Dous novos casos de violencia machista na Coruña

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 16/02/2018 - 10:19 / Etiquetas: violencia machista

 

- Ás 05.40 horas do 13 de febreiro, unha dotación foi requirida por unha viandante na rúa Socorro, que explicou como acababa de intervir en defensa dunha muller á que escoitara gritarlle a un home que a soltase, mentres a tiña agarrada. A patrulla contactou coa muller, de 22 anos, que estaba a chorar nun estado moi alterado, quen explicou que se trataba da súa ex-parella, que non paraba de acosala por teléfono e cando a vía na rúa. Relatou que o atopara na rúa, cando se dirixía a casa duns amigos, e que a suxeitara en varias ocasións, impedíndolle desprazarse.

A patrulla indentificou o home, tamén nun estado moi alterado, que seguía a increpar a voces á súa ex-parella, chegando a tentar achegarse á muller en varias ocasións. Nun dos intentos de achegarse á muller de forma agresiva, empuxou e golpeou co braceo á patrulla, sen causarlles lesións, aínda que lle rompeu a hombrera da camisa do uniforme, polo que foi reducido no chan, mentres trataba de levantarse para achegarse á muller de maneira ameazante. O home, de 24 anos, foi trasladado a dependencias policiais, xa que se negou a recibir asistencia sanitaria, quedando nos calabozos policiais a disposición xudicial sendo denunciado por un delito de violencia de xénero.

 

- Ás 09.30 horas do 13 de febreiro, recibiuse unha chamada na Sala Operativa do 092 dun veciño da rúa Varela Silvari manifestando que unha muller se atopaba no domicilio, gritando que a ían a matar. Ao lugar desprazáronse varias dotacións da policía local que accederon ao edificio indicado polo requirente, estando o portal aberto e nas escaleiras a persoa que pedía auxilio, sendo identificada como unha muller de 41 anos con domicilio nesta cidade. Moi nerviosa e con síntomas de estar en estado ebrio, manifestou os axentes que lle doía a cabeza tras golpearse contra a parede por un empuxón da súa ex-parella, e manifestábase culpable por seguilo para solucionar os seus problemas xa que momentos antes xa tiveran un problema na rúa Orzán polo que tivera que chamar á policía e polo que non quería presentar denuncia. En presenza dos axentes perdeu o coñecemento, polo que se solicitou a presenza dunha ambulancia, acudindo o 061.

Ao momento presentouse un home de 33 anos con domicilio nesta cidade, en estado moi nervioso, chorando e con síntomas de estar ebrio, que manifestou aos policías que a muller foi a súa parella ata o día anterior e que hoxe se presentou no seu domicilio aporreando a porta insistentemente para que lle abrise, que finalmente accedeu e ela introduciuse e encerrouse no baño, que este golpeou a porta do baño para que saíse, chegando a romper un cristal, producíndose lesións. Engadiu que finalmente accedeu a abrir a porta e forcexaron, recoñecendo que nese momento puido lesionarse. Indicou que tentou que ela abandonase o edificio, ao que accedeou, quedando o home no interior e a muller nas escaleiras.

Os policías procederon á detención do agresor despois de informarlle dos seus dereitos e sendo trasladado a continuación a un centro hospitalario para ser asistido polas lesións sufridas. Consultadas as bases informáticas constaba en vigor unha procura, detención e personación no xulgado do detido, polo que foi posto a disposición xudicial. A vítima quedou ingresada no CHUAC para ser asistida das lesións e á espera de valoración.