Noticias locales de A Coruña

El PSOE asegura que la práctica totalidad de las grúas del depósito municipal de vehículos carecen de tarjeta de transporte

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 06/08/2018 - 14:10 / Etiquetas: psoe, Grúas

Según los datos que ha conocido el Grupo Municipal Socialista, la práctica totalidad de las grúas (6 de 8) dedicadas a la retirada de los vehículos que se llevan al Depósito Municipal carecen de la preceptiva tarjeta de transporte, que sería obligatoria al tratarse de un servicio público.

O Concello inicia esta semana a remodelación do acceso ao Parque de Santa Margarita pola rúa Palomar

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 06/08/2018 - 10:13 / Etiquetas: concello da coruña

A Concellería de Rexeneración Urbana comezará esta semana as obras de remodelación da entrada do Parque de Santa Margarita situada na confluencia da rúa Palomar e avenida de Fisterra, unha actuación que permitirá abrir o espazo verde, crear unha área de transición entre o parque e o seu entorno e mellorar a accesibilidade.

O Concello vertebrará a rede de carril bici en construción coa creación dunha glorieta no cruce entre Ramón e Cajal e Alcalde Pérez Ardá

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 03/08/2018 - 09:27 / Etiquetas: concello da coruña

​O Concello comezará a reurbanización da rúa Ramón y Cajal coa creación dun nó viario na súa confluencia con Salgado Torres, que servirá para axilizar o tráfico viario, mellorar os itinerarios de tránsito peonil e tamén como punto de vertebración para os diferentes tramos de carril bici que se van a executar neste mandato.

O alcalde homenaxea “o impulso, o dinamismo e o compromiso” da cidadanía coruñesa durante a apertura das Festas de María Pita

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 02/08/2018 - 09:34 / Etiquetas: concello da coruña, maría pita

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou esta pasada noite no acto inaugural das Festas de María Pita 2018, celebrado no Pazo de María Pita, no que a pregoeira, a compositora, cantante e instrumentista Mercedes Peón deu inicio a un mes de actividades festivas e culturais na cidade. Ferreiro homenaxeou, no discurso de presentación da pregoeira, o papel que teñen os veciños e as veciñas na conformación da cidade, "un espazo urbano en permanente construción e cambio e tan camaleónica como a súa veciñanza queira que sexa".

O Concello acondicionará o contorno do Aquarium Finisterrae

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 02/08/2018 - 00:55 / Etiquetas: concello da coruña, Aquarium

​O Goberno local levará a cabo o acondicionamento do entorno do Aquarium Finisterrae, no que se realizarán obras de mellora de accesibilidade, urbanización e integración na paisaxe. O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, indica que esta actuación “está pensada para proporcionar uns mellores accesos ao museo científico, cunha nova mobilidade no seu entorno que estea pensados para todos e todas, e tamén unha experiencia máis completa grazas ao acondicionamento de áreas de esparexemento no seu exterior”.

Arranca a Feria do Libro

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 02/08/2018 - 00:07 / Etiquetas: concello da coruña, Feria do Libro

O alcalde, Xulio Ferreiro, participou este mércores no acto inaugural da 47ª edición da Feira do Libro, que se celebra nos xardíns de Méndez Núñez. O rexedor coruñés salientou a grande actividade que existe na cidade arredor do libro, “derivada da gran tradición no eido da promoción da lectura”, e que o alcalde vinculou, entre outras, á existencia dunha rede de bibliotecas públicas “que son espazo de referencia nos barrios, cunha clara vocación comunitaria”.

O servizo de socorrismo atendeu 268 incidencias dende o comezo da tempada de praias

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 01/08/2018 - 14:32 / Etiquetas: concello da coruña

​As praias da cidade rexistraron un total de 268 incidencias dente o 15 de xuño, data de inicio da tempada de verán. A concelleira de Igualdade e Diversidade, que ten atribuídas as competencias en Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, indica que a maioría das atencións proporcionadas polo servizo de Socorrismo e Salvamento son de carácter leve e menos das rexistradas no mesmo período do pasado ano, cando se contaron 295, “debido, probablemente, a que os días de sol foron menos en 2018”.

O Concello conclúe as obras de urbanización do Parque Ofimático que permitirán dar as licenzas de primeira ocupación

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 31/07/2018 - 14:45 / Etiquetas: concello da coruña, Ofimático

​O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, supervisou esta mañá o remate das obras de urbanización do sector 10 do Parque Ofimático, que conclúen no día de hoxe en cumprimento da folla de ruta marcada no mes de abril. “Os traballos municipais no sector estaban practicamente finalizados, a falta da desmontaxe das torretas do tendido eléctrico e, unha vez que a compañía eléctrica as retirou, puidemos abordar a reurbanización do terreo no que se asentaban.

