A Deputación anima a mocidade a usar o noso idioma coa campaña “O galego: a miña lingua”

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 27/04/2018 - 06:18 / Etiquetas: Diputación da Coruña

 

Potenciar o uso asiduo do galego en todos os ámbitos da vida e afortalar a identidade linguística da poboación moza, estes son dous dos obxectivos trabe da nova campaña de dinamización linguística lanzada pola Deputación da Coruña, e que durante os vindeiros meses percorrerá os centros de ensino secundario de 43 concellos da provincia.

A Deputación financiará a instalación de varios puntos de residuos urbanos soterrados na rúa San Andrés

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 26/04/2018 - 00:51 / Etiquetas: Diputación da Coruña, San Andrés

 

A Deputación da Coruña aprobará no pleno do vindeiro venres un convenio co Concello da Coruña para o financiamento das obras correspondentes á instalación de seis puntos de residuos urbanos soterrados na rúa San Andrés. A institución provincial achega 52.044,98 euros que supoñen o 80% do custo total, fixado en 65.056,23.

A Deputación e a Universidade Menéndez Pelayo colaboran na programación de cursos para o 2018

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 25/04/2018 - 00:56 / Etiquetas: Diuptación da Coruña, Cursos 2018

 

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, o reitor da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, Emilio Lora-Tamayo, e o director da sede en Galicia da UIMP, Jaime Rodríguez-Arana, presentaron este martes o programa de actividades formativas do curso 2018, que se desenvolverá durante os vindeiros meses nas localidades de A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Ribeira e As Pontes.

A Deputación da Coruña estimula a creación cultural coa convocatoria de dez premios

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 25/04/2018 - 00:01 / Etiquetas: Premios Deputación

O BOP publica as bases de dez dos premios que á área de Cultura da Deputación da Coruña promove co ánimo de estimular a creación e  a difusión de obras de narrativa, poesía, literatura infantil,  música, artes gráficas, banda deseñada e iniciativas culturais que traballen en prol da Igualdade de xénero.

A Deputación destina 1,7 millóns de euros ás asociacións agrarias, confrarías de pescadores e entidades de promoción económica da provincia

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 23/04/2018 - 13:16 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Axudas Coruña

 

A Deputación da Coruña publica hoxe no BOP  e na Base Nacional de Subvencións a convocatoria de varias liñas de subvencións, destinadas a apoiar ás asociacións agrarias e labregas e ás entidades sen ánimo de lucro da provincia que desenvolvan accións de promoción económica.

O prazo para solicitar estas subvencións comeza mañá martes e remata o vindeiro 21 de maio ás 14.00 horas. As solicitudes realizaranse de forma telémática a través da plataforma Subtel.

A Deputación promociona o turismo industrial da Coruña na Feira B-Industrial

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 19/04/2018 - 00:41 / Etiquetas: Diputación da Coruña

 

Oficios como o de redeiras, olaría ou conserveiras, elaboración de produtos, rutas por pequenas e medianas empresas, arqueoloxía industrial... son algúns dos elementos que integran a oferta que a área de Turismo da Deputación da Coruña leva á Feira de Turismo B-Industrial que se desenvolve os días 20,21 e 22 en Barcelona.

A mostra “Sete varas, un refaixo” trae este sábado ao Teatro Colón da Coruña 55 xoias da vestimenta galega

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 19/04/2018 - 00:40 / Etiquetas: Diputación da Coruña, teatro colon

 

Un total de 55 traxes, antigos e reproducións fidedignas, desfilarán o sábado día 21 ás 20.30 horas no Teatro Colón da Coruña, na mostra “Sete varas, un refaixo” organizada pola Asociación Etnográfica Sete Espadelas que forma parte do programa cultural da Deputación da Coruña.

O VI Circuíto provincial de carreiras populares “Deputación da Coruña” chega a 30 concellos da provincia

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 19/04/2018 - 00:35 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Carrera Populares

 

Un total de 30 concellos da provincia da Coruña acollerán, ao longo do presente ano, outras tantas carreiras incluídas dentro da VI edición do Circuíto de carreiras populares “Deputación da Coruña”, organizado pola área de Deportes da institución provincial en colaboración coa Federación Galega de Atletismo.

A Deputación comeza as obras para mellorar a seguridade en dúas sendas peonís do Concello de Mesía

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 19/04/2018 - 00:27 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Mesía

 

A Deputación da Coruña comezou esta semana as obras destinadas a mellorar a seguridade viaria dos peóns nas estradas provinciais DP 1004 de Lanza a Boimorto e DP 4701 de Castro a N-634, ambas situadas no Concello de Mesía, que supoñen un investimento de 72.890,40 euros.

Os traballos contan cun prazo de execución de seis meses para asegurar a correcta terminación dos mesmos.

