EXPOSICIÓN | Le Paradís, de María Ruido

Cuándo: Do 21 de abril ó 7 de xullo
Precio: 0€

A exposición “Le paradis” toma o seu título do autorretrato homónimo elaborado pola autora que vira sobre a idea do “paraíso” da infancia. Ademais desta peza, a exposición recolle traballos de finais dos 90 como "Ethics of Care" (1999), "Hansel y Gretel" (1998), "Cronología" (1998) e "La voz humana" (1998), nos que fala sobre a construción da identidade (en especial da identidade das mulleres) desde a infancia e as políticas do corpo, en moitos casos utilizando o propio corpo como ferramenta de expresión e acción performativa.

| HORARIO |

De martes a domingo de 11:00 a 15:00 e de 17:00h a 21:00h. Luns: pechado.

 

| MARÍA RUIDO |

María Ruido é artista, realizadora, investigadora e docente. Actualmente vive en Madrid e en Barcelona, onde é profesora no Departamento de Arte e Cultura Visual da Universidade de Barcelona. Desde 1998 vén desenvolvendo un traballo audiovisual que se puido ver en centros culturais e de arte como o CGAC, en Santiago de Compostela, o MACBA, o Centre d’Art Santa Mónica e o CCCB, en Barcelona, La Casa Encendida e o MNCA Reina Sofía, en Madrid, o Kunstverein, en Múnic, os Institutos Cervantes de Sofía, Milán, Berlín e Praga, o CCEBA, en Bos Aires, e a Filmoteca da UNAM, en México, entre outros. As súas pezas pasaron tamén por festivais e eventos como o FID Marseille, DocumentaMadrid, a Mostra Internacional de Films de Dones de Barcelona, Zemos, Márgenes, os Rencontres Internationales Paris/ Berlin/Madrid, e Art Basel Hong Kong, entre moitos outros. Ademais, escribiu para diversos libros e publicacións, e é autora dun libro sobre Ana Mendieta.