Noticias de actualidad de A Coruña

O centro cívico dos Mallos acolle este sábado un novo encontro 'Dillo ti' entre o goberno local e a veciñanza

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 14/09/2018 - 10:32 / Etiquetas: concello da coruña

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e membros do goberno local participarán este sábado 15, a partires das 12.00 horas, nunha nova xuntanza Dillo ti, que terá lugar no centro cívico dos Mallos. O encontro, no que pode participar toda a cidadanía, é un espazo aberto ao diálogo e á conversa entre a veciñanza e o seu goberno, de xeito directo e sen intermediación. Como é habitual, o encontro contará cun servizo de tradución á linguaxe de signos, así como un espazo de conciliación, que permite ás persoas con nenas ou nenos ao cargo asistir á cita, e que tamén está aberto á cidadanía.

El Ayuntamiento celebra que el Parlamento respalde al gobierno municipal de A Coruña y pida de manera unánime la condonación de la deuda del Porto

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 13/09/2018 - 10:36 / Etiquetas: concello da coruña

El Parlamento Gallego ha aprobado, con la unanimidad de todos los grupos, una Proposición no de ley que, en el mismo sentido que se manifestó el Pleno de la Corporación municipal esta semana a través de una moción impulsada por la Marea Atlántica, pide al Gobierno del Estado la condonación de la deuda de la Autoridad Portuaria de A Coruña (APAC) o la aplicación de medidas que tengan el mismo resultado, así como la constitución de un ente público en el que participen todas las administraciones y entidades relacionadas para ahondar en la gestión, de una manera participada, de la recuperación

O goberno local proporá ao Consello Consultivo que chegue até o final e examine outras tres adquisicións máis de inmobles para dar garantías ás políticas públicas de vivenda

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 13/09/2018 - 09:41 / Etiquetas: concello coruña

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, trasladou este mércores a intención do goberno local de "chegar até o final" no que respecta á revisión do Concurso Público de Adquisición de Vivenda posto en marcha pola administración local e que tiña como obxectivo aumentar o parque público de inmobles destinado a ofrecer alternativas habitacionais dignas á veciñanza en situación de vulnerabilidade.

O Concello abre o prazo de inscrición para o uso dos locais de ensaio no vindeiro semestre

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 12/09/2018 - 10:18 / Etiquetas: concello da coruña

A Concello inicia o  xoves 13 de setembro o período para que os grupos da cidade soliciten o uso das salas de ensaio municipais durante o vindeiro semestre. O prazo ordinario de inscrición remata o 28 de setembro. As condicións para poder optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio, que se ofertan de maneira gratuíta, son que cando menos a metade do grupo sexa menor de 30 anos e que un mínimo do 50% das persoas integrantes estea empadroado na cidade ou cursando estudos nun centro escolar no municipio.

O Concello outorga 1.641 bolsas comedor para o próximo ano escolar

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 12/09/2018 - 08:55 / Etiquetas: concello da coruña

A Concellería de Xustiza Social e Coidados incrementou a 1.641 os nenos e as nenas beneficiarias das bolsas comedor municipais para o vindeiro curso 2018-2019, o que supón un 112 máis que no pasado ano escolar grazas á ampliación de crédito para este programa prevista polo goberno local "que continúa a liña dos últimos anos, nos que se duplicaron os fondos para esta iniciativa para que ningunha familia que cumpra os requisitos se quede fóra destas axudas".

Lesionado un Bombero mientras realizaba tareas de prevención para evitar que se reavivara el fuego declarado ayer en un edificio de A Coruña

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 11/09/2018 - 09:31 / Etiquetas: Bomberos A Coruña

Un bombero se lesionó esta noche mientras realizaba tareas de prevención para que el fuego declarado en un edificio de A Coruña se reavivara. El operario tuvo que ser atendido por los servicios sanitarios de urgencia.

Al hilo de las 21:30 horas de la noche pasada, varios particulares alertaban al 112 Galicia de un incendio en un edificio de cuatro plantas, situado en la Rúa Socorro. Indicaban que había mucho humo y que los vecinos estaban refugiándose en la cuarta planta.

O Pleno avala a moción do grupo de goberno que solicita a condonación da débeda da Autoridade Portuaria

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 11/09/2018 - 09:18 / Etiquetas: concello da coruña

O Pleno municipal aprobou este luns a moción presentada polo grupo que sustenta ao goberno local, que insta ao executivo estatal a condonar o préstamo concedido á Autoridade Portuaria a través de Puertos del Estado para o financiamento das obras de Punta Langosteira, acordando para iso as medidas normativas e orzamentarias que sexan necesarias no vindeiro exercicio, ou ben a conceder unha axuda equivalente.

O grupo de goberno levará ao Pleno unha moción que reclama á Xunta que dote ao Punto de Atención Continuada da cidade de persoal suficiente para ofrecer un servizo de calidade

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 10/09/2018 - 09:44 / Etiquetas: Concello A Coruña

O grupo que sustenta o goberno local trasladará ao Pleno municipal de hoxe unha moción que busca o acordo dos partidos para instar á Xunta de Galicia a manter nos Puntos de Atención Continuada (PAC) persoal suficiente para garantir o correcto desenvolvemento do servizo e unha atención sanitaria de calidade. A moción traslada tamén aos e ás traballadoras dos PAC o apoio da Corporación municipal da Coruña e rexeita a "política de recortes sanitarios que está a levar a cabo a Xunta de Galicia".

