Os informes da Deputación da Coruña avalan a posibilidade de devolver o Pazo de Meirás ao dominio público

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 01/03/2018 - 16:13 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Pazo de Meirás

 

A Deputación da Coruña convocará con carácter de urxencia a súa Xunta de Portavoces para, de maneira consensuada, instar a Patrimonio Nacional a iniciar o proceso de devolución do Pazo de Meirás. Ademais, reunirase cos grupos do Parlamento Galego e doutras administracións. Son algúns dos acordos da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás que se reuniu hoxe n asee da institución.

As series do 13 premio Luís Ksado no Museo do Pobo Galego

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 01/03/2018 - 00:50 / Etiquetas: diputacion, Ksado

 

A exposición do traballo gañador e os seleccionados no 13º Premio de Creación Fotográfica Luís Kasado da Deputación da Coruña inaugúrase este xoves 1 de marzo ás 18:00, no Museo do Pobo Galego. Na inauguración estará presente a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín Rei, xunto co presidente do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi.

Comenza o prazo de presentación de solicitudes para concorrer ás subvencións

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 28/02/2018 - 07:00 / Etiquetas: Diputación da Coruña, axudas deputación

 

O Boletín Oficial da Provincia publica este martes as convocatorias oficiais das axudas do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña. A institución provincial distribuirá un total de 4,28 millóns de euros, a través das liñas PEL PEMES e PEL EMPRENDE, destinadas a incentivar a contratación en pequenas e medianas empresas e a impulsar as novas iniciativas empresariais da provincia, respectivamente.

Un informe da Deputación confirma a posibilidade de que o Pazo de Meirás pase a ser ben público

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 27/02/2018 - 15:59 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Pazo de Meirás

 

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e o profesor da Universidade de Santiago, Xabier Ferreira, presentaron esta mañá un informe xurídico que confirma a posibilidade de recuperar o Pazo de Meirás o patrimonio público, a través dun proceso xudicial. Ao tratarse dunha propiedade que é froito dun “negocio ficticio que pode ser anulado”.

Documental sobre a historia e a situación actual do Pazo de Meirás

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 26/02/2018 - 15:34 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Pazo de Meirás

 

Un documental de dez minutos é a fórmula pola que a Deputación da Coruña quere difundir a historia e a situación actual do Pazo de Meirás, que a familia Franco ten á venda nunha inmobiliaria. A iniciativa é un dos acordos adoptados pola Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás que se reunirá de novo o vindeiro 1 de marzo para facer públicos os informes xurídico e histórico en que levan tres meses traballando os especialistas .

A Deputación e Turismo de Galicia coordinan accións de promoción e mellora dos camiños xacobeos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 26/02/2018 - 15:28 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Turismo Deputación

 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse esta mañá no seu despacho da institución provincial coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez. No encontro participaron tamén os deputados provinciais Xosé Regueira, responsable da área de Turismo, e Antonio Leira, encargado de Economía e Facenda.

A Deputación recupera a memoria das mulleres pioneras no deporte

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 22/02/2018 - 15:19 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Mulleres

 

Dar visibilidade ás primeiras deportistas, descubrir as súas historias e logros, crear referentes para as novas xeracións e desvelar unha historia silenciada son algúns dos obxectivos do libro Pioneiras do deporte en Galicia, de Cristina López Villar que hoxe presentou xunto coa deputada de Igualdade Ánxela Franco.

A Deputación non participará na Feira Biocultura al entender que o programa inclúe cuestións polémicas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 22/02/2018 - 10:42 / Etiquetas: deputación, Biocultura

A Deputación da Coruña non apoia económicamente a Feira de Produtos Ecolóxicos e Consumo Responsable Biocultura, que se celebra en ExpoCoruña do 2 ao 4 de marzo, nin participará na mesma.

Así o anunciou hoxe o deputado responsable da área de Promoción Económica da institución provincial coruñesa, José Luis García, tras coñecerse o programa do evento, que inclúe cuestións polémicas e sen base científica que poden entrañar riscos para a sáude pública como charlas antivacinas.

