Noticias locales de A Coruña

Responsables municipais visitan as obras de Riazor

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 11/07/2018 - 16:46 / Etiquetas: concello da coruña, RIAZOR

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, así como os concelleiros de Rexeneración Urbana e Deporte, Xiao Varela e José Manuel Sande, visitaron este mércores o estadio municipal de Riazor, onde o Concello acomete as obras de reforma e conservación da cuberta e as estruturas metálicas do recinto, un proxecto que ten un investimento de algo máis de 7 millóns de euros.

Xustiza Social asinará dous convenios con ACLAD e o Centro Social da Sagrada Familia por valor de 255.000 euros

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 11/07/2018 - 12:50 / Etiquetas: concello da coruña

​A Xunta de goberno local dará luz verde este venres a dous convenios por un montante total de 255.000 euros que o Concello asinará con dúas entidades sociais sen ánimo de lucro: o Centro Social da Sagrada Familia e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga (ACLAD). Ambas as dúas, segundo destaca a concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán, “levan xa moitos anos traballando por facer desta unha cidade máis inclusiva e máis igualitaria”.

O Concello somete a consulta pública o prego para a contratación do servizo de limpeza viaria

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 11/07/2018 - 00:00 / Etiquetas: concello da coruña

​A Concellería de Medio Ambiente somete a consulta pública os pregos do novo contrato de limpeza viaria, nun proceso “aberto, transparente e útil” que axudará a definir as bases dunha licitación de máis de 14 millóns de euros nas que se aposta por unha gran inversión, de cinco millóns, en maquinaria “respectuosa co medio ambiente, eficiente e silenciosa”, a creación de equipos específicos de limpeza para situacións e tarefas concretas e o reparto equitativo dos medios nos barrios.

O goberno local amplía o programa ‘Aberto ao barrio’ coa apertura dos patios de catro centros de ensino todos os días no verán

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 11/07/2018 - 00:00 / Etiquetas: concello da coruña

​O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, anunciou este martes a ampliación do programa municipal Aberto ao barrio, iniciativa posta en marcha polo goberno local en decembro de 2017 coa finalidade abrir as instalacións deportivas exteriores dos centros de ensinanza para o seu uso, por parte da cidadanía, en horario non lectivo.

El PP insta al alcalde a garantizar la continuidad del personal del Hotel Atlántico

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 10/07/2018 - 14:33 / Etiquetas: pp, Hotel Atlántico

El Grupo municipal Popular insta al Gobierno local a garantizar la continuidad del personal que trabaja en la actualidad en el Hotel Atlántico, tras haber adjudicado hoy la concesión a una nueva empresa para los próximos veinte años.

La Marea no aseguró que vayan a seguir los actuales sesenta trabajadores que cuentan con una valiosa experiencia que les permite ofrecer un servicio de calidad, existiendo un ambiente de intranquilidad en una plantilla que en agosto podría perder sus empleos.

O Concello adxudica a modernización e eficiencia da iluminación nos Rosais

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 10/07/2018 - 00:04 / Etiquetas: concello da coruña, Rosais

​O Concello autorizará na próxima Xunta de Goberno local, que se celebrará hoxe de maneira extraordinaria, a adxudicación das obras de modernización e mellora da eficiencia da iluminación pública dentro do perímetro delimitado por Os Rosais, a Rolda de Outeiro, Manuel Murguía e a avenida de Labañou. A actuación, que ten un orzamento de licitación de 1.160.918,70 euros, precisará 15 semanas de traballo.

O Concello asina coa Deputación un convenio para o financiamento de máis de 40 concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 09/07/2018 - 15:31 / Etiquetas: concello da coruña, deputación

​O alcalde, Xulio Ferreiro, asinou esta mañá un convenio co presidente e coa vicepresidenta da Deputación provincial, Valentín González e Goretti Sanmartín, para o cofinanciamento de máis de corenta concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia na cidade e no resto da provincia.

