Los animalistas apoian a proposta de En Marea de garantir o deber de asistencia dos animais atropelados

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Jue, 22/03/2018 - 13:15 / Etiquetas: En marea, Libera, Animais

 

A Coruña foi esta mañá o espazo de presentación da primeira Moción estatal que tratará de incluir o deber de asistencia dos animais domésticos atropelados como garantía para o seu benestar, proposta que trasladará a senadora Vanesa Angustia, do grupo Podemos-En Comú Podem-En Marea, e que conta co apoio da Asociación Animalista Libera e da Fundación Franz Weber.

A proposta xurde trala denuncia efectuada por Vanesa López, quen denunciou hai varias semanas o atropelo do seu canciño nun paso de peóns da Avenida de Glasgow, na propia cidade, e logo de contactar cos colectivos animalistas quixo participar da rolda cos medios para dar a coñecer a súa particular "loita" para que estes casos non queden nunha sinxela sanción por cuestións administrativas.

Así, a moción rexistrada xa no Senado, lembra que existen centos de accidentes onde se ven implicados animais 'de familia' con resultado de morte e que na maioría destas situacións son completamente desatendidos polas persoas que conducían o vehículo.

Neste senso a proposta dos animalistas e de En Marea subliña algúns exemplos xa aplicados na normativa, como o caso de Italia e o seu Código de Tráfico, que obriga ás persoas conductoras implicadas nun accidente destas características a responsabilizarse do mesmo, e tamén a aquelas persoas que foran testemuñas da colisión.

No caso de España, lembra Angustia na súa exposición de motivos, o deber de asistencia de ten fundamento non só no obriga moral de atender aos propios animais, senón tamén dende a perspectiva da seguridade viaria, dado o risco que pode supoñer a presenza de animais feridos nas estradas.

Na rolda de medios tamén participou Rubén Pérez, voceiro das entidades que apoian esta iniciativa política, poñendo en valor o traballo que se está a realizar dende o terreo político-institucional para defender a dignidade, integridade e vida dos animais, e evidenciando que estes xa non son “cousas” para unha importante parte da cidadanía.