Noticias locales de A Coruña

O Pleno avala a moción do grupo de goberno que solicita a condonación da débeda da Autoridade Portuaria

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 11/09/2018 - 09:18 / Etiquetas: concello da coruña

O Pleno municipal aprobou este luns a moción presentada polo grupo que sustenta ao goberno local, que insta ao executivo estatal a condonar o préstamo concedido á Autoridade Portuaria a través de Puertos del Estado para o financiamento das obras de Punta Langosteira, acordando para iso as medidas normativas e orzamentarias que sexan necesarias no vindeiro exercicio, ou ben a conceder unha axuda equivalente.

O grupo de goberno levará ao Pleno unha moción que reclama á Xunta que dote ao Punto de Atención Continuada da cidade de persoal suficiente para ofrecer un servizo de calidade

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 10/09/2018 - 09:44 / Etiquetas: Concello A Coruña

O grupo que sustenta o goberno local trasladará ao Pleno municipal de hoxe unha moción que busca o acordo dos partidos para instar á Xunta de Galicia a manter nos Puntos de Atención Continuada (PAC) persoal suficiente para garantir o correcto desenvolvemento do servizo e unha atención sanitaria de calidade. A moción traslada tamén aos e ás traballadoras dos PAC o apoio da Corporación municipal da Coruña e rexeita a "política de recortes sanitarios que está a levar a cabo a Xunta de Galicia".

O Concello acomete a renovación do pavimento na avenida de Navarra

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 05/09/2018 - 08:07 / Etiquetas: concello da coruña

A Concellería de Rexeneración Urbana acomete esta semana a mellora das condicións para a circulación de vehículos na avenida de Navarra. A actuación consiste no fresado de cinco centímetros de pavimentación actual e a reposición da capa de rodadura cun novo asfaltado, "unha obra que vén a facilitar e mellorar as condicións da condución e a incrementar a seguridade da vía", como sinala o edil Xiao Varela. "Estes traballos de repavimentación veñen a continuar a mellora que iniciamos este inverno na vía, cando actuamos para reparar os pasos peonís da rúa.

O alcalde indica que "logo de tres anos difíciles, estamos máis preto ca nunca de impulsar un proxecto sostible para a recuperación dos terreos portuarios"

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 04/09/2018 - 09:38 / Etiquetas: concello da coruña

O alcalde, Xulio Ferreiro, manifestou onte ante os medios de comunicación que, "logo de tres anos moi difíciles, A Coruña está máis preto ca nunca de impulsar un proxecto sostible para a recuperación dos terreos portuarios".

O Concello recorda que a súa prioridade é manter a seguridade da afección que acuda a Riazor mentres continúan as obras

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 04/09/2018 - 09:32 / Etiquetas: concello da coruña

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, confirmou este martes a boa marcha das obras que o Concello acomete no estadio municipal de Riazor, que teñen como obxectivo a reforma e conservación da cuberta e as estruturas metálicas dun equipamento que recibe, cada dúas semanas, a miles de veciños e veciñas desta cidade.

O espazo de dinamización xuvenil da Sagrada Familia inicia o seu segundo curso con actividades

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 04/09/2018 - 09:12 / Etiquetas: concello da coruña

O punto de encontro para a mocidade da Sagrada Familia que impulsa a Concellería de Participación e Innovación Democrática comeza o mes de setembro cunha nova programación de actividades "decididas de maneira conxunta polas mozas e polos mozos do barrio que fan uso do espazo". A edil Claudia Delso salienta os bos resultados que está a colleitar este proxecto piloto de dinamización xuvenil, que comeza este curso a súa segunda edición tras un ano "no que se converteu nunha alternativa real de lecer no barrio".

A Concellería de Participación convoca unha nova xuntanza do Co-Lab para definir de maneira colectiva as súas liñas de traballo para o próximo curso

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 03/09/2018 - 00:25 / Etiquetas: concello da coruña

A Concellería de Participación e Innovación Democrática organiza un encontro para o sábado 8 de setembro aberto a todas as persoas interesadas en participar, colaborar ou propoñer accións para a seguinte fase do Co-Lab, que comezará nos próximos meses. A xuntanza, que está convocada para as 11.00 horas do día 8 no Espazo de Iniciativas Xuvenís (EIX) da rúa Matadoiro, busca definir de maneira colectiva os retos e liñas de traballo para os proxectos que abordará o Co-Lab na súa próxima edición.

O Concello reforza o seu compromiso coa atención do colectivo LGTBQI

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 03/09/2018 - 00:22 / Etiquetas: concello da coruña

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, saudou a inminente apertura do proceso de licitación, por trámite de urxencia, da xestión do Espazo Diverso, servizo localizado no Centro Cívico da Cidade Vella, impulsado polo actual goberno local, e que busca dar ferramentas para a inclusión e o fomento das liberdades e dereitos do colectivo LGTBQI. A responsable municipal indicou que a intención do executivo é "poder retomar cantes antes a actividade que se desenvolve neste espazo de forma mellorada e incrementada".

