Frank Báez e Lois Pérez, a guinda que colmou 'Poetas Di(n)versos'

Autor: Alejandra / Fecha: Mar, 20/03/2018 - 16:47 / Etiquetas: Poetas Di(n)versos, Frank Báez, Lois Pérez, Yolanda Castaño, centro agora, CORUNA

 

O ciclo Poetas di(n)versos recibiu voces dende Palestina ó Caribe pasando por algún dos mejores poetas vivos. O luns asistimos á guinda que pechou 3 meses cargadiños de pasión, rabia e mesmo sentido do humor.

Da man de Yolanda Castaño, tiña lugar este luns unha nova edición de Poetas Di(n)versos no Centro Ágora. Foi entonces o tempo para dous poetas nados cos últimos pistoletazos dos anos 70. 

Separados por un océano, Frank Báez, de Santo Domingo, e o lucense Lois Pérez ofreceron un recital no que mixturaron doses de música, carraxe e poesía a pé de rúa a partes iguais. 

Se Lois Pérez (Long Play Ed. Xerais) arrincaba de traxe escuro e gafas de sol, acompañado pola sua guitarra, Báez, considerado un dos grandes renovadores da poesía centroamericana, deixábase levar pola  do Caribe, ofrecendo coa fusión dos seus estilos un recital como poucos temos visto dun tempo a esta parte. 

Como ven sendo costume, un novo éxito con cada nova edición. 

 
Fotos: PABLO RIVAS