O Concello establece un dispositivo especial de transporte urbano nocturno co gallo dos concertos na praza de María Pita e do Festival Noroeste

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 31/07/2018 - 14:17 / Etiquetas: concello da coruña

​O Concello da Coruña porá desde mañá, mércores 1 de agosto, un dispositivo especial de transporte público urbano co gallo das Festas de María Pita 2018. O obxectivo da proposta é favorecer o acceso e a participación da veciñanza nos festexos, así como fomentar a mobilidade sostible no transcurso dos mesmos, especialmente durante a celebración dos concertos nocturnos do ciclo As Noites de María Pita, o Festival Noroeste Estrella Galicia e a tradicional Batalla Naval.

Un total de 218 persoas fixeron o Camiño Inglés desde A Coruña no primeiro semestre do ano

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 31/07/2018 - 14:06 / Etiquetas: Concello A Coruña, Camino Inglés

​Un total de 218 persoas fixeron o Camiño Inglés desde A Coruña ata Santiago de Compostela nos primeiros seis meses do ano, segundo os datos solicitados polo Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña á Oficina do Peregrino. Tal e como sinala o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, presidente tamén do ente turístico da Coruña, no ano 2017 expedíronse 120 Compostelas, polo que “o incremento é interesante e demostra que o plan de actuacións que se está a levar a cabo para a promoción do Camiño desde Turismo da Coruña vai dando os seus froitos”.

O Consorcio de Turismo aproba o seu orzamento para este exercicio, no que se dedicarán 671.000 euros ao desenvolvemento do Plan Estratéxico

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 31/07/2018 - 08:35 / Etiquetas: concello da coruña

​A Xunta de goberno do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña aprobou esta mañá todos os asuntos tratados na súa reunión ordinaria, sendo o máis relevante deles a aprobación inicial do orzamento do ente para 2018, e que ascende aos 3.450.000 euros, o que supón un aumento respecto o exercicio anterior do 2,3%. Destes presupostos, destinaranse un total de 671.000 euros para a aplicación do Plan Estratéxico de Turismo (PET).

O concurso sobre o futuro do bordo litoral abrirá a principios de 2019 a fase de votación cidadá

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 31/07/2018 - 00:11 / Etiquetas: concello da coruña

​A concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, e o edil de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, presentaron este luns as conclusións do foro Tecendo Litoral sobre o futuro dos terreos portuarios da cidade, así como a fase de participación cidadá coa que concluirá o concurso de ideas sobre os seus posibles usos e que está deseñada “para enriquecer os proxectos seleccionados e para dar continuidade ao debate cidadán sobre o futuro do bordo litoral”.

El PP traslada a la fiscalía las supuestas irregularidades en la entrega de la prisión al Proxecto Cárcere

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 30/07/2018 - 13:26 / Etiquetas: PP Coruña

El Grupo municipal Popular ha puesto hoy en conocimiento de la Fiscalía las numerosas y continuas irregularidades cometidas por el Gobierno local en el proceso de adjudicación de la antigua prisión.

La portavoz municipal de los populares coruñeses, Rosa Gallego, explicó hoy en rueda de prensa que son muchas las ilegalidades que se han dado en este procedimiento. Una tramitación que el Ejecutivo de Ferreiro inició en 2017 y que ha terminado con la entrega de llaves de un edificio público a un grupo de amigos del gobierno de la Marea.

Un total de 14 proxectos reciben subvencións municipais dentro do programa ‘Cultura de Barrio’

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Dom, 29/07/2018 - 12:15 / Etiquetas: concello da coruña

​Un total de 14 proxectos socioculturais presentados por asociacións e colectivos da cidade obtiveron unha subvención, dentro da convocatoria Cultura de Barrio que impulsa a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento e que dedica 100.000 euros para contribuír a descentralizar e aumentar a programación cultural e as accións de ámbito sociocomunitario nos barrios. “Trátase de proxectos derivados da sociedade civil, nos que colectivos culturais ou artísticos e entidades tradicionais, sociais e veciñais ofrecen versatilidade e calidade.

O alcalde pon en valor o novo modelo descentralizado dos servizos sociais

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Dom, 29/07/2018 - 00:13 / Etiquetas: concello da coruña

​O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, deu conta este sábado da descentralización dos servizos sociais que o Concello iniciará o vindeiro 17 de setembro, e que suporá que os centros cívicos de San Diego, Labañou, Os Mallos, Monte Alto e Elviña pasarán a contar con equipos de atención social, “un novo modelo de proximidade que supón, non só que os veciños e as veciñas teñan máis cerca o centro ao que acudir, senón que ademais terán equipos completos, que creo que é un feito diferencial respecto do modelo actual”.

El PSOE insta al Gobierno Municipal a informar a la oposición sobre el estudio de transporte metropolitano

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 26/07/2018 - 19:17 / Etiquetas: concello da coruña

 

La pasada semana el Gobierno Municipal de A Coruña informaba a todos los alcaldes del área metropolitana del estudio sobre transporte metropolitano que fue encargado a una empresa especializada. Pero la oposición en el Ayuntamiento de A Coruña desconoce por completo el documento, algo que para los socialistas es inaudito.

Páginas