Dificilmente pódese progresar se non hai lugares para practicar

0 comment
Pilar NeiraPSOEMay 062018

Dificilmente pódese progresar se non hai lugares para practicar

 

Na Coruña non dispoñemos de instalacións adecuadas para ofrecerlles aos nosos deportistas, a oportunidade de seguir crecendo tanto a nivel formativo como de alto nivel, e se a falta das mesmas alcanza cotas tan altas, é debido a que nos últimos anos, NON INVESTIMOS; NON APOSTAMOS  nin directa nin indirectamente en  infraestructuras deportiva.

A pesar diso, a  evolución deportiva experimentou un cambio radical, porque dispoñemos de talento e capital  humano.

O estado de conservación das escasas instalacións deportivas non é bo, non se poden descoidar as instalacións postas a disposición dos cidadáns, e no noso  concello, a enorme actividade á que se someten as mesmas, fai que algunhas delas, atópense nun estado de conservación lamentable, equipamentos anticuados ou en mal estado, ancoraxes de porterías pouco seguros, pouca iluminación, chans con irregularidades...  Carecemos dunha pista básica de atletismo, carecemos de  Pump  Tracks,   de campos de herba compatibles co rugby, de pistas de squash, de tenis e canchas polivalentes. A accesibilidade para xente con discapacidade, e aseos adaptados para eles é deficiente, e nalgunhas instalacións non se reservan nin tan siquera, na súa proximidade, aparcadoiros para eles.

Un elocuente indicador de que a pouca atención que prestamos á práctica do deporte no noso concello, e nos situa por baixo de moitos  concellos con menos orzamento e colócannos ao nivel das cidades, menos avanzadas na nosa contorna. 

E agora imos perder un campo de  futbol, porque aínda que estean por fin rematados os novos terreos de xogo executados pola Federación  Galega de Fútbol en San Pedro de  Visma, e pretendan vendernos que sumamos dous novos campos, a realidade que nos atopamos agora, é que en vez de avanzar retrocedemos, porque o traslado a Eirís do campo de fútbol A Grela-2 non se cumpriu,  PERDEREMOS UN CAMPO DE  FUTBOL.

Unha vez o campo municipal Arsenio Iglesias Pardo pecha as súas portas, e pasa á  historia da cidade, a operación de compravenda dos terreos da Grela, por parte da factoria da Estrella, verá incumprido o proxecto de execución en Eirís,  opción elixida polo Goberno municipal despois de refugar como alternativa "por razóns ambientais" a parcela onde se situaba o antigo cuartel de automóbiles da Grela.

Dispoñer dese campo, depende agora de Patrimonio, que decidirá se os restos do pozo romano achados alí, deben ser conservados.... Mi madriña: No canto de avanzar, retrocedemos. 

O deporte, actividade de lecer, cada vez, mais demandada pola cidadanía, é unha realidade, e nós, desde o Concello,  deberiamos (e non facemos) satisfacer  esa demanda cidadá, porque como é sabido, practicar deporte incide nunha maior calidade de vida e convértese, en expresión do desenvolvemento e benestar dunha sociedade.

Os concellos invisten cantidades ben distintas en deporte. En termos absolutos, Madrid e Barcelona son as cidades que máis gastan. Á cola sitúanse Cádiz e A Coruña.

Temos que dotar o  concello de infraestructuras deportivas de primeira calidade que poden marcar o futuro da nosa cidade, a varias xeracións vista, e para que os nosos deportistas e os usuarios teñan todas as facilidades e poidan realizar as súas actividades sen ningún inconveniente porque:

DIFICILMENTE PÓDESE PROGRESAR SE NON HAI LUGARES PARA PRACTICAR