Noticias locales de A Coruña

O Concello abre o prazo de inscrición da XV edición do Concurso de Tapas Picadillo

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 14/05/2018 - 14:33 / Etiquetas: concello da coruña, Tapas Picadillo

 

O Concello da Coruña vén de abrir o prazo de inscrición para os establecementos de hostalería que queiran participar na XV edición do Concurso de Tapas Picadillo, que este ano adiantará a súa celebración e terá lugar entre os días 1 e 16 de setembro. O certame, que pon en valor a calidade da gastronomía local e a aposta polo produto fresco dos mercados de proximidade, premia as mellores tapas elaboradas polos locais participantes a través da votación dun xurado e do público.

Medio Ambiente invita ao Leyma Básquet Coruña a dar o salto á economía circular a través da reciclaxe de envases

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 10/05/2018 - 14:28 / Etiquetas: leyma coruña, Xunta de Galicia

 

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, invitou ao Leyma Basquet Coruña a dar o salto á Economía circular a través da reciclaxe de envases domésticos e a recollida selectiva. Mato Otero celebrou esta mañá o compromiso que este equipo xogador da ACB vén de asumir, coa sinatura dun acordo de colaboración con Ecoembes, no que o obxectivo principal é fomentar a reciclaxe de envases domésticos en Galicia e máis concretamente, nas instalacións do club.

Páginas