ABANCA entrega máis de 4 toneladas de productos ao Banco de Alimentos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 28/12/2017 - 05:41 / Etiquetas: abanca, banco de alimentos

 

ABANCA entregou ao Banco de Alimentos máis de 4,6 toneladas de produtos doados polo seu persoal durante a campaña do Nadal.

A acción solidaria levouse a cabo en todas as territoriais galegas da entidade financeira, onde se entregaron alimentos durante as ceas de Nadal celebradas ao longo do mes nas territoriais da Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense.

Varios empregados participaron na actividade solidaria como voluntarios, garantindo o correcto funcionamento da acción. Durante as veladas, os voluntarios recolleron bricks de leite, cueiros e alimentos non perecedoiros, que conformaron o groso dos produtos doados.

A campaña de recollida de alimentos impulsada por ABANCA Obra Social forma parte do compromiso e apoio da entidade cos cidadáns galegos con menos recursos.