Noticias locales de A Coruña

O Concello rexeita a instalación da planta de residuos industriais en Santa Icía polo seu impacto negativo na contorna

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 23/08/2018 - 08:11 / Etiquetas: concello da coruña

O Goberno local remitiu á Xunta de Galicia un informe de avaliación de impacto ambiental que rexeita a localización dunha planta de valorización e tratamento de residuos industriais en Teixoeira-Santa Icía, no concello de Arteixo, unha localización situada a menos dun quilómetro dos núcleos de Novo Mesoiro, Feáns e as urbanizacións Breogán e Obradoiro. As alegacións da Concellería de Medio Ambiente sosteñen que a actividade desta planta xunto a unha zona densamente poboada suporía que "o impacto da actividade afecte directamente" aos 10.000 habitantes dos núcleos máis próximos.

O goberno local amosa a súa satisfacción polo resultado do proceso realizado polo Concello para o arrendamento do antigo Hotel Atlántico e a subrogación dos postos de traballo

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 23/08/2018 - 08:07 / Etiquetas: concello da coruña

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, amosou este mércores a súa satisfacción, así como a do resto do equipo de goberno, polo resultado do procedemento realizado polo executivo municipal que derivou no arrendamento do inmoble do antigo Hotel Atlántico por parte dun grupo hoteleiro que aportará ás arcas municipais máis de 1,5 millóns de euros ao ano pola súa explotación, na vez dos 2.500 euros que estaba a percibir neste momento.

A Concellería de Culturas outorga subvencións a 27 propostas de creadores e creadoras da cidade dentro do programa Grupo Xerminal

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 22/08/2018 - 10:26 / Etiquetas: concello da coruña

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento resolveu a concesión das subvencións do Plan de Apoio á Creatividade Grupo Xerminal, unha das liñas de apoio ao tecido cultural local da cidade postas en marcha polo goberno local e que, neste caso, busca dar soporte ás iniciativas do eido das artes escénicas, a música, o libro, o audiovisual, así como calquera outro tipo de manifestación artística.

As obras de accesibilidade do distrito dos Mallos cumpren un mes con actuacións nunha trintena de pasos de peóns

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 22/08/2018 - 10:23 / Etiquetas: concello da coruña

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, destacou este martes a boa marcha das actuacións de mellora de accesibilidade que o goberno local está a desenvolver no distrito dos Mallos dentro dun ambicioso proxecto de 10 meses de execución e un orzamento de máis de 537.000 euros. O responsable municipal manifestou que, en menos de catro semanas, a administración local realizou xa obras de calado na mellora da accesibilidade e na seguridade da zona, entre as que destacan intervención en preto dunha trintena de pasos de peóns.

O Concello pon o broche a unas festas de María Pita “marcadas pola innovación e a tradición” coa Romaría de Santa Margarita

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 21/08/2018 - 08:23 / Etiquetas: concello da coruña

O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, presentou este luns as actividades comprendidas dentro da Romaría de Santa Margarita, evento co que tradicionalmente se pechan as festas de María Pita e que terá lugar durante as xornadas do sábado e o domingo neste emblemático espazo da cidade.

O programa Apego comeza o curso o 1 de setembro no Centro Ágora cunha festa para familias

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 20/08/2018 - 00:10 / Etiquetas: concello da coruña, Apego

O servizo municipal de Normalización Lingüística celebra o vindeiro 1 de setembro a Festa do Apego, unha actividade dirixida tanto ás familias que forman parte deste programa como para outras que queiran sumarse a esta iniciativa de fomento da transmisión do galego. A celebración, que se desenvolverá de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas no Centro Ágora, contará con actuacións de teatro e obradoiros de música e danza.

O Concello acomete a mellora e renovación da senda peonil entre a Falperra e a Ronda de Nelle

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 20/08/2018 - 00:03 / Etiquetas: Concello da Coruña Regata Bandeira

O Concello comezará a acometer esta semana obras de mellora e ampliación da senda peonil que comunica A Falperra (concretamente, dende o antigo lavadoiro) coa rolda de Nelle. Segundo destacou o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, "trátase dunha actuación cun orzamento axustado, de algo máis de 36.000 euros, pero co que damos resposta a unha vella demanda da cidadanía, que foi solicitada, de feito, dentro do programa de Orzamentos Participativos".

Culturas presenta a nova edición do Festival Manicómicos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 10/08/2018 - 00:56 / Etiquetas: concello da coruña

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou este xoves no Pazo de María Pita o cartel e a programación do XVIII Festival Manicómicos, iniciativa de artes escénicas dirixida a todos os públicos e que se desenvolverá do 15 ao 19 de agosto en dez localizacións diferentes do termo municipal. Tal e como apuntou o edil, o festival, impulsado pola Asociación Cultural Manicómicos, "cumpre este ano a maioría de idade dando conta como proposta asentada no programa cultural e de lecer da cidade".

O goberno local mellora e amplía os servizos da Escola Intercultural

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 09/08/2018 - 09:22 / Etiquetas: concello da coruña

A Xunta de goberno local deste venres dará luz verde ao procedemento aberto que derivará no novo contrato polo que se xestionará a Escola Intercultural, un servizo municipal que ten como obxectivo desenvolver actividades de dinamización socioeducativa, así como fomentar a adquisición de competencias sociais, culturais e lingüísticas entre a poboación migrante da Coruña. A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, manifesta que esta acción "entronca con todas as políticas postas en marcha polo goberno local para transformar A Coruña na Cidade Acolledora que é".

