As Brigantias xogarán o Campionato Nacional de Roller Derby

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 12/06/2018 - 09:45 / Etiquetas: Brigantias, roller derby

 

Zaragoza acollerá o sábado 16 e o domingo 17 no Centro Deportivo Municipal Siglo XXI, o III Campionato Nacional de Roller Derby; competición oficial recoñecida pola Federación Española de Patinaxe. Cinco equipos femeninos xogarán as eliminatorias durante o sábado de 9 a 22 horas para facerse cun posto na final, que se disputará o domingo ás 11.30. Na mesma competición, tamén se disputarán as eliminatorias e a final nacional masculina de roller derby.

As Brigantias Roller Derby A Coruña xogarán o seu primeiro partido o sábado 16 de xuño ás 10.20 horas contra Roller Derby Madrid. E ao largo do día disputarán partidos clasificatorios contra as viguesas Sereas Bravas, as anfitrioas Zaragoza Roller Derby e as Vulcano de Tenerife. O equipo coruñés, que ven de realizar unha excelente tempada deportiva, viaxa a Zaragoza coordinado por Bala Perdida para competir polo título de Campionas Nacionais de Roller Derby, que xa celebra os seus tres anos de vida.

O Roller Derby é un deporte de contacto en patíns, orixinario de EE. UU. que require moita axilidade, forza e estratexia e que recentemente foi admitido como disciplina deportiva nas federacións Española e Galega de patinaxe.