Noticias locales de A Coruña

O Concello presenta no Salón de Gourmets 2018 de Madrid a primeira edición do Festival SAL

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 10/05/2018 - 00:59 / Etiquetas: concello da coruña, Festival SAL

 

O Concello da Coruña, a través do Consorcio de Turismo, presentou este mércores en Madrid, no marco do Salón de Gourmets 2018, o Festival SAL Sabores Atlánticos, que celebrará a súa primeira edición os vindeiros días 15,16 e 17 de xuño e que pretende “promocionar a cidade como referente do turismo gastronómico do noroeste peninsular”.

O Concello contribúe á realización de programas que fomentan a igualdade e a inclusión das diversidades

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 10/05/2018 - 00:52 / Etiquetas: concello da coruña, igualdad

O Concello da Coruña asinou este mércores un convenio de colaboración coa Fundación Emalcsa, entidade municipal sen ánimo de lucro, pola que se compromete a achegarlle 150.000 euros destinados a contribuír ao financiamento das actividades e programas postos en marcha para favorecer a xustiza social, a igualdade e a inclusión das diversidades.

O Concello acorda as condicións do préstamo para o financiamento de investimentos dos Orzamentos Municipais de 2018

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 08/05/2018 - 19:07 / Etiquetas: Concello A Coruña, concellería de facenda, eugenia vieito

A Xunta de Goberno local, reunida esta xornada en sesión extraordinaria, deu luz verde ao prego de condicións administrativas que rexerán o contrato de préstamo que o Concello ten previsto asinar para o financiamento de investimentos dos Orzamentos Municipais de 2018 por un importe de 7,9 millóns de euros.

A Coruña recupera a súa quinta bandeira azul nas praias da cidade

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 08/05/2018 - 16:42 / Etiquetas: Bandeiras azuis, xulio ferreiro, Concello A Coruña, Concellería de Medio Ambiente

O Concello da Coruña contará este verán con bandeiras azuis en todas as súas praias, tras recuperar o areal de Oza esta distinción, que perdeu no ano 2014 debido aos desfavorables resultados das analíticas realizadas ás súas augas. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, congratulouse esta xornada deste feito que, na súa opinión, “referenda o bo facer do goberno local no que atinxe ao coidado ambiental e do espazo público”.

Gadis pon en marcha un programa de accións que teñen como marco o Día das Letras Galegas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 08/05/2018 - 12:38 / Etiquetas: Gadis, día das letras galegas

Os Supermercados Gadis queren ratificar o seu compromiso coa cultura e, especialmente, coa difusión do galego mediante un programa de accións que toman como marco a celebración do Día das Letras Galegas. Neste 2018, Gadis rende homenaxe á autora conmemorada o vindeiro 17 de maio, María Vitoria Moreno, e introduce, como novidade, unha vertente solidaria mediante a redifusión dun libro de 'Os Bolechas', que poderán obter os clientes de Galicia de forma gratuita o 16 de maio ata fin de existencias.

“Rompe con los estereotipos” para acabar con la imagen sexista y retrógrada de la Enfermería

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 08/05/2018 - 12:24 / Etiquetas: Satse Galicia

El Sindicato de Enfermería, SATSE, lanza una nueva campaña de información y sensibilización para trasladar una imagen real y actual de las enfermeras y enfermeros que ayude a acabar, de una vez por todas, con falsos estereotipos sexistas y retrógrados sobre su imagen y labor que aún permanecen en nuestra sociedad.

Una APP para fomentar acogidas y adopción de animales

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 08/05/2018 - 11:33 / Etiquetas: Asociacion animalista Libera

En 2016 una propuesta de la Asociación Animalista Libera, votada por decenas de coruñesas y coruñeses, logró impulsar la primera APP para móviles con la posibilidad de buscar locales y establecimientos accesibles con animales 'de familia' a través de la primera convocatoria de los Orzamentos Participativos, y ahora los activistas quieren repetir el éxito con una nueva aplicación digital.