Gala Rosalía de Castro

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 21/02/2018 - 04:58 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Gala Rosalía de Castro

 

Nun Teatro Colón colorido con ducias de globos coa imaxe de Rosalía de Castro, a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, presentou os actos conmemorativos do aniversario de nacemento da escritora.  A cantante Xiana Lastra e alumnado do IES Puga Ramón participaron no acto en que se convidou a festexar a data.

Novidades importantes para que o Pazo de Meirás pase a ser ben público

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 20/02/2018 - 16:39 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Pazo de Meirás

 

A Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás reunirase na sede da Deputación da Coruña o vindeiro día 1 de marzo para analizar os informes xurídico e histórico que serán presentados nesa mesma xornada. A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, anunciou que haberá “novidades importantes” de cara a que o inmóbel pase a ser un ben público.

Campaña de Esquí da Deputación

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 20/02/2018 - 05:38 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Campaña Esquí

 

Un centenar de nenas e nenos de entre 10 e 14 anos dos concellos de Ares, Cariño, Cedeira, Cerdido, Ferrol, Mañón, Moeche, Narón, Neda, Ortigueira, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño participaron en Cabeza de Manzaneda (Ourense) na segunda expedición á neve da Campaña de Esquí 2018, organizada pola área de Deportes da Deputación da Coruña.

Goretti Sanmartín denuncia que a familia Franco quere “librarse dun ben conseguido de maneira ilícita” coa venda do Pazo de Meirás

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 16/02/2018 - 16:09 / Etiquetas: Diputación da Coruña

 

A vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, denunciou que o anuncio de venda do Pazo de Meirás por parte da familia de Francisco Franco supón a “constatación de que os traballos da Xunta pro Devolución do Pazo van por bo camiño”.  Afirmou tamén que isto non modifica a estratexia que se está a seguir e que nas próximas semanas estará o informe xurídico que sinala os pasos para que o Pazo pase a ser ben público.

1.359 espectáculos no catálogo da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 15/02/2018 - 16:01 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Rede Cultural

 

Os concellos da provincia da Coruña terán até o día 20 de febreiro para facer a súa solicitude na Rede Cultural da Deputación da Coruña. Nesta nova edición, o circuíto ofrece 1.359 espectáculos nas súas catro liñas, nun programa que está dotado con máis de dous millóns de euros con destino aos concellos.

O 20 de febreiro remata o prazo para solicitar os espectáculos da Rede Cultural da Deputación

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 09/02/2018 - 00:13 / Etiquetas: Diputación da Coruña

 

Os concellos poderán solicitar até o vindeiro 20 de febreiro os espectáculos da Rede Cultural da Deputación da Cultura que se inclúen nesta edición dentro do programa “Lingua á Escena” destinado  promover o uso do galego. Desde a Deputación da Coruña animan aos concellos a ofrecer na súa programación os trece espectáculos do catálogo deste novo programa.

O Colón acolle este sábado a obra "#Camiños"

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 07/02/2018 - 14:16 / Etiquetas: Diputación da Coruña, ButacaZero

 

A compañía ButacaZero unirá este sábado 10 de febreiro as nosas aldeas e as nosas cidades no Teatro Colón coa súa obra #Camiños. O espectáculo está promovido pola área de Cultura da Deputación da Coruña.

Baixo a dirección de Xavier Castiñeira, as actrices Pia Nicoletti, Celina Fernández, Noa Covelo, Noelia Blanco e Esther F. Carrodeguas son as protagonistas dunha obra que nos mostra unha viaxe xeracional desde a perspectiva máis millenial na procura dunhas raíces “esquecidas?”

González Formoso recibe ao novo presidente da Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 05/02/2018 - 14:28 / Etiquetas: Diputación da Coruña, Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais

 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu esta mañá no seu despacho da institución provincial ao seu homólogo da Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña, Carlos Domenech de Aspe, que vén de ser elixido para o cargo.

Páginas