Detido por un delito de violencia de xénero na zona das Atochas

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 03/05/2018 - 09:05 / Etiquetas: violencia machista

 

Ás 06.20 horas do día 1 unha patrulla de policía local foi comisionada pola sala operativa do 092 á zona das Atochas onde ao parecer un home estaba a pegar á unha muller nun domicilio. Unha vez no lugar, os axentes foron requiridos por un dos inquilinos do inmoble, manifestando que no piso residen catro persoas adultas e un menor de idade os cales comparten piso, e que nun momento dado escoitou golpes e berros de prantos da súa compañeira de piso, motivo polo cal acudiu á súa habitación e ao abrir a porta observou como o marido desta estaba forcexando con ela, e ela pediulle que dese aviso á policía.

O requirente relatou que desde última hora da tarde o home e a muller comezaran a discutir, despois o home ausentouse do domicilio, e, á súa volta, continuaron discutindo, escoitando os golpes e prantos relatados momentos antes. Todo iso foi corroborado polo outro morador da vivenda e compañeiro de piso. A muller manifestou que á hora de irse a durmir dirixiuse a outra habitación do piso xunto co seu fillo para evitar discusións maiores co seu marido, cando nun momento dado o marido entrou na habitación e arrebatoulle ao neno levándoo consigo a outra habitación, motivo polo cal se produciu un forcexo, no que el a golpeou na fronte e produciulle erosións e hematomas no pulso esquerdo, lesións claramente visibles apreciadas polos axentes.

Os policías ofreceron asistencia sanitaria á muller, que a reixeitou e engadiu que non desexaba interpoñer ningún tipo de denuncia polos feitos xa que non quería ningún conflito. Por todo iso, ponderando as circunstancias concorrentes os axentes procederon de oficio á detención do home, veciño da Coruña de 26 anos, sendo informado verbalmente do motivo da mesma, así como dos dereitos que lle asisten, e trasladado ás dependencias policiais quedando a disposición xudicial nos calabozos policiais, sendo denunciado por un delito de violencia de xénero con resultado de lesións.