Noticias locales de A Coruña

O Goberno local aprobará os orzamentos a vindeira semana na Xunta de Goberno para levalos axiña a Pleno ante a negativa do PSOE a acordar o proxecto, o que supón "o segundo erro dos socialistas coa Coruña nunha semana"

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 17/01/2019 - 17:07

O Goberno local levará os orzamentos a Pleno, para o que aprobará a vindeira semana o proxecto na Xunta do Goberno Local. O alcalde, Xulio Ferreiro, anunciou esta mañá que o Concello continuará a tramitación dos orzamentos despois de que o grupo socialista fixese pública a súa negativa a acordar a proposta co executivo municipal. "Para isto non facía falta agardar tres meses, nin pedir reunións nin máis documentación porque a decisión estaba tomada hai tempo e se lle fixo perder ao Concello e á cidade un tempo valioso", manifestou o primeiro edil.

Gadis estimula la creatividad e imaginación de los más pequeños con sus talleres infantiles gratuitos en los hiper de Oleiros y O Burgo

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 17/01/2019 - 17:05

Gadis retoma sus tradicionales talleres infantiles, completamente gratuitos, en los que desde este fin de semana las familias que acudan a los Gadis Hiper de Oleiros (“Los diverviernes”) y O Burgo (“Los sábados más divertidos”) encontrarán una variada propuesta de juegos y actividades orientadas al público infantil.

O Pleno volve demandar ao Goberno do Estado a condonación da débeda portuaria, o tren ao Porto Exterior de Punta Langosteira e a convocatoria inmediata da comisión de seguimentos dos convenios de 2004

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 15/01/2019 - 11:53

O Pleno municipal da Coruña incidiu este luns na reclamación ao Goberno central para que actúe fronte á situación dos terreos portuarios interiores da cidade a través dunha moción trasladada polo grupo que sustenta ao Goberno municipal e que tamén reclama a titularidade pública deste espazo e o seu uso para equipamentos dotacionais, espazos libres e públicos e usos produtivos.

O concelleiro de Culturas presenta a exposición 'Máis Nunca Máis', que recolle a creación artística e popular xurdida tras a catástrofe do 'Prestige' para “rehabilitar parte da nosa historia máis recente”

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 11/01/2019 - 08:55

A programación da iniciativa Máis Nunca Máis recolle a creación artística e popular xurdida tras a catástrofe do petroleiro Prestige nunha exposición que acollerá o espazo municipal de exposicións no Palexco dende o día 17 de xaneiro. Esta mostra, que conta coa colaboración do Concello e está impulsada polo colectivo Unha gran burla negra, estará acompañada tamén por unha serie de charlas e mesas redondas que comezan mañá venres coa conferencia do filósofo e investigador Amador Fernández-Savater no Paraninfo da Universidade.

O centro cívico dos Rosales acolle este sábado, 12 de xaneiro, o primeiro encontro ‘Dillo ti’ do ano entre o goberno local e a veciñanza

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 09/01/2019 - 16:26

O alcalde, Xulio Ferreiro, e membros do executivo local participarán o vindeiro sábado, 12 de xaneiro, a partir das 12.00 horas, nunha nova xuntanza Dillo ti, que terá lugar no centro cívico dos Rosales (Praza Elíptica, 1) e que será a primeira do ano. Esta canle de participación directa ten como obxectivo crear espazos nos que a cidadanía poida conversar, de xeito directo, co goberno local para trasladarlle as súas demandas e inquedanzas e recibir unha resposta inmediata dos responsables municipais.

Rexeneración Urbana tramita subvencións municipais para a rehabilitación de máis de 2.200 inmobles por valor de 2,4 millóns

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 09/01/2019 - 09:06

A Concellería de Rexeneración Urbana, dirixida por Xiao Varela, tramitou subvencións para a rehabilitación de vivendas por valor de algo máis de 2,4 millóns de euros a un total de 2.233 persoas beneficiarias, 1.997 propietarias de vivendas e 235 de locais de carácter comercial. O responsable municipal salientou que estas axudas enmárcanse dentro da liña de subvencións Coruña Rehabilita posta en marcha a finais do ano pasado polo seu departamento municipal e que estaba destinada a aportar fondos a particulares propietarios e propietarias tanto de vivendas como de locais comerciais.

