sábado na Domus

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 15/12/2017 - 00:50 / Etiquetas: Domus, UDCiencia

 

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña, en colaboración coa Deputación da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses, organiza UDCiencia 2017, unha xornada de obradorios e actividades para aprender ciencia a través de experiementos e xogos, dirixidos por profesorado, persoal investigador e alumnado de graos e mestrados da UDC.

As actividades desenvolveranse o sábado 16 de decembro na Domus (Angel Rebollo 91, A Coruña) de 11 a 14 horas e de 16.30 a 19. Para participar só é necesario adquirir a entrada ao museo, xa que as actividades non teñen custo adicional.