Detidos por non obedecer os precintos das praias

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 13/04/2018 - 00:08 / Etiquetas: Detidos Coruña

 

Dende ás 13.00 horas do martes 10 de abril acoutouse o acceso aos areais da cidade xunto con outras medidas preventivas e de vixilancia de acordo aos protocolos existentes con motivo da alerta laranxa por temporal no mar, decretada para ás 15.00 horas. Seguindo o protocolo establecido, encomendóuselle a varias dotacións da Policía Local, tanto na quenda de tarde como na da noite, que supervisasen os accesos ás praias. Estas patrullas, na tarde do martes denunciaron a 4 persoas e na noite do martes ao mércores a unha máis por non respectaren os precintos policiais, infrinxindo así os seguintes artigos da Lei Orgánica 4/2015, do 30 de marzo, de protección da seguridade cidadá:

- Artigo 36, apartado 6. Infracción grave: A desobediencia ou a resistencia á autoridade ou aos seus axentes no exercicio das súas funcións, cando non sexan constitutivas de delito, así como a negativa para identificarse a requirimento da autoridade ou dos seus axentes.

- Artigo 37, apartado 15. Infracción leve: A remoción de valos, encintados ou outros elementos fixos ou móbiles colocados polas Forzas e Corpos de Seguridade para delimitar perímetros de seguridade, aínda con carácter preventivo, cando non constitúa infracción grave.

- Artigo 39, apartado 1. Sanción: As infraccións moi graves sancionaranse con multa de 30.001 a 600.000 euros; as graves, con multa de 601 a 30.000 euros, e as leves, con multa de 100 a 600 euros.