Máis de 50 nenos participan na actividade de seguridade viaria

Autor: Coruña Hoy / Fecha: Vie, 15/06/2018 - 00:57 / Etiquetas: concello da coruña

 

Os rapaces e rapazas percorreron en bicicleta, polo Paseo Marítimo, a distancia que separa o centro da praza de María Pita, onde foron recibidos por unha guía de Turismo, caracterizada como María Pita, coa que pasearon pola Cidade Vella.

Esta actividade, que comezou hai dúas semanas cun curso para ensinar a montar en bicicleta aos nenos e nenas que non sabían, está pensada para que poidan relacionar conceptos aprendidos na clase coa historia da cidade, ademais de incidir na seguridade viaria nunha idade na que comezan a ser axentes independentes nos seus desprazamentos.