Mocións aprobadas no pleno

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 08/05/2018 - 09:05 / Etiquetas: concello da coruña, pleno coruña

O Pleno municipal aprobou este luns unha moción presentada polo grupo que sustenta o goberno local e que insta á Xunta de Galicia, o Ministerio de Fomento, a Autoridade Portuaria da Coruña e Puertos del Estado a deixar sen efecto o protocolo asinado o pasado 18 de abril e retomar “a proposta de diálogo e cooperación realizada polo Concello da Coruña para a constitución dun consorcio público” co que definir, da man da cidade, o futuro e os usos dos terreos portuarios que se irán desafectando nos próximos anos.

O Pleno municipal aproba por unanimidade unha declaración institucional de rexeitamento á sentenza de ‘La manada’

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 08/05/2018 - 08:53 / Etiquetas: pleno coruña, La Manada

O Pleno municipal deu luz verde este luns a unha declaración institucional presentada polo grupo de goberno pola que o Concello da Coruña amosa o seu rexeitamento público ante a sentenza da Audiencia Provincial de Navarra polo coñecido como caso de ‘La manada’, ao entender que esta “minimiza e infravalora os feitos ao non consideralos agresión sexual e ao non ter en consideración o agravante de realizarse os mesmos en grupo”.

A concelleira de Medio Ambiente participa na reunión da Mesa da Ría do Burgo

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 07/05/2018 - 18:29 / Etiquetas: Concellería de Medio Ambiente, maria garcia

A concelleira de Medio Ambiente, María García, participou esta mañá na reunión da Mesa da Ría do Burgo, para avaliar cos concellos de Culleredo e Oleiros, a Universidade da Coruña e a Confradía de Pescadores medidas de actuación ante a "paralización absoluta do plan de dragado da ría que mantén o Goberno do Estado". Así, as e os participantes acordaron solicitar unha reunión conxunta coa ministra de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente.

A Deputación convoca 40 bolsas para proxectos de investigación e de estudos artísticos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 07/05/2018 - 16:10 / Etiquetas: Deputación A Coruña, goretti sanmartin

Vinte bolsas para investigación en distintos ámbitos e outras vinte para o perfecionamento de estudos artísticos forman parte da oferta da área de Cultura da Deputación da Coruña que engade nesta nova convocatoria as destinadas a traballos sobre políticas culturais.

As Escolas Infantís reciben 773 solicitudes para novas incorporacións o vindeiro curso

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 07/05/2018 - 15:35 / Etiquetas: Concelleria de Xustiza Social, Concello A Coruña

A Concellería de Xustiza Social e Coidados recibiu 773 solicitudes de prazas para alumnos e alumnas de nova incorporación á Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), que oferta 402 vacantes o próximo curso, unha vez se pechou o prazo de renovación da matrícula para o alumnado actual.

O Concello presenta en Palavea o proxecto de recuperación ambiental do río Quintas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 07/05/2018 - 15:25 / Etiquetas: Concellería de Medio Ambiente, maria garcia, Concello A Coruña

A Concellería de Medio Ambiente organiza un encontro aberto o próximo venres para explicar á veciñanza de Palavea e Santa Gema o proxecto de acondicionamento e recuperación ambiental do río Quintas que porá en marcha o Goberno local e que incluirá traballos de limpeza do curso de auga e as súas marxes, así como a peonalización dunha senda na súa contorna.

A área de Emprego oferta novos cursos sobre redes sociais

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Dom, 06/05/2018 - 13:16 / Etiquetas: Concelleria de Emprego e Economía Social, obradoiros, Alberto Lema, Concello A Coruña

A Concellería de Emprego e Economía Social ofrece, para este mes de maio, a posibilidade de realizar obradoiros formativos sobre o uso das redes sociais. Os obradoiros, que se dirixen especialmente a persoas emprendedoras, novas empresas así como a todas aquelas persoas interesadas na materia, teñen como finalidade dar a coñecer os principais recursos dispoñibles para potenciar a visibilidade, presenza e reputación en liña, e para así poder acadar mellores resultados comerciais.

Páginas