A EDAR de Bens ultima a posta a punto da Unidade Mixta de Gas Renovable

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 08/08/2018 - 00:45 / Etiquetas: concello da coruña

A concelleira de Medio Ambiente, María García, avanzou este martes que en poucas semanas para que "A Coruña poderá converterse en referente en canto a sistemas de aproveitamento enerxético, ao entrar en funcionamento a Unidade Mixta de Gas Renovable prevista na EDAR de Bens". En concreto, estes días ultímase a posta en marcha da mesma, o que permitirá a conversión en biometano do biogás que se xera nos procesos de depuración da planta e é desbotado.

O Concello mellora as condicións de accesibilidade e seguridade do CEIP Rosalía de Castro

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 08/08/2018 - 00:06 / Etiquetas: concello da coruña

O Concello da Coruña acomete unha mellora significativa das condicións de accesibilidade e seguridade da comunidade escolar do CEIP Rosalía de Castro, coa renovación e ampliación das beirarrúas e pasos peonís da súa contorna, unha obra que se está a acometer dende o pasado mes de xullo e que conta cun orzamento de 197.000 euros. A previsión da Concellería de Rexeneración Urbana é que a intervención --que se completa ademais coa mellora do cruce da avenida de Arteixo, cara as rúas Noia e Vizcaya-- remate contra a segunda metade de setembro.

O Festival Noroeste disporá esta fin de semana de 6.000 ecovasos na praia e no Paseo das Pontes

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 08/08/2018 - 00:02 / Etiquetas: concello da coruña

O Noroeste Estrella Galicia contará nesta 32 edición con 6.000 ecovasos que serán repartidos por Ecovidrio nos concertos que se celebrarán na praia de Riazor e no parque do Paseo das Pontes. O obxectivo desta acción é o de axudar á cidadanía a gozar dunhas festas máis sostibles e responsables, así como para manter limpos espazos especialmente significativos na cidade como os areais e os espazos verdes urbanos. Así, a partir do venres, a entidade sen ánimo de lucro que xestiona a reciclaxe dos residuos de envases de vidro volverá distribuír estes envases.

Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 07/08/2018 - 08:38 / Etiquetas: concello da coruña

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, inaugurou este luns no Kiosco Alfonso a 21ª edición do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, unha proposta “que xera, arredor da cidade, un universo gráfico, orixinal e alentador”, segundo sinalou o rexedor, e que se desenvolve desde hoxe e até o domino 12 en distintas localizacións da cidade. “Viñetas é como esta cidade: aberta, de vangarda, creadora.

A Xunta de goberno local dá luz verde ao prego que rexerá o concurso de ideas que profundará no debate sobre o futuro do bordo litoral

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 06/08/2018 - 16:21 / Etiquetas: concello da coruña

A Xunta de goberno local deu luz verde na reunión extraordinaria deste luns ao prego que rexerá as bases do concurso de ideas que o Concello sacará adiante co obxectivo de afondar no debate cidadán sobre o futuro da fachada atlántica da cidade, dende o Dique de Abrigo até o peirao de Oza.

El PSOE asegura que la práctica totalidad de las grúas del depósito municipal de vehículos carecen de tarjeta de transporte

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 06/08/2018 - 14:10 / Etiquetas: psoe, Grúas

Según los datos que ha conocido el Grupo Municipal Socialista, la práctica totalidad de las grúas (6 de 8) dedicadas a la retirada de los vehículos que se llevan al Depósito Municipal carecen de la preceptiva tarjeta de transporte, que sería obligatoria al tratarse de un servicio público.

O Concello inicia esta semana a remodelación do acceso ao Parque de Santa Margarita pola rúa Palomar

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 06/08/2018 - 10:13 / Etiquetas: concello da coruña

A Concellería de Rexeneración Urbana comezará esta semana as obras de remodelación da entrada do Parque de Santa Margarita situada na confluencia da rúa Palomar e avenida de Fisterra, unha actuación que permitirá abrir o espazo verde, crear unha área de transición entre o parque e o seu entorno e mellorar a accesibilidade.

O Concello vertebrará a rede de carril bici en construción coa creación dunha glorieta no cruce entre Ramón e Cajal e Alcalde Pérez Ardá

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 03/08/2018 - 09:27 / Etiquetas: concello da coruña

​O Concello comezará a reurbanización da rúa Ramón y Cajal coa creación dun nó viario na súa confluencia con Salgado Torres, que servirá para axilizar o tráfico viario, mellorar os itinerarios de tránsito peonil e tamén como punto de vertebración para os diferentes tramos de carril bici que se van a executar neste mandato.

O alcalde homenaxea “o impulso, o dinamismo e o compromiso” da cidadanía coruñesa durante a apertura das Festas de María Pita

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 02/08/2018 - 09:34 / Etiquetas: concello da coruña, maría pita

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou esta pasada noite no acto inaugural das Festas de María Pita 2018, celebrado no Pazo de María Pita, no que a pregoeira, a compositora, cantante e instrumentista Mercedes Peón deu inicio a un mes de actividades festivas e culturais na cidade. Ferreiro homenaxeou, no discurso de presentación da pregoeira, o papel que teñen os veciños e as veciñas na conformación da cidade, "un espazo urbano en permanente construción e cambio e tan camaleónica como a súa veciñanza queira que sexa".

O Concello acondicionará o contorno do Aquarium Finisterrae

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 02/08/2018 - 00:55 / Etiquetas: concello da coruña, Aquarium

​O Goberno local levará a cabo o acondicionamento do entorno do Aquarium Finisterrae, no que se realizarán obras de mellora de accesibilidade, urbanización e integración na paisaxe. O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, indica que esta actuación “está pensada para proporcionar uns mellores accesos ao museo científico, cunha nova mobilidade no seu entorno que estea pensados para todos e todas, e tamén unha experiencia máis completa grazas ao acondicionamento de áreas de esparexemento no seu exterior”.

Páginas