A Deputación lanza o programa #Zeroadiccións

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 18/04/2018 - 00:09 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Zeroadiccións

 

A área de Benestar Social, Educación e Igualdade da Deputación da Coruña presentou está mañá o seu novo programa de prevención de adiccións destinado á poboación adolescente, co ánimo de erradicar o consumo de substancias nocivas para a saúde e atallar outras conductas adictivas como o uso inaxeitado das novas tecnoloxías ou o xogo online. A iniciativa desenvolverase nas dezaoito comarcas da Coruña e dirixirase fundamentalmente a mozas e mozos de entre 12 e 18 anos.

A Deputación destina 110.000 euros para dotar de saneamento á rúa Dublín

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 17/04/2018 - 13:44 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Rúa Dublín

 

A Deputación da Coruña financiará con 110.803,44 euros as obras de construción dunha rede de saneamento separativo na rúa Dublín do Concello da Coruña. A achega supón o 100% do investimento previsto para a execución dos traballos e inclúese dentro das obras do Plan Único Adicional, aprobadas no último pleno provincial.

A Deputación da Coruña aposta pola cooperación urbano-rural para potenciar o Turismo sostible

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 17/04/2018 - 00:22 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Tursimo Sostenible

 

O deputado e responsable da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, ratificou está mañá o compromiso da institución co desenvolvemento do Turismo sustentábel na xornada inaugural da “I Conferencia de Turismo Sostible”, que se está a desenvolver na Casa da Cultura Pintor Llorens do Concello de Sada.

A Deputación da Coruña promove a publicación dun libro até agora inédito de Xohana Torres sobre San Andrés de Teixido

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 12/04/2018 - 15:05 / Etiquetas: Diputación da Coruña

 

En 1972 a escritora Xohana Torres gañou o Premio de Etnografía Federico Maciñeira da Deputación da Coruña coa obra “Teixido. San Andrés de Lonxe. Mitos e ritos”. Inexplicablemente,  nunca chegou a se converter en libro até que, case cincuenta anos despois, a área de Cultura da Deputación da Coruña e a editorial Engaiolarte fan realidade un dos soños da escritora que revisou a edición até o último momento.

A Deputación da Coruña informa ás entidades sociais sobre catro liñas de axuda

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 12/04/2018 - 00:52 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Axudas Deputación da Coruña

 

Máis dun cento de entidades de Servizos Sociais asistiron este mércores á reunión convocado pola responsable da área de Benestar Social da Deputación da Coruña, Ánxela Franco, para  dar conta dos principais características das catro liñas de axudas (FOAXE, FOIE, FOCVAA e FOIO0A ) ás que a institución provincial destina 2.200.000 euros.

I Festival Metropolitano “Elas son Artistas”

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 11/04/2018 - 00:40 / Etiquetas: Diputación da Coruña, I Festival Metropolitano, Elas son Artistas

 

As áreas de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña presentaron está mañá, na compaña das persoas organizadoras e representantes municipais de sete concellos da área metropolitana da Coruña, o I Festival Metropolitano pola igualdade “Elas son Artistas”, un dos dez proxectos premiados na primeira edición do Concurso de Ideas pola Igualdade Luísa Villalta, que promove a institución provincial.

Deputación e Concello apostan co programa “Concilia os teus tempos” pola igualdade efectiva das mulleres

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 10/04/2018 - 15:36 / Etiquetas: Canguraxe Coruña

 

Destinado a máis mulleres e con mellores prestacións, o programa “Concilia os teus tempos” ten como obxectivo promover a conciliación da vida familiar e laboral para contribuír á igualdade efectiva das mulleres. A deputada de Igualdade, Ánxela Franco, e a concelleira de Igualdade e Diversidade da Coruña, Rocío  Fraga, asinaron esta mañá o convenio de colaboración polo que a Deputación achega 80.000 euros para o servizo.

O Consorcio Provincial Contra Incendios da Coruña avanza nos trámites para a xestión directa dos parques comarcais de bombeiros

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 10/04/2018 - 00:07 / Etiquetas: Diputación da Coruña, bomberos coruña

 

A sede da Deputación da Coruña acolleu esta mañá unha sesión ordinaria do pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña no que se acordou a constitución dunha comisión de estudo, constuída por representantes políticos da institución provincial e a Xunta de Galicia e persoal técnico, que se encargará de elaborar a memoria relativa aos aspectos sociais, xurídicos, técnicos e financieiros da aplicación dun modelo de xestión directa para os parques comarcais de bombeiros da provincia.

O Teatro Colón acolle a estrea da comedia “Estás aí?” protagonizada por Isabel Risco e Xúlio Abonjo

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 09/04/2018 - 14:09 / Etiquetas: Teatro Ciolón Estás aí

 

A área de Cultura da Deputación da Coruña presentou está mañá en rolda de prensa a estrea da obra teatral “Estás aí?”, unha delirante comedia que narra as vivencias e os desencontros habituais que se producen nas parellas empregando o humor como fío conductor. Dirixida por Alex Sampayo, e protagonizada por Isabel Risco e Xúlio Abonjo, o novo espéctaculo de Redrum Teatro estrearase o vindeiro día 14 de abril (20:00 horas) sobre as táboas do Colón.

Páginas