Malpica acolle os actos en memoria da primeira vítima mortal de ETA

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 06/06/2018 - 00:48 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Malpica, ETA

 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou este martes en Malpica, xunto ao alcalde da localidade, Eduardo Parga, e o presidente da Asociación Pro Guardia Civil (APROGC), Fernando Trejo Ramírez, nos actos en memoria do guardia civil José Antonio Pardines Arcay, primeira vítima mortal da banda terrorista ETA e natural deste municipio coruñés.

A Deputación impulsa a contratación de técnicos deportivos en 79 concellos da provincia

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 06/06/2018 - 00:29 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Trabajo Deputación

 

O Boletín Oficial da Provincia publica a concesión definitiva das subvencións que concede anualmente a Deputación da Coruña para a contratación de persoal técnico deportivo nos concellos da provincia. Este ano, 79 concellos contratarán ou manterán no seu cadro de persoal a técnicos deportivos municipais grazas ao apoio económico da Deputación, que achega un total de 979.925,40 euros para financiar este programa.

A Deputación da Coruña seguirá instando ao goberno central para que incorpore a recuperación do Pazo de Meirás a súa axenda política

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 05/06/2018 - 00:48 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Pazo de Meirás

 

A Deputación da Coruña diríxirase novamente ao goberno do Estado para solicitar que sitúe a recuperación do Pazo de Meirás na súa axenda política. O anterior goberno, a través do Ministerio de Presidencia e de Patrimonio Nacional, negárase a iniciar o proceso a pesar do informe xurídico, encargado pola Deputación da Coruña, que sinalaba que o Estado era quen debía iniciar o procedemento para que o inmoble pasase a ser un ben público.

González Formoso considera a Escola Coruña, en Senegal, como un “proxecto emblemático” das accións de cooperación exterior da Deputación

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 05/06/2018 - 00:34 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Escola Coruña

 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu este luns no seu despacho da institución provincial seu homólogo da ONG Ecodesarrollo Gaia, Guillermo Fernández-Obanza, co que analizou o desenvolvemento de distintos proxectos que contan con axuda provincial para o seu desenvolvemento.

La Diputación escucha a los animalistas y convocará ayudas específicas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 04/06/2018 - 10:37 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Libera

 

La Asociación Animalista Libera y la Fundación Franz Weber han recibido con satisfacción el acuerdo de la Junta de Gobierno de la Diputación de A Coruña en la que se aprueba una innovadora línea de ayudas para entidades protectoras dotada con 150.000€, convirtiéndose en el gobierno provincial que más dedica a la materia este año.

O Teatro Colón acolle este domingo a fusión danza galega e o flamenco co espectáculo ‘SON’

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Dom, 03/06/2018 - 00:12 / Etiquetas: teatro colon

 

O Teatro Colón da Coruña acollerá este  domingo 3 de maio desde as 20:00 horas o espectáculo da compañía Nova Danza Galega, “SON”, en que a mestura das danzas galega, española, contemporánea e máis o flamenco, achegan a vangarda das novas tendencias coreográficas até a cidade herculina.

A Deputación licita por preto de medio millón de euros obras de mellora en estradas provinciais de Ribeira, Carral, As Pontes e Valdoviño

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Sáb, 02/06/2018 - 00:45 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Obras Deputación

 

A Deputación da Coruña saca a licitación diversas obras de melloras nas estradas provinciais DP 7305 (Ribeira), DP 2103 (Carral), DP 7001 (As Pontes) e DP 2502 (Valdoviño) por un orzamento total de 486.208,26 euros.

A Deputación destina 300.000 euros para axudas a protectoras de animais e proxectos de medio ambiente

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Sáb, 02/06/2018 - 00:23 / Etiquetas: Diputación da Coruña, ayudas deputación

 

A Xunta de Goberno da Deputación da Coruña aprobou este venres destinar 300.000 euros a dous novos programas de subvencións para o cofinanciamento de proxectos e actividades no ámbito do medio ambiente e para asociacións protectoras de animais domésticos durante o ano 2018.

Cada unha destas liñas está dotada cun orzamento de 150.000 euros e as subvencións van desde os 3.000 aos 15.000 euros, en función dos criterios de baremación de cada programa.

