A Deputación e a Xunta colaboran na xestión do centro Residencial Emilio Romay

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 20/03/2018 - 00:57 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Centro Residencial Emilio Romay

 

A responsable da área de Benestar Social, Educación e Igualdade da Deputación da Coruña, Ánxela Franco e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela asinaron este luns un convenio de colaboración para a xestión do Fogar Infantil Emilio Romay, un centro de referencia en atención para crianzas que depende da Deputación da Coruña.

Conferencia sobre a figura do fotógrafo Ksado no Museo do Pobo Galego

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 20/03/2018 - 00:12 / Etiquetas: diputacion, Ksado

 

O fotohistoriador Carlos Castelao impartirá este martes día 20 ás 19:00 no Museo do Pobo Galego a conferencia “A creatividade artística na obra do fotógrafo Ksado”, dentro do programa de actividades organizado pola área de Cultura da Deputación da Coruña no marco da 13 edición do premio de creación fotográfica Luís Ksado.

"As matinais do Teatro Colón"

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 16/03/2018 - 15:53 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Matinais Teatro Colón

 

A área de Cultura da Deputación da Coruña continúa a programar actividades para o ciclo “As Matinais do Colón”. A través de diferentes espectáculos de gran calidade, o Teatro Colón ofrecerá durante os meses de marzo e abril unha programación escénica e musical galega, dirixida a un público eminentemente familiar.

Unanimidade dos grupos políticos da Deputación para recuperar o Pazo de Meirás

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 16/03/2018 - 15:40 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Pazo de Meirás

 

A Deputación da Coruña fixo hoxe gala da unanimidade de todos os grupos presentes na súa corporación para presentar a moción que irá ao vindeiro pleno do día 23 de  marzo. O texto mostra a unión das vontades para a recuperación do Pazo de Meirás para patrimonio público.

O Teatro Colón convértese nunha lareira chea de historias

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 16/03/2018 - 00:55 / Etiquetas: Diputación da Coruña, teatro colon, Contos na lareira

 

Os contadores Celso Fernández Sanmartín, Quico Cadaval e Cándido Pazó, tres dos máis recoñecidos nomes da narración oral galega,  son os protagonistas de “Contos na Lareira”, o espectáculo que chega ao Teatro Colón este sábado día 17 de marzo ás 20:00h no programa ofrecido pola área de Cultura da Deputación da Coruña programa no Teatro Colón.

A Deputación aposta pola inclusión

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 16/03/2018 - 00:18 / Etiquetas: Diputación da Coruña, APEM, Inclusión

 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou esta mañá unha visita institucional á sede da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) da Coruña, onde supervisou as diferentes actividades e servizos que esta entidade ofrece a preto dun centenar de usuarios dos municipios da área coruñesa.

A Deputación analizará a realidade social dos concellos da Coruña

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 16/03/2018 - 00:02 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Servizos Sociais

 

A responsábel da área de Igualdade, Educación e Servizos Sociais da Deputación da Coruña, Ánxela Franco,  presentou está maña as directrices do Plan de Acción de Servizos Sociais “Rede de Concellos para o Benestar”, unha análise na que está a traballar co ánimo de coñecer a realidade social dos concellos da Coruña e así poder elaborar no futuro políticas eficientes que optimicen a xestión dos recursos.

A Deputación colabora na Gala Internacional de Patinaxe Artística

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 15/03/2018 - 00:08 / Etiquetas: Diputación da Coruña, FEGEREC, Gala Patianxe

 

Cada catro anos a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC) organiza a Gala Internacional de Patinaxe Artística que o día chega o domingo 18 de marzo a súa quinta edición. A Deputación da Coruña, a través do deputado Xosé Regueira destacou o papel de entidades como FEGEREC e defendeu o compromiso institucional cos colectivos máis vulnerábeis.

A Deputación destina máis de dos millóns de euros as entidades de servizos sociais

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 13/03/2018 - 00:34 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Servizos Sociais

 

Un total de 2.100.000 € é o orzamento das tres convocatorias que a área de Servizos Sociais vén de publicar con destino ás entidades que traballan no sector. Apoio ao mantemento, desenvolvemento de programas e actividades,e iinvestimentos son os obxectos das tres liñas de axuda en concorrencia competitiva.

A Deputación conecta a emprendedores da provincia coa Comisión Europea e a Universidade de Stanford

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 07/03/2018 - 16:48 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Startup Café

 

A Deputación da Coruña organizou esta mañá o evento “Entrepreneurs Startup Café”, que reuniu a 30 emprendedores e emprendedoras da provincia para amosarlles os diferentes recursos que a institución provincial pon á súa disposición e fomentar os contactos e a creación de sinerxías.

As obras da Residencia Universitaria Elvira Bao entran na súa fase final

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 06/03/2018 - 16:09 / Etiquetas: diputacion, Residencia

 

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, xunto co reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o deputado de Contratación e Patrimonio da Deputación , Xesús Soto, visitaron está mañá a derradeira fase das obras da primeira residencia universitaria pública da cidade da Coruña. Este complexo porá a disposición da comunidade estudantil desde o vindeiro curso académico 118 prazas de aloxamento.

A Deputación da Coruña inicia os encontros cos grupos parlamentares para trasladar os informes do Pazo de Meirás

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 06/03/2018 - 00:15

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín e o deputado de Economía e Persoal, Antonio Leira, reuníronse ca portavoz e o deputado do BNG, Ana Pontón e Luís Bará, na primeira das xuntanzas cos grupos parlamentares para trasladar os informes xurídico e histórico e buscar apoios para as reivindicacións da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás. Esta mesma semana están previstas reunións cos grupos de En Marea e PSdG-PSOE.

Comezan os trámites das expropiacións para o ensanche e a mellora da estrada de Confurco a Orro

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 05/03/2018 - 16:36 / Etiquetas: Confurco

 

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio do levantamento de actas previas á ocupación dos terreos dos 141 predios necesarios para ampliar e crear unha senda peonil na estrada DP0510, que enlaza o núcleo de Confurco, en Culleredo, con Orro, xa no termo municipal de Arteixo.

A Deputación da Coruña destina 136.313,65 euros á adquisición destes terreos de prado, monte e labradío, que se suman ao orzamento de 1.215.705 euros cos que contan as obras.

Axudas de 900.000 euros para os servizos de limpeza de praias da provincia da Coruña

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 02/03/2018 - 12:31 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Axudas Limpeza Praias

 

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria do programa de limpeza de praias 2018, a través do cal a Deputación da Coruña repartirá 900.000 euros entre os municipios coruñeses costeiros.

A finalidade do programa é apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais da provincia, así como da adquisición do material necesario, coma o vestiario ou o combustible.

A Deputación premia as iniciativas que fomenten a paz e a convivencia

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 02/03/2018 - 12:06 / Etiquetas: diputacion, Premio Deputación

 

A Deputación da Coruña vén de crear o Premio pola Paz, Convivencia e Dereitos Humanos, que premiará as accións en prol da convivencia, a resolución pacífica de conflitos e a eliminación de comportamentos que prexudican a vida en común entre as persoas, como poden ser o acoso, a discriminación ou a violencia de xénero.

Páginas