Arranca a Feria do Libro

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 02/08/2018 - 00:07 / Etiquetas: concello da coruña, Feria do Libro

O alcalde, Xulio Ferreiro, participou este mércores no acto inaugural da 47ª edición da Feira do Libro, que se celebra nos xardíns de Méndez Núñez. O rexedor coruñés salientou a grande actividade que existe na cidade arredor do libro, “derivada da gran tradición no eido da promoción da lectura”, e que o alcalde vinculou, entre outras, á existencia dunha rede de bibliotecas públicas “que son espazo de referencia nos barrios, cunha clara vocación comunitaria”.

“Proba disto son os 80 clubs de lectura, con máis de 1.000 participantes, que se dan na Coruña e na súa área metropolitana”, aseverou. Durante a súa intervención, Ferreiro tamén destacou a actividade do sector do libro na cidade, así como das librarías da proximidade que, ademais de colaborar na programación, “abren estes días as súas portas a quen queira gozar das letras”.

Finalmente, o alcalde lembrou a figura de Xabier P. Docampo, “mestre, pedagogo, militante de biblioteca e entusiasta das historias”, e quen foi o fío condutor do discurso do pregoeiro, Xavier Senín. “Agardo que esta Feira sexa unha homenaxe ás súas letras”, apuntou Ferreir