Danza para o público máis novo nas matinais do Teatro Colón

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Dom, 27/05/2018 - 00:37 / Etiquetas: Diputación da Coruña, teatro colon

 

O Teatro Colón ofrece este domingo o espectáculo "Home de area", un conto popular levado ao escenario por Ballet Norte, recomendado para nenos e nenas dentro do programa "As matinais" para todo tipo de público. Neste caso, a actuación busca achegar a danza ao público máis novo, a partir dos 3 anos.

A Deputación da Coruña aproba unha moción na que insta a CRTVG a manter as desconexións dos informativos locais e o Diario Cultura

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Sáb, 26/05/2018 - 00:43 / Etiquetas: Diputación da Coruña, CRTVG

 

O Pleno da Deputación da Coruña aprobou este venres unha moción cos votos favorables do PSdeG, BNG, Compostela Aberta e Marea Atlántica en que insta á dirección da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) a manter as desconexións locais dos seus informativos radiofónicos e tamén a continuar coa emisión do programa Diario Cultural, tralo anuncio da compañía de suprimir ambos espazos da súa programación diaria.

Cen mulleres da comarca coruñesa comparten experiencias sobre a vida despois do cancro de mama en Mariñán

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 25/05/2018 - 08:52 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Pazo Mariñán

 

Arredor dun centenar de mulleres dos concellos da área da Coruña participaron esta tarde no Pazo de Mariñán (Bergondo) na primeira das xornadas do ciclo ciclo “Empoderamento da muller con cancro de mama”, organizado polo servizo de Oncoloxía do CHUAC e a Deputación da Coruña, co obxectivo de que as persoas que superaron esta enfermidade  podan despexar dúbidas, abordar cuestións de interese común e compartir experiencias.

A Deputación da Coruña leva a pleno os novos pregos de contratación

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 25/05/2018 - 08:41 / Etiquetas: Diputación da Coruña, pleno coruña

 

A Deputación da Coruña inclúe na ode do día do pleno deste venres a votación para a aprobación dos tres novos Pregos tipo para a utilización pola institución en todos aqueles contratos de obras en que así o estime, e tamén polos concellos da provincia en aquelas obras que integren plans provinciais.

A Deputación da Coruña destina 150.000 euros para bolsas a deportistas da provincia

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 24/05/2018 - 13:30 / Etiquetas: Diputación da Coruña

 

A Deputación da Coruña, na súa labor de promoción, difusión e apoio ao deporte coruñés, publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria das bolsas deportivas do ano 2018, destinados a mozos e mozas da provincia que destaquen en competicións federadas a nivel rexional, nacional e internacional.

A actriz María Casares volta ao teatro como protagonista da man de Ernesto Is

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 24/05/2018 - 00:38 / Etiquetas: Diputación da Coruña, María Casares

 

A figura de María Casares retorna ao teatro como protagonista coa obra "Despois das ondas" de Ernesto Is, gañadora do Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña. A vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, o autor Ernesto Is e a actriz Diana Sieira participaron na presentación do libro no Teatro Colón.

A Deputación e o servizo de Oncoloxía do CHUAC organizan un foro sobre a vida despois do cancro de mama

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 23/05/2018 - 00:54 / Etiquetas: Diputación da Coruña, cáncer de mama

 

A Deputación da Coruña e o servizo de Oncoloxía do CHUAC organizan un ciclo de conferencias sobre a vida despois do cancro de mama. O programa, que contará coa participación dunhas mil mulleres de toda a provincia que superaron a enfermidade, pretende despexar dúbidas, intercambiar opinións, e abordar cuestións de interese para as afectadas en relación con cuestións como a sexualidade, o embarazo, os coidados ou aspectos psicolóxicos unha vez superado o cancro.

O Teatro Colón homenaxea a Luísa Villalta coa estrea de ‘O paseo das esfinxes’

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 23/05/2018 - 00:50 / Etiquetas: Diputación da Coruña, teatro colon

 

A compañía Teatro Proscrito pon en escena este mércores no Teatro Colón a obra O paseo das esfinxes de Luísa Villalta, unha coprodución da Área de Cultura da Deputación da Coruña e Manarte Producións, dirixida por Lino Braxe, que pretende ser unha grande homenaxe á figura de Luísa Villalta, poeta e dramaturga coruñesa e universal.

A Deputación da Coruña destina 2,8 millóns de euros para impulsar 500 contratacións nos concellos coruñeses

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 22/05/2018 - 00:42 / Etiquetas: Diputación da Coruña, ayudas deputación

 

A Deputación da Coruña, a través do Plan de Emprego Local (PEL), destina durante 2018 un orzamento 2,8 millóns de euros para apoiar aos  concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes na contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos locais básicos.

A xornada “Mulleres e Música” da Deputación da Coruña reclama “lentes lilas” no mundo musical

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Dom, 20/05/2018 - 12:27 / Etiquetas: Diputación da Coruña

 

“Cara os lentes violetas na música” é o documento que foi presentado este sábado na xornada “Mulleres e música”, organizada pola área de Cultura da Deputación da Coruña. A proposta, presentada por Mulleres na Industria da Música e Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural fai unha aposta pola igualdade no mundo da música.

A Deputación da Coruña explora colaboracións con institucións e entidades de Durham para promocionar conxuntamente o Camiño Inglés

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Dom, 20/05/2018 - 12:06 / Etiquetas: diputacion, Camino Inglés

 

O deputado de Economía e Facenda, da Deputación da Coruña, Antonio Leira Piñeiro, reuniuse estes días coas autoridades e entidades civís do condado británico de Durham (Inglaterra), onde comeza o Camiño Inglés. Esta é a única ruta xacobea que termina en Santiago e que discorre integramente, no seu tramo galego, pola provincia.

A Deputación da Coruña trae este domingo ao Teatro Colón unha “Mostra Internacional de Cine Infantil”

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Dom, 20/05/2018 - 00:34 / Etiquetas: Diputación da Coruña, teatro colon

 

Unha “Mostra Internacional de Cine Infantil” chegará este domingo á pantalla do Teatro Colón da man da área de Cultura da Deputación da Coruña. OS filmes que se proxectan son unha escolla dos candidastos ao Premio Buxainas do I Festival Internacional “Cinema Crianza” que se desenvolveu no Concello de Ames.

A Deputación destinará este ano 2,3 millóns a apoiar aos clubs coruñeses no fomento do deporte na provincia

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Sáb, 19/05/2018 - 00:46 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Ayudas Deportes

 

A Deputación da Coruña destinará este ano un orzamento de 2,3 millóns de euros para apoiar a clubs e entidades sen ánimo de lucro da provincia no fomento da actividade deportiva en todos os seus ámbitos, dende o fomento do deporte base á organización de grandes eventos, segundo explicou o deputado responsable da área de Deportes da institución provincial, José García Liñares.

A Deputación da Coruña participa na mostra do patrimonio marítimo galego no Festival Marítimo de Pasaia

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 17/05/2018 - 00:01 / Etiquetas: Diputación da Coruña

 

A Deputación da Coruña colabora coa  Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) na delegación galega que participará na primeira edición do Festival Marítimo de Pasaia, que se desenvolve entre os días 17 e 21 de maio. O encontro citará na localidade guipuscoana embarcacións históricas e tradicionais chegadas de todo o continente.

Páginas