Conferencia de Moncho Núñez no Aquarium Finisterrae

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 10/01/2018 - 00:15 / Etiquetas: Mocho Núñez, Museos Científicos

 

O vindeiro xoves, 11 de xaneiro, ás 19:00 Ramón Núñez Centella, exdirector dos Museos Científicos Coruñeses e do MUNCYT, ofrecerá unha conferencia no Aquarium Finisterrae sobre a importancia da aprendizaxe ao longo da vida, especialmente no campo das ciencias.

Na súa charla falará sobre o papel dos mestres, que consiste fundamentalmente en provocar e suxerir camiños para a aprendizaxe e abordará conceptos relacionados como a divulgación, a comunicación, a vulgarización ou a didáctica da ciencia.

Esta charla forma parte dun ciclo de conferencias organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias con motivo do seu 25 aniversario, xa que foi constituída o 13 de xullo de 1993.

Entrada libre ata completar espazo.