El PP exige a Ferreiro una rectificación tras un comunicado sobre los okupas de la Comandancia

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 21/06/2018 - 14:53 / Etiquetas: concello da coruña, PP Coruña

 

La portavoz del Grupo municipal Popular, Rosa Gallego, exige a Xulio Ferreiro una rectificación y una  disculpa a la Policía local tras el comunicado emitido ayer en relación con los detenidos por las agresiones a policías locales tras el desalojo de la antigua Comandancia de Obras.

O PSOE critica que a cinco semanas do Noroeste Pop Rock ainda non coñecemos o cartel do festival

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 21/06/2018 - 12:56 / Etiquetas: PSOE Coruña, Nororeste

 

O PSOE critica que a cinco semanas de celebrarse o Noroeste Pop Rock os coruñeses e coruñesas aínda non coñecemos o cartel do festival. E máis, das 140 bandas que anunciou o Concello que van actuar, apenas se coñecen 40 bandas segundo a páxina web oficial do festival. Onte presentáronse algunas formacións, pero son de pago en recintos pechados.

O Concello presenta a Oficina de Cooperación Audiovisual

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 21/06/2018 - 08:31 / Etiquetas: concello da coruña, Cooperación Audiovisual

 

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de poñer en marcha unha serie de iniciativas co obxectivo de favorecer a realización de gravacións e rodaxes no termo municipal, así como promocionar e difundir o traballo do sector creativo. O edil José Manuel Sande presentou esta mañá o resultado do convenio asinado coa Academia Galega do Audiovisual (AGA), que permitirá a creación de protocolos de filmacións na cidade, ademais dunha Oficina de Cooperación Audiovisual (ACO) e un plan de formación.

O Concello manterá o actual contrato de limpeza viaria ata que se resolva a nova licitación

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 21/06/2018 - 07:51 / Etiquetas: concello da coruña

O Concello acorda a continuidade do actual contrato do servizo de limpeza viaria ata que se complete o proceso de licitación a unha nova empresa adxudicataria. A Xunta do Goberno local extraordinaria prevista para o venres abordará esta proposta presentada pola Concellería de Medio Ambiente, que apela ao interese xeral da prestación dun servizo “obrigatorio e esencial para garantir a protección da saúde pública e do medio ambiente”.

O Concello afonda na súa aposta por un San Xoán sostible

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 21/06/2018 - 00:39 / Etiquetas: concello da coruña, san xoán

O Concello da Coruña afonda este ano de xeito exponencial na aposta por un San Xoán sostible, polo que amplía o dispositivo municipal destinado a minimizar o impacto ambiental da festa. Segundo explicou en rolda de prensa a concelleira de Medio Ambiente, María García, “San Xoán é unha celebración de interese turístico que, á vez, ten un gran impacto ambiental, polo que é un dos retos que temos que afrontar de forma conxunta como cidade”. A campaña municipal deste ano ten por lema E dicían que non podiamos...

Emalcsa adapta desde hoxe á rede ao maior consumo da tempada de verán

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 20/06/2018 - 10:29 / Etiquetas: emalcsa

 

Ao longo do día de hoxe, o persoal técnico da empresa municipal Emalcsa realizará manobras para adaptar a rede de subministro ao maior consumo da tempada de verán. Os traballos, que se realizan de xeito rutineiro todos os anos, preparan o servizo para cubrir sen problemas o incremento da demanda que se produce nos meses de calor.

A Marea Atlántica celebra o 3º aniversario da súa chegada a María Pita cun reparto do xornal O 15

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 20/06/2018 - 08:37 / Etiquetas: Marea Atlántica

 

Ao longo desta semana, a Marea Atlántica está a repartir polas rúas da Coruña o novo número da súa publicación informativa, O 15, que repasa o traballo realizado desde o goberno municipal nos últimos tres anos. Estes repartos estarán protagonizados por persoas de referencia, a nivel local, galego e estatal, dos partidos e organizacións que forman parte da Marea, e por integrantes doutras organizacións municipalistas.

Cortes puntuais do tráfico que se producirán na madrugada do xoves na avenida de Lavedra

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 20/06/2018 - 00:56 / Etiquetas: concello da coruña, Alfonso Molina

 

A Concellería de Mobilidade Sostible informa dos cortes puntuais de tráfico que se producirán na AC-11, na altura do concesionario da SEAT na avenida de Lavedra, entre as 01.00 e as 05.00 horas do xoves 21 de xuño debido aos traballos de desmontaxe das liñas de media tensión que cruzan a infraestrutura.

A Torre de Hércules celebra o seu noveno aniversario como monumento Patrimonio Mundial

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 19/06/2018 - 00:58 / Etiquetas: concello da coruña, torre de hércules

A Torre de Hércules celebra este mes de xuño o seu IX aniversario como membro da lista do Patrimonio Mundial da Unesco. Co gallo desta efeméride, o Concello da Coruña programa entre o 27 de xuño e o 1 de xullo distintas actividades abertas á cidadanía, que se estenderán tamén á contorna do faro e outros espazos da cidade, como é o caso do concerto conmemorativo que a Banda Municipal ofrecerá o mércores 27 na praza das Bárbaras, na Cidade Vella.

Bolsas de papel polas de plástico na semana do San Xoán

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 19/06/2018 - 00:05 / Etiquetas: concello da coruña, Bolsa San Xoán

Catro das principais distribuidoras alimentarias da cidade substituirán durante esta semana previa á celebración do San Xoán as bolsas de plástico que se entregan coa compra por outras de papel, dentro da campaña de sensibilización sobre residuos que desenvolve a Concellería de Medio Ambiente.

A empresa pública da EDAR de Bens acomete obras de reparación na planta

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 18/06/2018 - 00:35 / Etiquetas: concello da coruña, EDAR de Bens

 

A empresa pública EDAR de Bens levará a cabo traballos de reparación na estación entre os días 20 e 22 de xuño para “solucionar os problemas que arrastra dende a súa posta en funcionamento en 2012”, relacionados co sistema de apertura e peche da comporta do emisario submarino. “Esta actuación realizase na fase de expulsión da auga tratada, polo que non afecta en ningún momento ao funcionamento da planta, que seguirá neste período depurando a auga con normalidade”, indica a concelleira de Medio Ambiente, María García.

Páginas