A Deputación “radiografía” as infraestruturas locais da provincia na nova actualización da EIEL

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 22/06/2018 - 00:04 / Etiquetas: Diputación da Coruña

Un total de 293 quilómetros de estradas discorren polo termo municipal de Arteixo, 55 deles de titularidade provincial, en Culleredo hai 14.310 vivendas, das que 2.859 non están ocupadas, Sada conta con 25 zonas verdes e 17 parques infantís, a rede de abastecemento de auga de Oleiros mide 273,13 quilómetros, o sistema de alumeado público de Cambre está conformado por 1.589 puntos de luz. Son algúns exemplos dos datos que xa están dispoñibles a través da web da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais (EIEL).

A Deputación edita un libro sobre o patrimonio histórico-artístico do Pazo de Capitanía da Coruña

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 21/06/2018 - 00:35 / Etiquetas: Diputación da Coruña, patrimonio

 

O xeneral xefe da Forza Loxística Operativa (FLO), Francisco Javier Sánchez Fernández e o deputado provincial José García Liñares presentaron esta mañá o libro 'Patrimonio histórico-artístico del Palacio de Capitanía de A Coruña”, editado pola Deputación da Coruña. O acto contou tamén coa asistencia do coronel Luis Poveda Martín, gobernador do Pazo de Capitanía e autor do libro.

A Deputación publica un informe en que se detalla a percepción da mocidade sobre a violencia de xénero

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 21/06/2018 - 00:28 / Etiquetas: Diputación da Coruña, violencia de genero

 

A área de Benestar Social e Igualdade da Deputación da Coruña publica os resultados do programa de prevención e sensibilización da violencia de xénero entre a mocidade “Suprime o Control”, que nesta edición contou coa participación de máis de 1.000 alumnas e alumnos de 14 centros educativos da provincia. Entre outros datos, o informe mostra que case a metade consideran que os ciumes son síntoma de afecto. A deputada Ánxela Franco defende que o informe deixa claro "que a educación é a mellor ferramenta contra a violencia machista".

A Deputación presenta ás entidades as súas novas liñas de subvención para actividades de medio ambiente e benestar animal

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 19/06/2018 - 08:54 / Etiquetas: Diputación da Coruña, ayudas deputación

A Deputación da Coruña reuniuse  coás asociacións da provincia que desenvolven accións no ámbito medioambiental e de benestar animal para presentar as novas liñas de subvencións aprobadas polo goberno provincial con destino a estas entidades.

O orzamento destas convocatorias ascende a 300.000 euros (150.000 € para a liña destinada a entidades medioambientais e 150.000 € para as protectoras de animais) e as subvencións van desde os 3.000 aos 15.000 euros, en función dos criterios de baremación de cada programa.

Santa Comba, Ordes e Narón próximas paradas da campaña de visibilización do deporte feminino Conquista os elementos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 19/06/2018 - 00:47 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Deporte Femenino

 

Os concellos de Santa Comba, Ordes e Narón son as vindeiras paradas do programa de visibilización e impulso do deporte feminino da Deputación da Coruña “Conquista os Elementos”.  Esta mesma tarde, o edificio multiusos da capital do Xallas acollerá dende as 20:00 horas a actividade “Historia, presente e futuro do deporte feminino”.

Máis de 3.000 persoas xa participaron no programa contra a violencia de xénero ”Quen dixo medo?”

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 15/06/2018 - 11:42 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Violencia de Xénero

 

A campaña de concienciación e sensibilización contra a violencia de xénero “Quen dixo medo?”, artellada pola área de Igualdade da Deputación da Coruña, vén de superar a cifra dos 3.000 participantes, tras completarse a primeira das dúas anualidades definidas pola institución provincial, co obxectivo de previr e lanzar unha contundente mensaxe de rexeitamento ante calquera manifestación de violencia machista.

Máis de mil actores e actrices participan no XXI Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 15/06/2018 - 00:50 / Etiquetas: Diputación da Coruña

O XXI Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña chega a seu fin este venres 15 de xuño coa celebración da gala de clausura no Teatro Colón que contará coa participación da compañía Pista Catro e a actriz Isabel Risco. Máis de mil actores e actrices participaron neste concurso que é o máis multitudinario dos que se desenvolven na escena galega.

O Plan de Emprego da Deputación financia a contratación de catro traballadores no Concello de Abegondo

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 14/06/2018 - 00:57 / Etiquetas: Diputación da Coruña

 

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica as bases do proceso selectivo para a contratación de un albanel (oficial de segunda), dous peóns de obras públicas e un peón forestal no Concello de Abegondo.

