Maite Méndez, Técnico Planificación Enerxética FAEPAC: " Non sempre se pode aforrar na factura da luz pero en moitos casos sí"

Autor: Jorge Barrio / Fecha: Dom, 22/01/2017 - 10:00 / Etiquetas: FAEPAC, deputacion da coruña, Diputación da Coruña, Consejos factura luz

Los coruñeses tienen la posibilidad de consultar cualquier duda que tengan sobre la factura de la luz con la Fundación Enerxetica da Provincia da Coruña (FAEPA). Errores de facturación, subida de potencia o la solicitud del bono social son algunas de las dudas que tienen los vecinos de la provincia y que solucionan gratuitamente desde esta Fundación dependiente de la Deputación da Coruña. Coruñahoy ha estado charlando con la Técnico de Planificación Enerxética, Maite Méndez Gil.

- Qué es FAEPAC y qué tipo de asesoramiento ofrecéis a los coruñeses?

É a Axencia Enerxética da Provincia da Coruña, Fundación sen ánimo de lucro de interés galego  Constituida o 10 de maio de 2006, adscrita á consellería de Economía Emprego e Industria do gobierno autónomo. Os seus obxectivos principais son:

·Fomentar o aforro da enerxía mediante a explotación eficiente dos recursos e do uso de tecnoloxías limpias.

·Impulsar a implantación de instalacións de enerxía renovable.

·Asesoramento tecnolóxico e económico no deseño e realización de estudos e inversións en instalaciones e infraestrutura enerxética.

·Realización de cantas actividades conexas ou complementarias das anteriores que resulten necesarias para a su  maior eficacia.

FAEPAC quixo dar un paso máis na atención aos cidadáns da provincia e, a partir do 17 de Outubro de 2016, ten aberta unha liña de consulta gratuíta a través de correo electrónico.Enviando unha mensaxe a consultas@faepac.org, os cidadáns poderán atopar unha resposta rápida e útil sobre calquera dúbida que se lles presente sobre a súa factura eléctrica.

Esta liña de traballo no é nova para a FAEPAC, xa que a Fundación, dende a súa creación, ven atendendo dúbidas dos cidadáns da provincia de A Coruña en relación á facturación eléctrica. Calquera persoa que se achegaba ás súas oficinas en As Pontes de García Rodríguez e Cerceda, ou que contactaba vía telefónica, podía facer, de xeito gratuíto, calquera consulta sobre a súa factura eléctrica. Por ende, as xornadas realizadas en diferentes concellos e asociacións de veciños tamén foron empregadas para resolver dúbidas que, os particulares, tiñan sobre a facturación.

- Qué consultas son las más demandadas por los vecinos y cuántas tenéis al año?

·Erros en facturación

·Comprobación facturas

·Subidas/baixadas de potencia

·Solicitude bono social

·Comprobación de contratos en mercado libre e servizos que están a pagar

·Paso de contrato en mercado libre a Precio Voluntario ao Pequeño Consumidor (PVPC)

·Paso a discriminación horaria

·Cambio de titular

·Alta de puntos de subministro novos

·Consumos moi altos

·Lectura de novos contadores

·Presentación de reclamacións

- De qué manera pueden presentar sus dudas los coruñeses sobre sus facturas?

Enviando unha mensaxe a consultas@faepac.org coas súas dúbidas

- Es posible ahorrar en la factura de la luz, nos están cobrando de más?

Non sempre se pode aforrar pero en moitos casos sí. En moitas ocasións vemos que o cidadán no sabe qué tipo de contrato ten, se lle están cobrando servizos que él explícitamente non solicitou, se a tarifa que ten contratada é a máis axeitada para as súas necesidades enerxéticas, se ten contratada máis potencia da que necesita, etc. Optimizando potencias, tarifas e escollendo a oferta mellor podemos  aforrar cartos. 

Sí hai casos nos que a facturación é incorrecta, por erros nos cálculos, por lecturas solapadas, por conceptos que non corresponde facturar, por lecturas de contador incorrectas, etc. 

- Cuánto dinero se puede ahorrar en la factura de la luz?

Neste caso, non se pode falar de números de xeito xeralizado. Cada cidadán é un caso particular, cunhas necesidades enerxéticas específicas e unha situación que non ten nada que ver con calquer outra persoa/familia. Sempre que se revisa un caso, analízase a súa situación concreta e dáselle uns consellos que lle permitan aforrar no recibo da luz e ser un pouco máis eficiente no seu consumo, así que o grado de aforro que se acade dependerá de si o cidadán segue os consellos dados ou non ou en qué medida.