Noticias locales de A Coruña

O goberno local incorpora o CEIP Raquel Camacho ao programa ‘Aberto ao barrio’

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 26/07/2018 - 11:45 / Etiquetas: concello da coruña

 

O programa municipal Aberto ao barrio , que supón a apertura dos patios dos centros educativos á veciñanza durante os meses de xullo e agosto, suma unha nova incorporación. Así, o CEIP Raquel Camacho, situado na Agra do Orzán, abre desde esta semana as súas instalacións exteriores á cidadanía todas as tardes, entre as 18.00 e as 21.00 horas, tal e como están a facer, desde o pasado 14 de xullo, o Manuel Murguía, Alborada, Sanjurjo de Carricarte ou o Juan Fernández Latorre.

Inauguración da Feira das Marabillas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 24/07/2018 - 20:35 / Etiquetas: concello da coruña

 

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou esta mañá na inauguración da XXIV Feira das Marabillas, que se celebrará até o 29 de xullo na Cidade Vella. Tal e como apuntou o rexedor, este evento “marca, ao igual que a Feira das Artes Plásticas ou o Street Stunts, o pistoletazo de saída á tempada grande de festexos na Coruña, o que indica claramente que a actividade é continúa na cidade durante todo o verán”.

O Concello aproba este xoves iniciar a licitación do servizo de recollida de residuos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 24/07/2018 - 13:16 / Etiquetas: concello da coruña, Residuos

O Goberno local prevé aprobar este xoves a licitación do servizo de contenerización, recollida e transporte de residuos urbanos da cidade, un contrato que foi sometido a un proceso pioneiro de consulta pública que permitiu incluír máis dun centenar de achegas da cidadanía e que se basea nas novas directrices de economía circular da Unión Europea. A Xunta do Goberno local autorizará, nunha reunión extraordinaria, o procedemento para a contratación do servizo en dous lotes, un para a xestión dos contedores e outro para a recollida e transporte do lixo en toda a cidade.

O goberno local presenta a programación das Festas de María Pita 2018

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 24/07/2018 - 00:15 / Etiquetas: concello da coruña, fiestas María Pita

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou este luns o cartel e a programación das festas de María Pita 2018, que levan por lema A cidade soñada e que se celebrarán entre o 1 e o 26 de agosto. O responsable municipal salientou a “tranversalidade, descentralización e presenza feminina” que define a proposta, “de alta calidade e variedade no seu rexistro artístico”, e que “sublima a actividade cultural que vive a cidade ao longo de todo o ano”.

O Concello anula as multas impostas a causa dun erro informático aos usuarios do aparcadoiro do Parrote sancionados na segunda quincena de abril

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 20/07/2018 - 00:54 / Etiquetas: concello da coruña

 

O Goberno local vén de anular as multas impostas entre os días 14 e 30 de abril aos condutores e ás condutoras que circularon polo Parrote tras saír do aparcadoiro público, un tránsito autorizado e que foi detectado como irregular debido a un problema informático. A Concellería de Mobilidade Sostible indica que, debido a este erro no sistema, non se cruzaron durante dúas semanas os datos dos vehículos que procedían do aparcadoiro coas matrículas rexistradas pola cámara situada no Parrote dos automóbiles que circulan sen autorización pola vía.

Participación presenta o novo número da revista de lecer ‘Coruña Mutante’

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 20/07/2018 - 00:22 / Etiquetas: concello da coruña

A Concellería de Participación e Innovación Democrática, dirixida por Claudia Delso, lanza esta semana o oitavo número da revista de lecer Coruña Mutante, unha proposta gratuíta que recolle, nas súas páxinas, información sobre eventos e iniciativas musicais, deportivas, artísticas ou de ocio alternativo abertas á mocidade e que terán lugar na cidade e na súa área metropolitana entre os meses de xullo e outubro.

El PP insta a Ferreiro a actuar con responsabilidad en la antigua cárcel

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 19/07/2018 - 14:00 / Etiquetas: PP Coruña

 

El Grupo municipal Popular instó hoy al Gobierno municipal a controlar de manera real las actividades que se realizan en la antigua cárcel. La portavoz del grupo municipal popular, Rosa Gallego, convocó para hoy la Comisión de Transparencia en la que pidió explicaciones al Ejecutivo local sobre los permisos solicitados por Proxecto Cárcere para su programa de actividades, autorizaciones que como se plasmó en la Comisión han sido hasta el momento inexistentes.

O Concello reforma durante os meses de xullo e agosto as zonas de xogo infantil de 23 centros de infantil e primaria

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 19/07/2018 - 00:39 / Etiquetas: concello da coruña

O Goberno local aborda durante os meses de xullo e agosto a reforma integral nas áreas de xogo de 23 centros de Educación Infantil e Primaria (CEIP) da cidade para adecuar a totalidade deles á normativa actual, mellorar a súa seguridade e reparar ou renovar os seus elementos.

Páginas