Os custos laborais e de seguridade social serán asumidos pola Deputación da Coruña a través da liña de apoio aos concellos do Plan de emprego local (PEL-Concellos).

Trinta deportistas galegas “Conquistan os elementos” coa campaña de visibilización do deporte feminino da Deputación da Coruña

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 14/06/2018 - 00:46 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Deporte Femenino

 

A campaña de difusión e visibilización do deporte feminino “Conquista os elementos”, que promove a área de Benestar Social e Igualdade da Deputación da Coruña, segue a romper barreiras e superar obstáculos para a igualdade tras sobrepasar ecuador da súa programación, e ser presentado en 13 concellos da provincia. Máis de trinta deportistas participan na iniciativa.

Valentín González Formoso viaxará a finais de mes a Arxentina e Uruguay para reunirse con entidades galegas no exterior

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 13/06/2018 - 00:18 / Etiquetas: Diputación da Coruña

 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, viaxará a Buenos Aires e Montevideo a finais deste mes de xuño para reunirse con diversas asociacións galegas no exterior e coñecer as infraestruturas e servizos financiados con fondos provinciais, así como coñecer de primeira man as súas necesidades.

O Plan de Emprego da Deputación financia a contratación de catro traballadores no Concello de Aranga

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 13/06/2018 - 00:06 / Etiquetas: Diputación da Coruña

 

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica as bases do proceso selectivo para a contratación de catro peóns no Concello de Aranga, cuxos custos laborais e de seguridade social asume a Deputación da Coruña a través da liña de apoio aos concellos do Plan de emprego local (PEL-Concellos).

Elefante Elegante presenta no Teatro Colón o espectáculo sensorial “Tropical”

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 08/06/2018 - 00:46 / Etiquetas: teatro colon

 

A área de Cultura da Deputación da Coruña e a compañía de teatro, Elefante Elegante, presentan este venres 8 de xuño (20:30 horas) no Teatro Colón a obra “Tropical”. Un espectáculo sensitivo, universal e evocador que mergulla ao espectador no universo dunha peculiar viaxe, chea de matices e dimensións.

O escenario do Colón acolle a representación dunha peza que xira arredor dun cruceiro ateigado de turistas entretidos que, durante a súa viaxe, atopan unha balsa repleta de refuxiados.

A Deputación imparte un curso sobre as competencias dos concellos en materia de incendios forestais

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 08/06/2018 - 00:41 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Incendios

 

A Deputación da Coruña imparte desde este venres cursos de formación sobre as “Competencias dos concellos en materia de incendios forestais” encadrados no Plan de Formación Agrupado 2018.

A formación levarase a cabo en tres xornadas en horario de 9:30 a 14:00 horas os días 8, 14 e 15 de xuño na Sala Juanjo Gallo, no edificio principal da Deputación da Coruña.

350 nenos e nenas participan no Torneo de fútbol sala “Memorial Héroes do Orzán”

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 07/06/2018 - 00:37 / Etiquetas: diputacion, Héroes do Orzán

 

Máis de 350 nenos e nenas entre os 6 e 12 anos pertencentes ás distintas categorías base (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil feminino e Special Olympics) de máis de 35 clubes de fútbol sala galegos, participarán entre o 14 e 17 de xuño no Torneo de fútbol sala “Memorial Héroes do Orzán 2018”, que se desenvolverá nos pavillóns deportivos do Ventorrilo e Novo Mesoiro, na cidade da Coruña

A Deputación da Coruña destina 55.500 euros á mellora da rede de saneamento do Porto do Son

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 07/06/2018 - 00:32 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Porto do Son

 

O deputado e responsábel da área de Cooperación cos concellos da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o alcalde do Porto do Son, José Luis Oujo Pouso, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para abordar a instalación de colectores de saneamento nas parroquias sonenses de Miñortos e Nebra.

Malpica acolle os actos en memoria da primeira vítima mortal de ETA

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 06/06/2018 - 00:48 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Malpica, ETA

 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou este martes en Malpica, xunto ao alcalde da localidade, Eduardo Parga, e o presidente da Asociación Pro Guardia Civil (APROGC), Fernando Trejo Ramírez, nos actos en memoria do guardia civil José Antonio Pardines Arcay, primeira vítima mortal da banda terrorista ETA e natural deste municipio coruñés.

Páginas