'Xornadas de Roller Derby'

Autor: Alejandra / Fecha: Mar, 21/03/2017 - 12:29 / Etiquetas: roller derby, brigantias roller derby, xornadas, santiago de compostela

 

O próximo sábado 25 de marzo, no Centro Sociocultural de Fontiñas en Santiago de Compostela, será a terceira e última das 'Xornadas de Roller Derby' que organizan AS BRIGANTIAS ROLLER DERBY A CORUÑA, para achegar os cambios no Regulamento da Women’s Flat Track Association (WFTDA) a todos os equipos galegos.

Será unha oportunidade de dar a coñecer este deporte minoritario e feminino e de estreitar lazos entre todas as xogadoras da comunidade derby galega, para mellorar nos aspectos do xogo e seguir dando os pasos necesarios para conseguir crear unha LIGA GALEGA DE ROLLER DERBY.

Impartirá a xornada Chef Ref, un árbitro de recoñecido prestixio e ampla experiencia, pertencente a un dos equipos pioneiros e que primeiro introduciu este deporte en España, Tenerife Roller Derby.

Están invitados todos os equipos da comunidade galega e virán participantes de Ferrol, Vigo, Pontevedra e Ourense.