Pablo Castaño Quartet estrea este sábado no Teatro Colón o seu primeiro disco “A-la-láa"

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Sáb, 02/06/2018 - 00:20 / Etiquetas: teatro colon

 

A Área de Cultura da Deputación da Coruña presenta este sábado 2 de xuño desde ás 20 horas no Teatro Colón a estrea do primeiro disco en solitario de Pablo Castaño Quartet. Unha actuación en que o saxofonista galego estará acompañado por un trío de luxo e que ademais contará coa colaboración especial de Ugia Pedreira que, de forma extraordinaria, volverá a subirse a un palco nesta presentación oficial do disco.

A Deputación da Coruña defende a igualdade na cultura no festival "Elas son Artistas"

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 01/06/2018 - 00:08 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Elas son Artistas

 

A deputada de Servizos Sociais e Igualdade, Ánxela Franco, animou na inauguración da xornada que pon en marcha o festival "Elas son artistas" a botar man de "lentes violetas" en todos os ámbitos de actuación porque, segundo defendeu, "as políticas de igualdade teñen que ser transversais". Na intervención no inicio da iniciativa que recibiu un dos premios Luísa Villalta, Ánxela Franco defendeu a necesidade de que todas as  institucións se impliquen e tomen en serio a eliminación da discriminación ás mulleres.

A Deputación achega 52.000 euros para instalación de seis puntos de recollida de residuos soterrados na Rúa San Andrés da Coruña

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 31/05/2018 - 00:15 / Etiquetas: Diputación da Coruña, San Andrés

 

O deputado e responsábel da área de Cooperación cos concellos, Xosé Regueira, e o alcalde do Concello da Coruña, Xulio Ferreiro, asinaron este mércores un convenio de colaboración polo que se acorda o financiamento da instalación de seis puntos de aportación de residuos urbanos soterrados na Rúa San Andrés da Coruña.

A Deputación da Coruña destina 1.187.621 € ao concello de Vimianzo a través do Plan Único

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 30/05/2018 - 00:50 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Vimianzo

 

A vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, e o deputado de Patrimonio e Contratación, Xesús Soto, visitaron o Concello de Vimianzo e mantiveron unha xuntanza co grupo de goberno encabezado por Manuel Antelo co fin de analizar as vías de colaboración de ambas as institucións. A seguir, a delegación dirixiuse ao Castelo e os Batáns de Mosquetín, bens patrimoniais da Deputación que xestiona o Concello de Vimianzo.

A Deputación apoia a mellora da calidade e competitividade dos servizos de dez entes turísticos da Coruña

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 29/05/2018 - 00:58 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Turismo Coruña

 

A área de Promoción Económica, Turismo e Emprego da Deputación da Coruña vén de aprobar unha partida de 684.838 euros, dirixida á mellora da calidade e a competitividade dos servizos, proxectos e actividades turísticas das entidades de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios do sector.

A Deputación da Coruña e ABANCA renovan o Plan Activamos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 29/05/2018 - 00:48 / Etiquetas: Diputación da Coruña, abanca

 

A Deputación da Coruña e ABANCA subscribiron esta mañá un acordo que supón a renovación para o ano 2018 do Plan Activamos, iniciativa lanzada en 2014 por ambas as entidades para promover o desenvolvemento socioeconómico da provincia. A renovación do Plan por un ano máis supón a posta a disposición das pemes e autónomos, as familias e as corporacións locais coruñesas dunha nova partida de 50 millóns de euros en financiamento en condicións preferentes.

A Deputación da Coruña anima a participar no III Certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 29/05/2018 - 00:32 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Quero Cantar

 

A área de Cultura da Deputación da Coruña lanza por terceiro ano consecutivo o certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar, coa intención de animar a rapazada e a mocidade que está a dar os seus primeiros pasos no mundo da música para que coa axuda das  mestras e mestres enchan as rúas con cancións na nosa lingua.

Ponteceso, Curtis e Cariño acollerán esta fin de semana a 17ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 28/05/2018 - 12:17 / Etiquetas: Diputación da Cortuña, Volta Ciclista Coruña

 

Os concellos de Ponteceso, Curtis e Cariño serán este ano as sedes centrais da 17ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña, que se disputará entre os días 1 e  3 de xuño e contará coa participación de máis dun centenar de ciclistas das categorías Élite e Sub-23, nas que se forxan as novas promesas desta disciplina deportiva antes de chegar ao ámbito profesional.

Páginas