A Deputación da Coruña súmase desde o teatro á homenaxe de María Victoria Moreno no Día das Letras Galegas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 15/05/2018 - 00:17 / Etiquetas: día das letras galegas

 

A área de Cultura da Deputación da Coruña súmase á homenaxe a María Victoria Moreno levando ao escenario do Teatro Colón  a obra “Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos”, de Matrioshka Teatro. O espectáculo, que terá lugar o mércores ás 20:30 horas é unha das iniciativas que organiza arredor da escritora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas.

A Deputación da Coruña ilumínase de morado para conmemorar o Día da Fibromialxia

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Dom, 13/05/2018 - 06:37 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Día Fibriomialxia

 

A sede da Deputación da Coruña ilumina a súa fachada de cor morada para conmemorar o Día Mundial da Fibriomialxia e da Síndrome da Fatiga Crónica. A deputada de Igualdade e Servizos Sociais, Ánxela Franco, defendeu na súa intervención no acto organizado por ACOFFIFA un maior compromiso na visibilización e atención ás persoas que padecen a doenza.

Ponteceso, Curtis e Cariño acollerán en xuño a 17ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Dom, 13/05/2018 - 00:31 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Volta Ciclista Coruña

 

Os concellos de Ponteceso, Curtis e Cariño serán este ano as sedes centrais da 17ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña, que se disputará entre os días 1 e  3 de xuño e contará coa participación de máis dun centenar de ciclistas das categorías Élite e Sub-23, nas que se forxan as novas promesas desta disciplina deportiva antes de chegar ao ámbito profesional.

O servizo de Teleasistencia Domiciliaria da Deputación da Coruña supera as 2000 persoas usuarias

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Sáb, 12/05/2018 - 00:04 / Etiquetas: Diputación da Coruña, teleasistencia

 

O programa de Teleasistencia Domiciliaria “Contigo Mellor”, artellado pola área de Servizos Sociais da Deputación da Coruña, segue a velar pola seguridade e autonomía das máis de 2.000 persoas maiores adheridas ao programa durante este 2018.

A Deputación da Coruña dá resposta co programa “Contigo Mellor” ás necesidades que presentan as súas veciñas e veciños maiores de 65 anos -non dependentes-, cun programa de atención domiciliaria que garante o seu benestar durante os 365 días do ano.

A Deputación da Coruña pon a María Victoria Moreno na voz “radiofónica” da mocidade

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 11/05/2018 - 00:51 / Etiquetas: día das letras galegas, Diputación da Coruña

 

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña acolle este venres  ás 19.00, un programa de radio aberto ao público, feito por pequenos e pequenas, arredor da figura da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2018. A iniciativa forma parte da programación especial da área de Cultura para conmemorar a autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas.

O Teatro Colón acolle esta fin de semana dous concertos de María do Ceo

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 10/05/2018 - 00:05 / Etiquetas: Diputación da Coruña, teatro colon

 

A área de Cultura da Deputación da Coruña programa para esta fin de semana no Teatro Colón dous concertos da artista luso-galaica, María do Ceo, un coa súa tradicional vertente fadista e outro cunha compoñente didáctica, dirixido aos máis cativos. O sábado repasa a súa traxectoria de 20 anos a través dunha viaxe con “De Portugal a Galicia Fado” e o domingo ofrece un concerto didáctico en “Cancións para nenas e nenos”

A Deputación da Coruña xoga a saber que se coñece de María Victoria Moreno

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 10/05/2018 - 00:03 / Etiquetas: Diputación da Coruña, María Victoria Moreno

 

Dez preguntas nun vídeo interactivo é unha das propostas que a área de Cultura da Deputación da Coruña difunde para conmemorar o Día das Letras Galegas. A través dun vídeo interactivo poderase afondar na figura de María Victoria Moreno, a autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Un vídeo de difusión da escritora, unha obra de teatro e dous programas de promoción da lingua son algunhas das iniciativas de cara á conmemoración do Día das Letras Galegas.

A Deputación destina 900.000 euros aos servizos de limpeza de praias de 41 concellos da provincia

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 07/05/2018 - 11:58 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Playas Coruña

 

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a adxudicación provisional do programa de limpeza de praias 2018, a través do cal a Deputación da Coruña repartirá 900.000 euros entre 41 municipios costeiros coruñeses.

A finalidade do programa é apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais da provincia, así como da adquisición do material necesario, coma o vestiario ou o combustible.

O escenario do Teatro Colón énchese esta fin de semana de fantásticas pompas e burbullas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 04/05/2018 - 00:50 / Etiquetas: teatro colon, Diputación da Coruña

 

Este sábado 5 de maio ás 20:00h e o domingo 6 ás 12:00h, a área de Cultura da Deputación da Coruña programa no Teatro Colón “Os Fabulosos Cleaners”, un espectáculo con pompas de xabón para todos os públicos.

“Os Fabulosos Cleaners” é unha fantástica experiencia visual na que poderá participar toda a familia, creada pola compañía Malasombra Producións coa dirección técnica do autor alacantino Luis Beviá, quen percorreu medio mundo co seu universo xabonoso.

Directores de colexios públicos da provincia da Coruña reúnense en Mariñán

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 04/05/2018 - 00:46 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Colexios Público

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presidiu hoxe, no Pazo de Mariñán, a inauguración do encontro anual de asociación de equipos directivos de centros públicos de educación infantil e primaria da provincia da Coruña. O acto contou tamén coa asistencia do presidente da asociación organizadora, Emilio Joaquín Veiga; a concelleira de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña, Silvia Cameán; a vicerreitora da Universidade da Coruña, Nancy Vázquez Veiga e o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro.

A Deputación organiza este sábado en Betanzos a segunda edición da Feira “Primavera no Camiño Inglés”

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 03/05/2018 - 00:39 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Camino Inglés

 

A Deputación da Coruña volverá a converter Betanzos no epicentro do Camiño Inglés coa celebración, este sábado 5 de maio, dunha feira que reunirá por segunda vez aos dezaoito concellos coruñeses polos que discorre este itinerario xacobeo. Despois do éxito do ano pasado, a institución provincial volverá a reunir de novo aos municipios co obxectivo de dar a coñecer os seus múltiples atractivos turísticos, gastronómicos e artesanais.

A Deputación da Coruña e a Academia Galega do Audiovisual avalían conxuntamente a política e as iniciativas de apoio ao audiovisual galego

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 03/05/2018 - 00:33 / Etiquetas: deputación

 

O Programa Visións da Rede Cultural, o apoio aos festivais do sector audiovisual e a nova liña de apoio á distribución e exhibición de contidos en lingua galega son algunhas das iniciativas que este mércores centraron a xuntanza entre a vicepresidenta e responsábel das áreas de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña e o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares.

A Deputación da Coruña levas a oferta turística dos concellos á Feira Ibérica de Turismo

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 27/04/2018 - 14:28 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Feira Ibérica

 

Incrementar a visibilidade e posicionar os recursos naturais, culturais, gastronómicos, litorais e a artesanía dos concellos, son os obxectivos cos que acode a área de Turismo da Deputación da Coruña á V edición da Feira Ibérica de Turismo (FIT), que entre os días 28 de abril e 1 de maio, se desenvolverá na cidade portuguesa da Guarda. A oferta turística de Mugardos, Malpica, Padrón, Ponteceso, Carballo, Laxe, Oroso, Vimianzo, Muxía e o xeodestino Arousa Norte mostrarase na feira de referencia do sector en Portugal.

Páginas