Noticias locales de A Coruña

O Consello Sectorial de Inclusión Social incorpora novas entidades ao organismo

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 26/06/2018 - 08:32 / Etiquetas: concello da coruña, inclusión social

 

​O Pazo de María Pita acolleu este luns unha convocatoria extraordinaria do Consello Sectorial de Inclusión Social do Concello da Coruña, o novo órgano de participación para as entidades do sector, posto en marcha o pasado mes de maio. O ente, de carácter consultivo, ten entre as súas capacidades a de colaborar no deseño das políticas municipais de inclusión.

O Concello avanza no plan de revitalización da Cidade Vella coa mellora da rúa Maestranza

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 25/06/2018 - 15:36 / Etiquetas: concello da coruña, Cidade Vella

​O Goberno local acompañará a peonalización da Cidade Vella, efectiva dende hoxe, con outras medidas contempladas no plan de revitalización da zona, algunhas das cales comezarán a executarse este verán. “Non hai marcha atrás no proceso, no que hai un consenso amplísimo. Era unha anomalía que a Cidade Vella tivera vehículos aparcados. Levamos moitos anos agardando por unha medida que non era doada, pero que se conseguiu hoxe. O que vén agora é un plan de dinamización que vai abarcar todas as áreas, non só mobilidade, senón tamén aspectos como o comercial ou o cultural.

O Fórum Metropolitano proxecta no mes de xullo películas de culto en versión orixinal e 35 milímetros

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 25/06/2018 - 15:29 / Etiquetas: concello da coruña, fórum metropolitano, Cinenterraza

​O Fórum Metropolitano celebra durante o mes de xullo o ciclo Cinenterraza, no que se proxectarán sete filmes de culto en 35 milímetros e versión orixinal subtitulada. Ao remate de cada proxección, que se realizará no vestíbulo do edificio, haberá un coloquio entre o público asistente e figuras novas da cinematografía e o eido cultural galego.

El PP exige a Ferreiro una rectificación tras un comunicado sobre los okupas de la Comandancia

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 21/06/2018 - 14:53 / Etiquetas: concello da coruña, PP Coruña

 

La portavoz del Grupo municipal Popular, Rosa Gallego, exige a Xulio Ferreiro una rectificación y una  disculpa a la Policía local tras el comunicado emitido ayer en relación con los detenidos por las agresiones a policías locales tras el desalojo de la antigua Comandancia de Obras.

O PSOE critica que a cinco semanas do Noroeste Pop Rock ainda non coñecemos o cartel do festival

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 21/06/2018 - 12:56 / Etiquetas: PSOE Coruña, Nororeste

 

O PSOE critica que a cinco semanas de celebrarse o Noroeste Pop Rock os coruñeses e coruñesas aínda non coñecemos o cartel do festival. E máis, das 140 bandas que anunciou o Concello que van actuar, apenas se coñecen 40 bandas segundo a páxina web oficial do festival. Onte presentáronse algunas formacións, pero son de pago en recintos pechados.

O Concello presenta a Oficina de Cooperación Audiovisual

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 21/06/2018 - 08:31 / Etiquetas: concello da coruña, Cooperación Audiovisual

 

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de poñer en marcha unha serie de iniciativas co obxectivo de favorecer a realización de gravacións e rodaxes no termo municipal, así como promocionar e difundir o traballo do sector creativo. O edil José Manuel Sande presentou esta mañá o resultado do convenio asinado coa Academia Galega do Audiovisual (AGA), que permitirá a creación de protocolos de filmacións na cidade, ademais dunha Oficina de Cooperación Audiovisual (ACO) e un plan de formación.

O Concello manterá o actual contrato de limpeza viaria ata que se resolva a nova licitación

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 21/06/2018 - 07:51 / Etiquetas: concello da coruña

O Concello acorda a continuidade do actual contrato do servizo de limpeza viaria ata que se complete o proceso de licitación a unha nova empresa adxudicataria. A Xunta do Goberno local extraordinaria prevista para o venres abordará esta proposta presentada pola Concellería de Medio Ambiente, que apela ao interese xeral da prestación dun servizo “obrigatorio e esencial para garantir a protección da saúde pública e do medio ambiente”.

O Concello afonda na súa aposta por un San Xoán sostible

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 21/06/2018 - 00:39 / Etiquetas: concello da coruña, san xoán

O Concello da Coruña afonda este ano de xeito exponencial na aposta por un San Xoán sostible, polo que amplía o dispositivo municipal destinado a minimizar o impacto ambiental da festa. Segundo explicou en rolda de prensa a concelleira de Medio Ambiente, María García, “San Xoán é unha celebración de interese turístico que, á vez, ten un gran impacto ambiental, polo que é un dos retos que temos que afrontar de forma conxunta como cidade”. A campaña municipal deste ano ten por lema E dicían que non podiamos...

Emalcsa adapta desde hoxe á rede ao maior consumo da tempada de verán

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 20/06/2018 - 10:29 / Etiquetas: emalcsa

 

Ao longo do día de hoxe, o persoal técnico da empresa municipal Emalcsa realizará manobras para adaptar a rede de subministro ao maior consumo da tempada de verán. Os traballos, que se realizan de xeito rutineiro todos os anos, preparan o servizo para cubrir sen problemas o incremento da demanda que se produce nos meses de calor.

A Marea Atlántica celebra o 3º aniversario da súa chegada a María Pita cun reparto do xornal O 15

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 20/06/2018 - 08:37 / Etiquetas: Marea Atlántica

 

Ao longo desta semana, a Marea Atlántica está a repartir polas rúas da Coruña o novo número da súa publicación informativa, O 15, que repasa o traballo realizado desde o goberno municipal nos últimos tres anos. Estes repartos estarán protagonizados por persoas de referencia, a nivel local, galego e estatal, dos partidos e organizacións que forman parte da Marea, e por integrantes doutras organizacións municipalistas.

Cortes puntuais do tráfico que se producirán na madrugada do xoves na avenida de Lavedra

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 20/06/2018 - 00:56 / Etiquetas: concello da coruña, Alfonso Molina

 

A Concellería de Mobilidade Sostible informa dos cortes puntuais de tráfico que se producirán na AC-11, na altura do concesionario da SEAT na avenida de Lavedra, entre as 01.00 e as 05.00 horas do xoves 21 de xuño debido aos traballos de desmontaxe das liñas de media tensión que cruzan a infraestrutura.

Páginas