O programa ‘A pé de barrio’ inicia esta semana a limpeza intensiva e o coidado do espazo público en O Castrillón, Oza, Monelos, Eirís, Pedralonga, As Xubias, Palavea e Río Quintas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 07/01/2019 - 14:46

Os traballos de limpeza intensiva e de coidado urbano da iniciativa municipal A pé de barrio chegan esta semana ao Distrito 6 da cidade, no que están programadas actuacións nos barrios do Castrillón, Oza, Monelos, Eirís, Pedralonga, As Xubias, Palavea e Río Quintas, que se acometerán ata o 14 de febreiro.

A concelleira de Facenda urxe ao PSOE a facer as súas propostas para os Orzamentos de 2019 e lémbralle que o grao de execución durante este mandato é superior ao do bipartito

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 04/01/2019 - 09:47

O goberno local vai pechar o exercicio 2018 cun grao de execución orzamentaria global por enriba do 81,33%, unha porcentaxe superior á media dos dous últimos mandatos, que foi do 75,8% entre 2007 e 2011, co PSOE e o BNG á fronte do executivo, e do 80,19% entre 2011 e 2015, mentres gobernou o PP con maioría absoluta.

A Xunta de goberno local aproba a modificación da ordenanza que permitirá ao Concello actuar sobre as pintadas vandálicas que afectan a espazos particulares de toda a cidade e que revisten interese público

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 03/01/2019 - 19:00

A Xunta de goberno local deste venres aprobará a modificación puntual da ordenanza de xestión de residuos municipais e limpeza viaria para posibilitar que o Concello poida actuar de forma subsidiaria na eliminación de pintadas vandálicas existente en espazos privados de toda a cidade que revistan un especial interese público e patrimonial.

O goberno local inicia os trámites precisos para a eliminación total do copago no servizo de axuda a domicilio, en todas as súas modalidades a para todos os tramos de renda

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 18/12/2018 - 20:19

O alcalde, Xulio Ferreiro, anunciou este martes, acompañado pola concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán, que o goberno local vén de iniciar os trámites pertinentes para a eliminación total do copago no servizo de axuda no fogar, nas súas tres modalidades (básica, dependencia e sociosanitaria) e para todos os tramos de renda. "As familias das persoas con dependencia teñen que soportar gastos adicionais para alcanzar un grao de cobertura suficiente das necesidades básicas.

A Concellería de Culturas celebra este venres o 70° aniversario do Teatro Colón con actividades que poñen en valor "un espazo emblemático da vida artística coruñesa

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 13/12/2018 - 12:36

O Concello da Coruña celebrará este venres, día 14, o 70° aniversario do Teatro Colóncunha programación especial na que fará un percorrido pola historia do recinto e proxectará unha das películas que se exhibiron durante o seu primeiro ano.

O Concello acorda con Volotea unha nova ruta aérea que conectará todo o ano A Coruña con Bilbao, “un voo estratéxico para a economía da cidade e da súa contorna

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 13/12/2018 - 12:35

O aeroporto de Alvedro conectará A Coruña con Bilbao dende o vindeiro mes de abril grazas a unha nova ruta que se suma á oferta na cidade e que estará operada pola compañía Volotea. O concelleiro de Emprego e Economía Social, que tamén é presidente do Consorcio de Turismo, Alberto Lema, salienta a relevancia "que ten para a cidade a recuperación dunha ruta con demanda e cun importante compoñente estratéxico para a economía da área da Coruña, así como a chegada dunha nova compañía, cunha importante presenza en cidades europeas relevantes, ao aeroporto de Alvedro".

