Cines Cantones | Proxección de ESQUECE MONELOS

Cuándo: Desde el 27 de octubre | 18:30 y 22:45
Dónde:
Precio: 8,2€
Entradas:

Desde o 27 de outubro, nos Cantones Cines de A Coruña, ás 18.30 horas e ás 22.45 horas, prexectarase o documental de Ángeles Huerta, ESQUECE MONELOS.

 

Hai máis neuronas nun cerebro humano ca partículas no universo. Pero se as puxésemos unha trala outra, se intentásemos ordenalas dende o noso nacemento ata o día de hoxe, o único que veriamos sería un pequeno río. Un río insignificante e ao mesmo tempo infinito.

Baixo as rúas de A Coruña hai un río que moitos non recordan, pero que de cando en vez se desborda reclamando o que unha vez foi a súa conca. Esquece Monelos é máis ca unha película sobre ese río, hoxe convertido en cloaca. É unha película sobre as nosas propias correntes subterráneas.

 

 

** Tres premios #MestreMateo2017 da Academia Galega do Audiovisual (Mellor Documental, Mellor Montaxe e Mellor Dirección de Fotografía)

** Meción Especial do Xurado en DocumentaMadrid

** Mellor Película Galega no #MICE12 Museo do Pobo Galego