Noticias locales de A Coruña

A Torre de Hércules celebra o seu noveno aniversario como monumento Patrimonio Mundial

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 19/06/2018 - 00:58 / Etiquetas: concello da coruña, torre de hércules

A Torre de Hércules celebra este mes de xuño o seu IX aniversario como membro da lista do Patrimonio Mundial da Unesco. Co gallo desta efeméride, o Concello da Coruña programa entre o 27 de xuño e o 1 de xullo distintas actividades abertas á cidadanía, que se estenderán tamén á contorna do faro e outros espazos da cidade, como é o caso do concerto conmemorativo que a Banda Municipal ofrecerá o mércores 27 na praza das Bárbaras, na Cidade Vella.

Bolsas de papel polas de plástico na semana do San Xoán

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 19/06/2018 - 00:05 / Etiquetas: concello da coruña, Bolsa San Xoán

Catro das principais distribuidoras alimentarias da cidade substituirán durante esta semana previa á celebración do San Xoán as bolsas de plástico que se entregan coa compra por outras de papel, dentro da campaña de sensibilización sobre residuos que desenvolve a Concellería de Medio Ambiente.

A empresa pública da EDAR de Bens acomete obras de reparación na planta

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 18/06/2018 - 00:35 / Etiquetas: concello da coruña, EDAR de Bens

 

A empresa pública EDAR de Bens levará a cabo traballos de reparación na estación entre os días 20 e 22 de xuño para “solucionar os problemas que arrastra dende a súa posta en funcionamento en 2012”, relacionados co sistema de apertura e peche da comporta do emisario submarino. “Esta actuación realizase na fase de expulsión da auga tratada, polo que non afecta en ningún momento ao funcionamento da planta, que seguirá neste período depurando a auga con normalidade”, indica a concelleira de Medio Ambiente, María García.

O alcalde participa na reunión da asemblea xeral das Cidades do Arco Atlántico en Donostia

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 15/06/2018 - 12:32 / Etiquetas: concello da coruña

O alcalde, Xulio Ferreiro, participa este venres na reunión da asemblea xeral da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico, da que forma parte A Coruña, e que se celebra, nesta edición, en Donostia. O rexedor aproveitará o desprazamento para entrevistarse co alcalde do municipio, Eneko Goia, que tamén participa nestas xornadas nas que se debaterá sobre A dimensión local e cidadá no futuro da Unión Europea , continuando o traballo desenvolvido ao longo do último ano por esta entidade supramunicipal.

Luz verde á adxudicación do tramo de carril-bici entre A Palloza e Matogrande

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 15/06/2018 - 10:07 / Etiquetas: concello da coruña, carril bici

 

O Concello da Coruña dá un novo paso na ampliación da rede de carril-bici da cidade coa adxudicación da obra do tramo comprendido entre A Palloza e Matogrande por 304.000 euros. De feito, está previsto que a Xunta de goberno local dea luz verde este venres á resolución do procedemento de licitación aberto e no que se estima o tempo de execución da actuación en nove meses.

Máis de 50 nenos participan na actividade de seguridade viaria

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 15/06/2018 - 00:57 / Etiquetas: concello da coruña

 

Os rapaces e rapazas percorreron en bicicleta, polo Paseo Marítimo, a distancia que separa o centro da praza de María Pita, onde foron recibidos por unha guía de Turismo, caracterizada como María Pita, coa que pasearon pola Cidade Vella.

Esta actividade, que comezou hai dúas semanas cun curso para ensinar a montar en bicicleta aos nenos e nenas que non sabían, está pensada para que poidan relacionar conceptos aprendidos na clase coa historia da cidade, ademais de incidir na seguridade viaria nunha idade na que comezan a ser axentes independentes nos seus desprazamentos.

A OMIC abre o período de preinscrición para participar na súa Escola de Verán 2018

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 13/06/2018 - 00:15 / Etiquetas: concello da coruña, Escolas de Verán

 

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) ten xa aberto o período de preinscrición para a súa Escola de Verán 2018, unha programación educativa específica dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 10 anos e que ten como obxectivo que adquiran competencias e hábitos de consumo seguro, así como que coñezan e valoren as características diferenciadoras do comercio de proximidade.

Páginas