Noticias de actualidad de A Coruña

O concelleiro de Culturas salienta “a boa resposta da cidadanía a unhas festas de María Pita fortemente feminizadas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 28/08/2018 - 00:08 / Etiquetas: concello da coruña

O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, quixo destacar este luns a boa resposta amosada pola cidadanía ante as Festas de María Pita 2018, que remataron esta fin de semana coa tradicional Romaría de Santa Margarita, que este ano contou con actividades na rúa durante toda a semana nas que se convidou á cidadanía a participar en distintos talleres de baile, música ou coñecemento de instrumentos, entre outros.

O Concello solicita á Autoridade Portuaria que convoque o seu consello de administración

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 28/08/2018 - 00:00 / Etiquetas: concello da coruña

O Concello vén de solicitar á Autoridade Portuaria da Coruña (APAC) que convoque, á maior brevidade posible, unha reunión do seu consello de administración co obxectivo de analizar e chegar a un acordo en relación coa demanda de condonación da débeda que o porto coruñés ten contraída con Puertos del Estado e que deriva das obras en Punta Langosteira.

Un total de 194 ayuntamientos y mancomunidades están adheridos a la Red Gallega contra la Violencia de Género

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 27/08/2018 - 09:14 / Etiquetas: violencia machista

Un total de 194 ayuntamientos y mancomunidades están adheridos a la Red Gallega contra la violencia de género, puesta en marcha de manera conjunta entre Xunta y la Fegamp en el año 2012. En lo que llevamos de año 6 nuevos ayuntamientos se sumaron la esta iniciativa: Becerreá, Antas de Ulla, O Irixo, Barbadás, A Mezquita y Vilarmaior.

Dos personas excarceladas en Abegondo tras producirse un choque frontal entre dos turismos

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 27/08/2018 - 09:09 / Etiquetas: accidentes

Un choque frontal entre dos turismos deja tres heridos, dos de ellos atrapados, en el término municipal coruñés de Abegondo.

El accidente ocurrió pasados unos minutos de las 23:30 horas de esta noche. Aesa hora, un particular alertaba al 112 Galicia de un choque frontal, en Montouto, en la AC-542 que une Betanzos y Mesón del Viento. En su relato indicaba que había heridos y posiblemente atrapados.

O Concello inicia hoxe as obras de renovación do firme do último tramo da Rolda de Outeiro

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 27/08/2018 - 00:03 / Etiquetas: concello da coruña, Obras A Coruña

O Concello inicia hoxe as obras no último tramo da Rolda de Outeiro no que está previsto a renovación do firme, entre as avenidas de Arteixo e do Ferrocarril. Esta actuación completa o proxecto municipal de repavimentación nunha das vías que concentra máis tráfico da cidade e na que se teñen realizado obras para a mellora da calzada dende a avenida de Fisterra ata a rúa Mercede, un treito que suma 2.130 metros de lonxitude.

O Consorcio de Turismo actualiza os mapas turísticos da cidade e edita un novo folleto sobre a Cidade Vella

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 27/08/2018 - 00:00 / Etiquetas: concello da coruña

O Consorcio de Turismo actualiza os mapas turísticos da cidade nunha reedición que recolle a nova planimetría do municipio tras modificacións urbanas e o crecemento experimentados dende a publicación anterior, realizada hai tres anos. Nesta nova edición dos materiais para os e as visitantes, o Consorcio inclúe un novo folleto dedicado á Cidade Vella publicado en sete idiomas e que xa está dispoñible nas dependencias de municipais dedicadas ao turismo.

O goberno local solicita ao Estado que non obrigue a cidadanía coruñesa a pagar co seu patrimonio as débedas da Autoridade Portuaria

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 24/08/2018 - 11:13 / Etiquetas: concello da coruña

O goberno local lamentou que o executivo estatal non teña en conta "os lexítimos intereses da cidadanía coruñesa, cando si semella que é consciente dos dereitos da veciñanza noutras partes do Estado". Así rexeitou que, de momento, o Estado non aportase ningunha alternativa que posibilite que a débeda contraída pola Autoridade Portuaria da Coruña non teña que ser pagada a costa da venda da fachada litoral, patrimonio de toda a cidade, mentres que, por contra, vén de acordar a asunción de débeda do Consorcio de Valencia 2007, de 350 millóns de euros.

A Concellería de Mobilidade Sostible incrementa en 88 as prazas de aparcamento en dúas rúas do polígono da Grela

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 24/08/2018 - 11:09 / Etiquetas: concello da coruña

A Concellería de Mobilidade Sostible modifica o sentido de circulación de dúas rúas no polígono da Grela para crear 88 novas prazas de aparcamento e mellorar a seguridade no tránsito dos vehículos pesados. O departamento que dirixe Daniel Díaz Grandío atende así unha antiga reivindicación da asociación de empresarios da Grela, entidade coa que se consensuou a actuación. Así, as rúas Juan de la Cierva e Copérnico pasan de ter dous sentidos de circulación a ter un sentido único, co que se gaña o espazo preciso para a consolidación de 88 prazas en liña.