O Concello acomete a renovación do pavimento na avenida de Navarra

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 05/09/2018 - 08:07 / Etiquetas: concello da coruña

A Concellería de Rexeneración Urbana acomete esta semana a mellora das condicións para a circulación de vehículos na avenida de Navarra. A actuación consiste no fresado de cinco centímetros de pavimentación actual e a reposición da capa de rodadura cun novo asfaltado, "unha obra que vén a facilitar e mellorar as condicións da condución e a incrementar a seguridade da vía", como sinala o edil Xiao Varela. "Estes traballos de repavimentación veñen a continuar a mellora que iniciamos este inverno na vía, cando actuamos para reparar os pasos peonís da rúa.

O alcalde indica que "logo de tres anos difíciles, estamos máis preto ca nunca de impulsar un proxecto sostible para a recuperación dos terreos portuarios"

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 04/09/2018 - 09:38 / Etiquetas: concello da coruña

O alcalde, Xulio Ferreiro, manifestou onte ante os medios de comunicación que, "logo de tres anos moi difíciles, A Coruña está máis preto ca nunca de impulsar un proxecto sostible para a recuperación dos terreos portuarios".

O Concello recorda que a súa prioridade é manter a seguridade da afección que acuda a Riazor mentres continúan as obras

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 04/09/2018 - 09:32 / Etiquetas: concello da coruña

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, confirmou este martes a boa marcha das obras que o Concello acomete no estadio municipal de Riazor, que teñen como obxectivo a reforma e conservación da cuberta e as estruturas metálicas dun equipamento que recibe, cada dúas semanas, a miles de veciños e veciñas desta cidade.

O espazo de dinamización xuvenil da Sagrada Familia inicia o seu segundo curso con actividades

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 04/09/2018 - 09:12 / Etiquetas: concello da coruña

O punto de encontro para a mocidade da Sagrada Familia que impulsa a Concellería de Participación e Innovación Democrática comeza o mes de setembro cunha nova programación de actividades "decididas de maneira conxunta polas mozas e polos mozos do barrio que fan uso do espazo". A edil Claudia Delso salienta os bos resultados que está a colleitar este proxecto piloto de dinamización xuvenil, que comeza este curso a súa segunda edición tras un ano "no que se converteu nunha alternativa real de lecer no barrio".

Erimsa presenta un expediente de regulación de empleo ante la negativa de la Xunta a otorgar nuevas concesiones para extraer cuarzo de forma sostenible

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 03/09/2018 - 11:19 / Etiquetas: Erimsa

ERIMSA hace un llamamiento a la Xunta de Galicia para que desbloquee los expedientes en trámite y conceda los nuevos derechos mineros para continuar con su labor de extracción de cuarzo de forma sostenible en XANCEDA (Mesía), Frades, Oroso y Órdenes. La compañía se ha visto obligada en contra de su voluntad a presentar un Expediente de Regulación de Empleo Temporal, que entrará en vigor el 1 de enero de 2019, debido a un agotamiento de las reservas actuales.

A Concellería de Participación convoca unha nova xuntanza do Co-Lab para definir de maneira colectiva as súas liñas de traballo para o próximo curso

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 03/09/2018 - 00:25 / Etiquetas: concello da coruña

A Concellería de Participación e Innovación Democrática organiza un encontro para o sábado 8 de setembro aberto a todas as persoas interesadas en participar, colaborar ou propoñer accións para a seguinte fase do Co-Lab, que comezará nos próximos meses. A xuntanza, que está convocada para as 11.00 horas do día 8 no Espazo de Iniciativas Xuvenís (EIX) da rúa Matadoiro, busca definir de maneira colectiva os retos e liñas de traballo para os proxectos que abordará o Co-Lab na súa próxima edición.

O Concello reforza o seu compromiso coa atención do colectivo LGTBQI

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 03/09/2018 - 00:22 / Etiquetas: concello da coruña

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, saudou a inminente apertura do proceso de licitación, por trámite de urxencia, da xestión do Espazo Diverso, servizo localizado no Centro Cívico da Cidade Vella, impulsado polo actual goberno local, e que busca dar ferramentas para a inclusión e o fomento das liberdades e dereitos do colectivo LGTBQI. A responsable municipal indicou que a intención do executivo é "poder retomar cantes antes a actividade que se desenvolve neste espazo de forma mellorada e incrementada".

O Concello abre hoxe o prazo de preinscrición para o programa de actividades socioculturais nos centros cívicos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 03/09/2018 - 00:17 / Etiquetas: concello da coruña

A Concellería de Xustiza Social e Coidados inicia hoxe o período para inscribirse nas actividades socioculturais que se imparten ata final de ano nos centros cívicos da cidade e que incorporan, nesta segunda convocatoria do ano, dous novos obradoiros. O prazo para preinscribirse nas actividades está aberto os días 3, 4 e 5, nos que será preciso presentar no centro cívico no que se desexe realizar o obradoiro o modelo oficial de solicitude debidamente cumprimentado.

O Concello pon en marcha a fase de votación dos Orzamentos Participativos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 31/08/2018 - 00:43 / Etiquetas: concello da coruña

O programa de orzamentos participativos da Coruña aborda a súa fase final, anterior á inclusión dos proxectos propostos e votados pola veciñanza nos presupostos municipais do vindeiro ano. Dende o 30 de agosto, e até as 00.00 horas do 17 de setembro, permanecerá aberto o prazo para que a cidadanía empadroada no municipio e maior de 16 anos poida votar e escoller entre as 111 propostas que pasaron a esta fase, logo de recabar os apoios necesarios da veciñanza e superar a avaliación técnica. Deste total, 44 propostas son de cidade, e 67 correspóndese a proxectos de distrito.

Páginas