CONCIERTO | Ataque Escampe + Oh Ayatollah

Cuándo: Viernes, 20 de abril | 22:00
Dónde:
Precio: Anticipada 8€ | Taquilla 10€
Entradas:

Ataque Escampe + Oh! Ayatollah por primeira vez na Coruña. Será o viveiro 20 de abril cando podamos velos na Mardi Gras. As dúas das bandas do pop galego máis eloxiadas presentando os seus últimos traballos.

 

| ATAQUE ESCAMPE |

Ataque Escampe presenta Primeiros Bicos. Desta volta tocamos intenso como brillan no ceo os diamantes. Fixemos un disco moi de bailar porque se non é agora, cando?...

Un día deixámonos ir e á mañá seguinte acordamos coa cabeza chea de merengue, de disco, de surf rock, de blues do deserto, de R&B neorleaniano, de krautrock, de rumba congolesa e de rumba xitana.

Pasámolo todo por un sintetizador a pilas e a resaca de todo chamámola Primeiros bicos.

 

| OH! AYATOLLAH |

Oh! Ayatollah presenta Volve a canción protesta. O novo traballo da banda compostelá é pegadizo e ilusionante, testemuño da nova xeración da música galega.... Viñan avisando cos seus vídeos e as súas maquetas, por iso a sorpresa de atoparnos cun disco fresco, intelixente e ben feito non é xigantesca (que pode selo se un chega a eles de primeiras).

 

 

█ █ █ █