Galicia pechou o 3º trimestre cun superávit do 0,35%

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Mié, 27/12/2017 - 00:29 / Etiquetas: Galicia, superávit

Galicia pechou o terceiro trimestre do ano cun superávit do 0,35% en termos de contabilidade nacional, segundo os resultados difundidos hoxe polo Ministerio de Facenda e Función Pública. Deste xeito, Galicia mantense entre as comunidades autónomas con mellores resultados e mantén o compromiso de cumprir o obxectivo aprobado no Consello de Política Fiscal e Financeira.

O informe publicado polo Ministerio indica que, ao remate do mes de setembro, Galicia é a cuarta comunidade autónoma con mellor resultado, só por detrás de Canarias, Baleares e Navarra. Ademais, o resultado acadado por Galicia é mellor que a media autonómica, que obtivo un superávit do 0,09% neste mesmo período.

Ao igual que en anos anteriores, Galicia prevé cumprir neste 2018 o obxectivo de déficit aprobado polo Consello de Política Fiscal e Financeira, que neste exercicio é do 0,6% para todas as comunidades autónomas. O obxectivo da Xunta é que Galicia continúe sendo a comunidade de referencia no cumprimento dos límites de déficit e de endebedamento fixados polo CPFF.