O Concello soterrará a liña eléctrica na confluencia entre rúa Vizcaya e avenida do Mallos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 09/07/2018 - 00:00 / Etiquetas: concello da coruña, Os Mallos

​O Goberno local, a través da Concellería de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, levará a cabo o soterramento das liñas eléctricas situadas na rúa Vizcaya con avenida dos Mallos nunha actuación para a mellorar a accesibilidade da veciñanza e que comezará a mediados de xullo.

El PP pide explicaciones al alcalde sobre varias facturas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 06/07/2018 - 12:00 / Etiquetas: PP Coruña

El Grupo municipal Popular insta a Ferreiro a explicar el interés que hay para pagar a la misma empresa 1,7 millones de euros mensuales mediante facturas irregulares con reparo suspensivo de intervención por prestar sin contrato los dos servicios de mayor importe del ayuntamiento.

Ferreiro está pagando mediante facturas irregulares 850.000 euros mensuales a la empresa que realiza sin contrato la recogida de basura desde enero de 2017 y ni siquiera se ha licitado el nuevo a pesar de haber contratado los pliegos a una empresa externa.

O Concello incorpora á xestora cultural Bettina Kohlaas como nova directora do Teatro Colón

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 06/07/2018 - 00:09 / Etiquetas: concello da coruña, teatro colon

​O Concello da Coruña incorpora á xestora cultural Bettina Kohlass na dirección do Teatro Colón, tras aprobar o consello reitor do IMCE o seu nomeamento este xoves. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, destacou que a elección da xornalista e xestora cultural, “que conta cunha ampla traxectoria profesional”, responde “ao seu coñecemento tanto a cidade como a realidade cultural local e de Galicia, que aplicará á xestión do Teatro Colón”, recinto do que o Concello asumiu a súa cesión temporal o 2 de xullo.

O Concello afonda na promoción do legado coruñés de Picasso

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 06/07/2018 - 00:02 / Etiquetas: concello da coruña, picasso

​O Concello da Coruña vén de dar un paso máis na promoción da etapa coruñesa do xenial artista Pablo Picasso, que comezou a súa carreira na cidade. A administración local colabora agora na exposición Pablo Picasso. A formación dun xenio sobre a primeira etapa do pintor que poderá verse en Shanghai, a segunda cidade de China, dende o 3 de agosto e até o 31 de outubro deste ano.

Encontro Ibérico Orzamentos Participativos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 05/07/2018 - 13:20 / Etiquetas: concello da coruña

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, presidiu esta mañá o acto de inauguración do IV Encontro Ibérico de Orzamentos Participativos, que se celebra no centro municipal Ágora, logo da xornada de carácter técnico celebrada xa no día de onte. O rexedor interveu no acto de apertura xunto coa concelleira de Participación, Claudia Delso, o presidente da Rede de Cidades Participativas e alcalde de Rivas-Vaciamadrid, Pedro del Cura, o presidente da Rede de Autarquías Participativas, José Manuel Pereira, e o deputado de Economía da Deputación coruñesa, Antón Leira.

O Concello da conta na Mesa da Cidade Vella dos proxectos para a renovación do enlousado da Maestranza e a ordenación das terrazas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 05/07/2018 - 00:59 / Etiquetas: concello da coruña, Cidade Vella

​Os concelleiros de Rexeneración Urbana e de Mobilidade Sostible, Xiao Varela e Daniel Díaz Grandío, presidiron este mércores unha reunión da Mesa da Cidade Vella, órgano de participación que está conformado por representantes do tecido asociativo e veciñal do barrio e do Concello e que se constituíu co obxectivo de “acompañar e facer seguimento” das medidas que se van implementado dentro do plan de mellora integral e revitalización deste ámbito.

O goberno local solicita ao conselleiro de Sanidade que “adopte, de forma urxente, as medidas necesarias para paliar o deterioro no servizo sanitario durante a época estival”

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 05/07/2018 - 00:31 / Etiquetas: concello da coruña

​A concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán, vén de enviar unha carta ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, na que lle solicita que, con carácter urxente, adopte as medidas necesarias para “paliar, coa máxima celeridade, o importante deterioro da calidade do servizo sanitario”. En concreto, a responsable municipal trasladou ao cargo autonómico a preocupación do goberno municipal ante as queixas que está suscitando entre a veciñanza da cidade distintas medidas que “están a ser aplicadas, de forma reiterada, durante a época estival” na sanidade pública.