O Concello impulsa a reforma do complexo deportivo que dotará á veciñanza do Castrillón dunha piscina pública

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 23/08/2018 - 09:12 / Etiquetas: concello da coruña

O executivo municipal impulsará este venres a reforma do complexo deportivo do Castrillón, polo cal a cidadanía deste barrio da Coruña poderá ter acceso a unha piscina pública. Está previsto que a Xunta de goberno local dea luz verde ao anteproxecto da obra de reforma e adecuación do equipamento para o que, ademais, se reservarán 2,5 millóns de euros, aportacións que o Concello lle fará á Empresa Municipal de Vivenda (EMVSA), ente municipal encargado da construción e explotación deste espazo.

O Concello rexeita a instalación da planta de residuos industriais en Santa Icía polo seu impacto negativo na contorna

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 23/08/2018 - 08:11 / Etiquetas: concello da coruña

O Goberno local remitiu á Xunta de Galicia un informe de avaliación de impacto ambiental que rexeita a localización dunha planta de valorización e tratamento de residuos industriais en Teixoeira-Santa Icía, no concello de Arteixo, unha localización situada a menos dun quilómetro dos núcleos de Novo Mesoiro, Feáns e as urbanizacións Breogán e Obradoiro. As alegacións da Concellería de Medio Ambiente sosteñen que a actividade desta planta xunto a unha zona densamente poboada suporía que "o impacto da actividade afecte directamente" aos 10.000 habitantes dos núcleos máis próximos.

O goberno local amosa a súa satisfacción polo resultado do proceso realizado polo Concello para o arrendamento do antigo Hotel Atlántico e a subrogación dos postos de traballo

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 23/08/2018 - 08:07 / Etiquetas: concello da coruña

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, amosou este mércores a súa satisfacción, así como a do resto do equipo de goberno, polo resultado do procedemento realizado polo executivo municipal que derivou no arrendamento do inmoble do antigo Hotel Atlántico por parte dun grupo hoteleiro que aportará ás arcas municipais máis de 1,5 millóns de euros ao ano pola súa explotación, na vez dos 2.500 euros que estaba a percibir neste momento.

A Concellería de Culturas outorga subvencións a 27 propostas de creadores e creadoras da cidade dentro do programa Grupo Xerminal

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 22/08/2018 - 10:26 / Etiquetas: concello da coruña

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento resolveu a concesión das subvencións do Plan de Apoio á Creatividade Grupo Xerminal, unha das liñas de apoio ao tecido cultural local da cidade postas en marcha polo goberno local e que, neste caso, busca dar soporte ás iniciativas do eido das artes escénicas, a música, o libro, o audiovisual, así como calquera outro tipo de manifestación artística.

As obras de accesibilidade do distrito dos Mallos cumpren un mes con actuacións nunha trintena de pasos de peóns

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 22/08/2018 - 10:23 / Etiquetas: concello da coruña

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, destacou este martes a boa marcha das actuacións de mellora de accesibilidade que o goberno local está a desenvolver no distrito dos Mallos dentro dun ambicioso proxecto de 10 meses de execución e un orzamento de máis de 537.000 euros. O responsable municipal manifestou que, en menos de catro semanas, a administración local realizou xa obras de calado na mellora da accesibilidade e na seguridade da zona, entre as que destacan intervención en preto dunha trintena de pasos de peóns.

O Concello pon o broche a unas festas de María Pita “marcadas pola innovación e a tradición” coa Romaría de Santa Margarita

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 21/08/2018 - 08:23 / Etiquetas: concello da coruña

O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, presentou este luns as actividades comprendidas dentro da Romaría de Santa Margarita, evento co que tradicionalmente se pechan as festas de María Pita e que terá lugar durante as xornadas do sábado e o domingo neste emblemático espazo da cidade.

O Concello capturou 2.970 exemplares de raíña de avespa asiática na campaña de trampeo deste ano

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mar, 21/08/2018 - 08:13 / Etiquetas: concello da coruña

A segunda campaña anual de colocación de trampas para evitar a proliferación de niños de avespa asiática na cidade saldouse este ano coa captura de 2.972 exemplares de raíña desta especie. A concelleira responsable de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, salienta "o gran incremento dun 130% de capturas que se está a levar a cabo este ano respecto do pasado, no que caeron nas trampas distribuídas pola cidade un total de 1.290 exemplares de raíña".

O programa Apego comeza o curso o 1 de setembro no Centro Ágora cunha festa para familias

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 20/08/2018 - 00:10 / Etiquetas: concello da coruña, Apego

O servizo municipal de Normalización Lingüística celebra o vindeiro 1 de setembro a Festa do Apego, unha actividade dirixida tanto ás familias que forman parte deste programa como para outras que queiran sumarse a esta iniciativa de fomento da transmisión do galego. A celebración, que se desenvolverá de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas no Centro Ágora, contará con actuacións de teatro e obradoiros de música e danza.

O Concello acomete a mellora e renovación da senda peonil entre a Falperra e a Ronda de Nelle

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Lun, 20/08/2018 - 00:03 / Etiquetas: Concello da Coruña Regata Bandeira

O Concello comezará a acometer esta semana obras de mellora e ampliación da senda peonil que comunica A Falperra (concretamente, dende o antigo lavadoiro) coa rolda de Nelle. Segundo destacou o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, "trátase dunha actuación cun orzamento axustado, de algo máis de 36.000 euros, pero co que damos resposta a unha vella demanda da cidadanía, que foi solicitada, de feito, dentro do programa de Orzamentos Participativos".

Páginas