O alcalde reclamará ao presidente da Xunta a tramitación urbanística da Intermodal pola vía de urxencia, “para que A Coruña reciba o mesmo trato que o resto de cidades e teña, canto antes, a infraestrutura que merece”

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 29/11/2018 - 19:44

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, manterá o vindeiro martes unha reunión en San Caetano co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, un encontro no que o rexedor trasladará a necesidade de que a tramitación urbanística para a aprobación do proxecto da estación de autobuses, competencia da Xunta, e dos accesos cuxo proxecto está a redactar o goberno municipal, se leven a cabo pola vía de urxencia, de acordo á lei 3/2016 de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, "un recurso que está en mans do goberno autonómico".

A Coruña, xunto a 12 concellos do Estado, reclama ao goberno central que "achegue decontado os recursos necesarios e urxentes para que os municipios poidan garantir unha acollida digna das persoas migrantes"

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 08/11/2018 - 18:35

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, solicitou esta mañá no Congreso que o executivo central achegue aos municipios os recursos necesarios para poder afrontar e garantir a xestión dunha acollida digna para as persoas migrantes, refuxiadas ou solicitantes de asilo, así como axustar os protocolos de recepción nos puntos de chegada. "As cidades xa somos acolledoras. Xa somos refuxio. Pero queremos facelo dun xeito axeitado e digno para as persoas que así o solicitan. Precisamos solucións reais, urxentes e inmediatas ante esta situación de emerxencia social", aseverou Fraga.

O Faro de Oza recibiu dende a súa apertura á cidadanía máis de 30 solicitudes de uso por parte da veciñanza da Coruña

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 08/11/2018 - 18:29

Un mes logo da súa apertura á veciñanza, o Faro de Oza recibiu 34 solicitudes para o seu uso. Á vista dos datos, a concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, destaca a boa acollida que está a ter a iniciativa posta en marcha polo goberno local para abrir á veciñanza, de forma gratuíta, espazos e equipamentos municipais que favorezan un maior uso por parte da cidadanía dos recursos públicos, os denominados TEU (Espazo Aberto de Uso Cidadán da Coruña).

Mobilidade destaca que o aumento da conectividade do bus urbano dende o Materno cara aos barrios da cidade “dá resposta a unha demanda histórica da veciñanza”

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 30/10/2018 - 10:25

O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, salientou a normalidade coa que discorre a primeira xornada de aplicación dos cambios introducidos nas liñas de transporte urbano 12, 12A e 17, que pasan a ter a súa cabeceira no Materno Infantil, de forma que o Concello amplía de forma notable a conectividade con este centro hospitalario.

O Concello destina 30.000 euros a impulsar o a formación e apoio ás pemes a través dun convenio coa Asociación de Jóvenes Empresarios

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 30/10/2018 - 10:24

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, asinou esta mañá un convenio coa Asociación de Jóvenes Empresarios de A Coruña (AJE) para a realización do programa de emprendemento empresarial Adiante!, unha iniciativa de formación sobre o autoemprego e que busca tamén dar ferramentas para estimular o crecemento e manter a actividade das pequenas e medianas empresas na cidade. Mediante esta subvención, de 29.973 euros, a asociación levará a cabo, ata final de ano, xornadas de divulgación e formación, así como titorías.

O alcalde advirte de que A Coruña necesita “compromisos concretos co bordo litoral”

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 26/10/2018 - 08:01

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, cualificou de "improdutiva en canto a resultados" a xuntanza que esta xornada mantivo en Madrid coa presidenta de Puertos del Estado, Ornella Chacón, na que tamén estivo presente o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela. O rexedor indicou que, se ben a reunión foi longa e se desenvolveu nun clima de cordialidade, non se rexistrou ningún "avance substancial" que derive en que se garanta tanto a titularidade como os usos públicos dos peiraos interiores da cidade que se vaian desafectando.

Páginas