El PP exige al Gobierno Municipal transparencia y equidad en la distribución de instalaciones deportivas a las entidades

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 04/07/2018 - 18:52 / Etiquetas: concello de coruña, PP Coruña

El Grupo Popular exigió hoy al Gobierno de Ferreiro que deje de hacer un uso partidista de las instalaciones municipales y que publique ya la convocatoria de asignación de usos de las instalaciones deportivas municipales y lo haga con transparencia y con una concurrencia competitiva real y no como hizo el curso anterior.

Así lo ha pedido hoy el concejal popular Francisco Mourelo en una rueda de prensa, acompañado de la asociación de patinaje Galicia Rollers y de la asociación de waterpolo.

A Coruña afonda na promoción como destino de congresos da Spain Convenion Bureau

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 04/07/2018 - 00:50 / Etiquetas: concello da coruña

​O concelleiro de Emprego e Economía Social e presidente do Consorcio de Turismo, Alberto Lema, participará esta semana na asemblea anual da Spain Convenion Bureau, evento que se celebra os días 5 e 6 de xullo nas Palmas de Gran Canaria e ao que acoden representantes dos 55 destinos englobados nesta asociación especializada en turismo congresual. Segundo explicou o responsable municipal “trátase dunha nova oportunidade para afondar na nosa promoción como cidade de congresos”.

Congreso Internacional " Mundos Digitales"

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 03/07/2018 - 13:55 / Etiquetas: concello da coruña, Mundo Digitales

Xulio Ferreiro, participou na apertura da XVII edición do Congreso Internacional Mundos Digitales, un encontro que, en palabras do rexedor, "axuda a democratizar o coñecemento e a facer máis accesible un sector no que pode estar e está o futuro de moitas coruñesas e coruñeses". Neste sentido, agradeceu o traballo á organización do mesmo porque "coloca A Coruña no centro da vangarda".

El Pleno y 48.700 firmas exigen una #CoruñaLibredeCaza

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 03/07/2018 - 13:21 / Etiquetas: concello da coruña, Libera

El pleno de la corporación aprobó en la tarde de ayer con los votos de Marea Atlántica y del PSOE, una moción instando a la Xunta de Galicia a suspender el coto de caza ubicado entre los barrios de Novo Mesoiro, A Zapateira y San Vicente de Elviña, y que suma más de 900 hectáreas en el término municipal.

A Concellería de Medio Ambiente instala en 75 palmeiras da cidade un sistema para a detección precoz do picudo vermello

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 03/07/2018 - 00:52 / Etiquetas: concello da coruña

​A Concellería de Medio Ambiente está a instalar un sistema tecnolóxico que permite detectar nos seus primeiros estadios as infeccións da praga do picudo vermello nas palmeiras da Rosaleda, Cidade Vella e os xardíns de Méndez Núñez. “Estamos a poñer en marcha medidas de prevención para protexer os exemplares con valor singular, ambiental e patrimonial da cidade, para asegurarnos de que a praga non chegue aos exemplares de maior valor da cidade”, indica a edil de Medio Ambiente, María García.

O Concello ponse a disposición das entidades comerciais e hostaleiras da cidade ante o temporal da fin de semana

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 03/07/2018 - 00:46 / Etiquetas: temporal

​O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, vén de convocar a 12 entidades comerciais e da hostalería da cidade a unha reunión este martes no Pazo de María, que estará presidida polo alcalde, Xulio Ferreiro, e no que se fará balance dos danos que tivo no sector o temporal vivido a pasada fin de semana na cidade. A intención do goberno local é poñerse a disposición das asociacións de comercio de cara a minimizar as consecuencias que tivo a tromba de auga e que afectou a varios locais comerciais da cidade.

Páginas