Noticias locales de A Coruña

Os Museos Científicos outorgan a estudantes de Primaria e Secundaria o XIX Premio Luís Freire

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Sáb, 28/04/2018 - 17:09 / Etiquetas: Museos Científicos, Premio Luis Freire

Un proxecto para averiguar se os caracois de xardín poden seguir rastros de comida, e unha investigación para estudar a eficiencia da combinación do método de ensino clásico grego coas novas tecnoloxías obtiveron os primeiros premios nas dúas modalidades do XIX Premio Luís Freire de Investigación Científica na Escola, promovido polos Museos Científicos da Cidade.

O Foro ‘Tecendo Litoral’ remata este sábado coa participación de preto de 300 veciños e veciñas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Sáb, 28/04/2018 - 15:55 / Etiquetas: Concello A Coruña, xiao varela, claudia delso

O Foro ‘Tecendo Litoral’, espazo de participación e escoita activa no que se trata de definir, da man da cidadanía, o futuro e os posibles usos do bordo litoral da cidade, rematará esta xornada de sábado logo de que, segundo as previsións, acudisen ao redor de 300 veciños e veciñas, ademais dunha nutrida presenza de actores institucionais, sociais e económicos da cidade, á marxe dos 19 relatores e relatoras expertas que analizaron outras experiencias relativas aos aproveitamentos de fachadas marítimas no ámbito

A Xunta porá en marcha a 3ª fase do Plan de entrada de buses interurbanos ó centro da Coruña

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Sáb, 28/04/2018 - 12:53 / Etiquetas: Xunta de Galicia, autobuses interurbanos

A Xunta de Galicia pon en marcha este luns, día 30 de abril, a terceira fase do Plan de entrada dos autobuses interurbanos ao centro da Coruña. Deste xeito, os usuarios das 6 liñas procedentes de concellos do corredor centro poderán realizar xa paradas no núcleo da cidade e non só na estación de autobuses, reducindo os tempos de viaxe e sen necesidade de realizar transbordos para chegar ao seu destino.

O alcalde reitera que “o Concello non pode sumarse a ningunha operación sobre o futuro do bordo litoral da cidade que exclúa á cidadanía

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 26/04/2018 - 00:46 / Etiquetas: concello da coruña, Borde Litoral

O alcalde, Xulio Ferreiro, advertiu este mércores de que o Concello da Coruña “non pode sumarse a ningunha operación con respecto ao futuro do bordo litoral da cidade” que non pase por unha revisión e adaptación á realidade dos convenios de 2004, así como pola participación da cidadanía e á busca dunha solución global para os terreos que se vaian desafectando.

O Concello programa actividades de recoñecemento do colectivo LGTBQI

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Dom, 22/04/2018 - 15:02 / Etiquetas: Concellería de Igualdade e Diversidade, Concello A Coruña, rocio fraga

A Concellería de Igualdade e Diversidade programa, para os meses de abril e maio, novas actividades de sensibilización e recoñecemento do coletivo LGTBQI. O Espazo Municipal das Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero, situado no centro cívico da Cidade Vella, ofrece desde mañá, luns 23, proxeccións, parladoiros e obradoiros abertos á cidadanía “coa finalidade de afondar na visibilidade das diversidades afectivo sexuais”, explica a concelleira Rocío Fraga.

A Deputación abre no Pazo de Mariñán un debate sobre a cultura como dereito

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Dom, 22/04/2018 - 14:49 / Etiquetas: goretti sanmartin, Deputación A Coruña

“Cultura e Sociedade en Galiza: Iniciativas e Experiencias” é o título da primeira xornada do programa “A Cultura é un Dereito” que a área de Cultura da Deputación da Coruña bota a andar o vindeiro mércores día 25 no Pazo de Mariñán. Organizada en Colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, o encontro achegará distintas experiencias no ámbito da cultura e debaterá arredor da súa condición de dereito para toda a poboación.

La Fundación Sonrisas de Bombay celebrará un cocktail solidario con música en vivo

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Sáb, 21/04/2018 - 19:06 / Etiquetas: Fundación sonrisas de bombay, cocktail solidario

La Fundación Sonrisas de Bombay, de la mano de su grupo voluntario en Galicia, celebrará mañana un cocktail en el que los asistentes podrán disfrutar, aparte de la comida, también de magia y música en vivo. Todo será con un fin solidario, ya que los fondos recaudados se destinarán al proyecto ‘Educación preescolar’ que la Fundación lleva a cabo en Bombay.

O Concello rexeita a blindaxe dos convenios urbanísticos de 2004

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Sáb, 21/04/2018 - 16:45 / Etiquetas: concello da coruña, Xunta de Galicia, Ministerio de Fomento, Puertos del Estado

O goberno municipal da Coruña pronunciouse hoxe totalmente en contra da oferta pactada pola Xunta de Galicia, Puertos del Estado e o Ministerio de Fomento para blindar os convenios urbanísiticos de 2004 e salvar así, según eles, a operación especulativa nos peiraos de San Diego, "argallada de costas á cidade, ás súas institucións e a súa xente".

Páginas