Detido por resistencia grave a axentes da autoridade

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 12/04/2018 - 16:01 / Etiquetas: Detidos Coruña

 

Ás 07.18 horas do 10 de abril, unha patrulla foi comisionada pola Sala operativa do 092 para que se trasladase á zona do barrio da Sagrada Familia onde un vehículo estacioanara diante dun vao permanente, impedindo a entrada e saída de vehículos do garaxe. Xa no lugar, a dotación comprobou que no asento do piloto deste turismo estaba a durmir un home coa música posta. Esta persoa, que presentaba síntomas evidentes de ter consumido bebidas alcohólicas, manifestou que estivera bebendo alcol toda a noite, polo que a dotación instoulle a que localizase a alguén que puidese retirar o vehículo ao atoparse mal estacionado.

Ante a súa negativa, a patrulla informoulle que procederían a denunciar o vehículo e a retiralo co guindastre, pero este comezou entón a poñerse cada vez máis nervioso, e á chegada do guindastre, tentou impedir que a retirada do vehículo, chegando a poñerse diante do vehículo impedindo ao operario realizar as tarefas de retirada.

Dado que esta persoa non cesou na súa actitude, a patrulla tentou apartalo físicamente do lugar en varias ocasión e no canto de depoñer a súa actitude, comezou a forcexear cos axentes, até caer ao chan xunto con un dos axentes, que sufriu lesións nas costas. No chan o home chegou mesmo a agarrarse a unha das rodas do vehículo para evitar que o levasen, mentres gritaba e forcexeaba en todo momento. Este home, de 57 anos, foi detido e denunciado de oficio por un delito de resistencia grave a axentes da autoridade, con resultado de lesións a axente da autoridade no exercicio das súas funcións.

O vehículo foi denunciado, por estar estacionado nun vao e impedir a entrada/saída doutros vehículos, e retirado ao Depósito municipal.