CONCIERTO | Sumrrá en el Garufa Club

Cuándo: Jueves, 15 de marzo | 22:30
Dónde:
Precio: 8€
Entradas:

La banda de jazzSumrrá, actuará el próximo jueves, 15 de marzo, en el Garufa Club de A Coruña. El concierto será a partir de las 22:30h. 

 

|SUMRRÁ|

Sumrrá é a formación cunha das traxectorias máis sólidas e constantes da escena jazzística española, cunha gran proxección internacional, como certifican as súas xiras por festivais de Bolivia, Bulgaria, Sudáfrica ou China. 

Desde os seus inicios, Sumrrá cautivou á crítica e público cun jazz inclasificable, melódico e moi aberto, destacando a orixinalidade das súas composicións, a calidade dos seus integrantes e a frescura dos seus directos. 

Sumrrá non entende de modas, de etiquetas, nin de estilos. O trío continúa reinventándose e alimentándose dos proxectos paralelos dos seus compoñentes.

 

█ █ █ █