O Concello abre hoxe o prazo de preinscrición para o programa de actividades socioculturais nos centros cívicos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 03/09/2018 - 00:17 / Etiquetas: concello da coruña

A Concellería de Xustiza Social e Coidados inicia hoxe o período para inscribirse nas actividades socioculturais que se imparten ata final de ano nos centros cívicos da cidade e que incorporan, nesta segunda convocatoria do ano, dous novos obradoiros. O prazo para preinscribirse nas actividades está aberto os días 3, 4 e 5, nos que será preciso presentar no centro cívico no que se desexe realizar o obradoiro o modelo oficial de solicitude debidamente cumprimentado.

O Concello pon en marcha a fase de votación dos Orzamentos Participativos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 31/08/2018 - 00:43 / Etiquetas: concello da coruña

O programa de orzamentos participativos da Coruña aborda a súa fase final, anterior á inclusión dos proxectos propostos e votados pola veciñanza nos presupostos municipais do vindeiro ano. Dende o 30 de agosto, e até as 00.00 horas do 17 de setembro, permanecerá aberto o prazo para que a cidadanía empadroada no municipio e maior de 16 anos poida votar e escoller entre as 111 propostas que pasaron a esta fase, logo de recabar os apoios necesarios da veciñanza e superar a avaliación técnica. Deste total, 44 propostas son de cidade, e 67 correspóndese a proxectos de distrito.

A Concellería de Xustiza Social realizou obras de mellora e mantemento en 21 centros escolares do cidade

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 31/08/2018 - 00:40 / Etiquetas: concello da coruña

A Concellería de Xustiza Social e Coidados acometeu durante o período estival arranxos e obras de mantemento en 21 centros escolares da cidade, "que comezarán o curso en boas condicións". "Como este Goberno local leva demostrando dende o comezo do mandato, é a nosa vontade investir nos centros escolares do municipio para garantir que a educación pública conte cunhas instalacións de calidade que permitan as nenas e aos nenos desenvolver a súa actividade e recibir a súa formación nun espazo adecuado", afirma a responsable do departamento, Silvia Cameán.

A Concellería de Emprego impulsa unha nova edición de Mercadillos Urbanos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 31/08/2018 - 00:27 / Etiquetas: concello da coruña

A Concellería de Emprego e Economía Social retoma os Mercadillos Urbanos para a dinamización de zonas comerciais nos barrios. Unha iniciativa deseñada "para achegar o pequeno comercio tradicional á clientela", como a define o responsable do departamento, Alberto Lema. O primeiro deles celebrarase esta fin de semana, de 12.00 a 20.00 horas, na praza da Constitución, onde están programadas varias actividades complementarias para axudar na dinamización do espazo. O sábado ás 18.00 horas terá lugar un espectáculo de maxia, mentres que o domingo, á mesma hora, haberá música ao vivo.

O Concello afonda no seu compromiso coa loita contra as violencias machistas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 30/08/2018 - 00:03 / Etiquetas: concello da coruña

O Concello da Coruña continúa a afondar no seu compromiso contra as violencias machistas, motivo polo que impulsará novas vías de colaboración con outras institucións, nomeadamente, neste caso, coa estatal. A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo coa subdelegada do goberno na Coruña, Pilar López-Riobóo, na que se chegaron a unha serie de compromisos para favorecer a coordinación de liñas de actuación tanto en materia tanto de loita contra as violencias, como no referido á protección das vítimas.

Máis de 70 establecementos participan nunha nova edición do Concurso de Tapas Picadillo

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 30/08/2018 - 00:00 / Etiquetas: concello da coruña

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema,  presentou este mércores a XV edición do Concurso de Tapas Picadillo, que comezará o próximo sábado, día 1, e se prolongará até o día 16 deste mesmo mes a través dos 71 establecementos participantes. Nunha das grandes citas gastronómicas da cidade, presentaranse a concurso un total de 91 tapas elaboradas de xeito artesanal.

O concelleiro de Culturas salienta “a boa resposta da cidadanía a unhas festas de María Pita fortemente feminizadas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 28/08/2018 - 00:08 / Etiquetas: concello da coruña

O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, quixo destacar este luns a boa resposta amosada pola cidadanía ante as Festas de María Pita 2018, que remataron esta fin de semana coa tradicional Romaría de Santa Margarita, que este ano contou con actividades na rúa durante toda a semana nas que se convidou á cidadanía a participar en distintos talleres de baile, música ou coñecemento de instrumentos, entre outros.

Páginas