Mar Guerra presenta o seu libro, "Norteáns"

Autor: Alejandra / Fecha: Jue, 09/02/2017 - 12:30 / Etiquetas: norteans, mar guerra, fnac, a coruña, libro

 

Hoxe no Fnac terá lugar ás 19h a presentación do libro coa súa autora, Mar Guerra, con José Manuel Sande, Concelleiro Culturas, Deporte e Coñecemento e Manuel Bragado, Director de Edicións Xerais de Galicia.

Déixovos co resumo do libro:

Durante a cerimonia de iniciación de Bris, o herdeiro do moi nobre Neixón, o señor de Norteáns, o pobo elixido, anticípanse importantes mudanzas en Nola. Diante dos ollos de Forca, o ourive, fillo da meiga a Reva, tres mulleres, Cances, irmá de Bris, Leta e a súa nai Banda, a tecelá, desafían as sagradas leis norteás. Mentres, Pruno, un escravo liberto, prende a isca da rebelión dos argolados, os servos aos que se identificaba por levar un pecho de ferro ao redor da gorxa. Serán capaces de ceibarse do xugo dos norteáns? O torque sagrado marcará o camiño da súa vitoria? Novela prehistórica, Norteáns reconstrúe con detalle a sociedade castrexa, a súa organización social, política, militar e familiar; os usos e costumes cotiáns e a relixiosidade da cultura prerromana que poboou Galicia e o norte de Portugal no século I antes de Cristo.