
O próximo 11 de outubro inaugúrase a exposición de ilustración Fíos de tinta. Unha exposición conxunta de dous espazos que comparten veciñanza na Peixería da Coruña: a librería Moito Conto e o taller creativo [NO IMPORTA]. Esta colaboración nace da inquedanza que teñen en común: dinamizar actividades e eventos culturais e artísticos. Nesta ocasión queren dar visibilidade aos distintos estilos e a creatividade artística actual, para gozar dunha expresión da que tanto podemos presumir en Galicia como é a Ilustración.
6+6 ilustradores protagonizarán a exposición con parte dos seus traballos.
| En ‘Moito Conto’ |
Carlos Arrojo
El primo Ramón
Lucía Cobo
Olaya Naveira
Manel Cráneo
Verónica Grech
| En [NO IMPORTA] |
Axóuxeres e Chisqueiros
Bea Lema
Chus Rojo
Iria do Castelo
Julia Abalde
Uxía Pin
O mércores 11, inauguración ás 18h en [NO IMPORTA] e as 19.30h na librería Moito Conto. Permanecerá aberta ata o 21 de outubro nos seguintes horarios:
- Moito Conto - r/ San Andrés 35, de 9.30h a 14h e de 16.30h a 21h.
- [NO IMPORTA]- r/ San Andrés 46, de 17.30h a 20.30h
- 610 lecturas